Benvido(a) á Galipedia, Jailender!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Alberte Si, dígame? 15:39, 17 setembro 2009 (UTC)

Traducións automáticasEditar

Boas Jailender. Eliminei a tradución automática pois creo que non é xeito de proceder. A creación de artigos por esa vía é moi prexudicial para a wikipedia galega pois con moi pouco esforzo se crean artigos con erros que outros teñen que corrixir (cando ó mellor outro usuario no futuro tería creado un artigo propio e non unha tradución) e rebaixa a calidade da nosa wikipedia. A calidade é o que pescudamos, e non o número, pois na calidade está o éxito do proxecto e a súa utilidade como ferramenta na rede. En tempos pretéritos xa tivemos problemas con traducións automáticas a eito dende a wikipdia hispanoamericana, o que conlevou moitos problemas e traballos adicionais. Agardo que entendas pois o xeito de actuar fronte a tales artigos. Por certo, se traduces un artigo non esquezas indicar no campo resumo que é unha tradución, categoriza-lo artigo e engadi-las interwikis. Ah, e non esquezas asina-las túas mensaxes´. Para máis información podes visitar: Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Introdución e Wikipedia:Guía. Un saúdo e benvido á Galipedia. --Alberte Si, dígame? 15:39, 17 setembro 2009 (UTC)

Benvido!Editar

Qué ben verte por aquí! Se tes algunha dúbida, xa sabes :).--Hugo22 14:30, 18 setembro 2009 (UTC)

Dirixirse aos demáis usuarios con educaciónEditar

Jailender, cando te dirixires a outros usuarios, agradecería que o fixeses cun certo respecto, evitando expresións coma «[...] como se che ocorre [...]». Asemade, recorda que a xente non é perfecta, e que o proxecto facémolo entre todos. «Non podo entender como se lle permite cambiar á xente cousas cando nen sequera se aseguran de antemán do que estan a facer !» paréceme fóra de lugar nun proxecto en que ninguén lle permite nada a ninguén porque as cousas as facemos entre todos. Por favor, de cara ao futuro ten en conta as miñas apreciacións (tomadas da túa conversa con Nonso91). Un saúdo --GallaecioE logo? 17:43, 20 setembro 2009 (UTC)

  • Ola, Benvido, como che di Gallaecio, as formas son fundamentais en proxectos nos que se traballa man con man, aquí todos somos necesarios e todos temos erros pero aprendemos uns dos outros, pódese discutir, comentar, falar do que sexa para mellorar os artigos e o proxecto en xeral pero sempre dentro dos cinco piares que son o fundamento da Wikipedia.--RNC 17:55, 20 setembro 2009 (UTC)


  • Ola Jailander. Primeiramente dicir que o que me impulsou a trocar de título o teu artigo foi principalmente porque ese título era inadecuado dende o punto de vista lingüístico pola súa incoherencia no tocante ao número, porque non puxeches Consello de Estados de Suíza, como dis na miña páxina de conversa, senón Consello de Estados suízo. Esta desavinza levoume a pescudar noutras wikipedias o seu homólogo e ao non o atopar na castelá nin na francesa crin máis conveniente trocar ese nome polo que nese momento vin como o correcto: Consello Nacional de Suíza, malia que obviamente foi un erro pola miña parte porque devandito "Consello" era outro totalmente diferenciado, polo que puiden entender hai un chisco que volvín revisar todo esta deboura. Así que pola parte que me toca pídoche desculpas porque moitas veces estou corrixindo a tanta velocidade artigos que non me paro moito ás veces o tempo que debería. De todos os xeitos espero que comprendeses o que impulsou a mover o teu artigo de título.

Saúdos! --Nonso91 20:50, 20 setembro 2009 (UTC)

De nada!Editar

Non tes por que mas dar, Jailander ;). Todos estamos aquí, para axudar na medida das nosas posibilidades neste gran proxecto que é a Galipedia. Que dicir ten que o que máis me apaixona, sen dúbida, é o ámbito das correccións porque por moito que saibas de ortografía ou de lingua sempre hai uns cantos artigos que te poñen a proba e fan que te lembres de moitas palabras, xiros ou expresións que ás veces relembras e outras aprendes ou empregas neles. É un continuo intercambio de coñecementos co que gozo moitísimo, malia que desafortunadamente entre as ocupacións diarias non podo estar todo o que gustaría por acá. Por iso, desgraciadamente, non che puiden contestar até agora. Moitos saúdos, bo traballo e boa noite compañeiro! --Nonso91 20:43, 3 outubro 2009 (UTC)

Formato para personalidadesEditar

Boas, Jailender. Olla para estes pequenos cambios que fixen no artigo da política suíza que creaches. Preme aquí. Sería bo que os fagas ti directamente no futuro, a fin de ter todo ben uniformadiño. Un saúdo e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 09:55, 25 setembro 2009 (UTC)

Suíza xermanófonaEditar

Entendo ben por que nomeaches ben o artigo, pero creo que o que fagan outros idiomas, e incluso os propios suízos, non debe afectarnos a nós máis do razoable. Non sei se existe a posibilidade de facer en alemán a distinción que si existe entre alemán e xermanófono. Xermanófono é en sentido amplo aquel que fala unha lingua xermánica e en sentido restrinxido alguén que fala alemán. Alemán é o pertencente a Alemaña e o nome do idioma.

Cando falamos de Bélxica si dicimos a Bélxica valoa ou a Bélxica francófona, no primeiro caso porque o termo valón afecta bastante aproximadamente ao que é Bélxica e non fóra (un de Bordeos non é valón), e no segundo para indicar que o que os une é a lingua e non unha pertenza territorial. Non se di Bélxica francesa, nin tampouco Bélxica holandesa ou neerlandesa, senón Flandres ou Bélxica flamenga.

Do mesmo xeito, dise Estados Unidos hispanos, e non españois, ou Canadá francófono e non francés. Falando de Suíza francófona ou xermanófona non ocasionamos ningún problema, pois non é posible a confusión. --Xabier Cid Conversa 12:45, 29 setembro 2009 (UTC)


Cousas variasEditar

Antes de falar do de Suíza, quería comentarche unhas cousiñas. O máis normal na vida é trabucarse, e na Galipedia aínda é máis frecuente. Podemos trabucarnos sen querer, e podemos trabucarnos porque pensamos unha cousa e logo resulta que é outra, ou podemos trabucarnos porque descoñecemos algunhas regras que foron postas neste sitio antes de que chegásemos nós. Entón, como trabucarse é moi fácil, é mellor tratar con moito respecto a persoa que se trabuca, porque ao mellor por un detalle que ten fácil amaño montamos un cristo, ou molestamos, ou facemos que alguén non se sinta todo o cómodo que debería facendo ese traballo. Expresións como a que lle deixaches a Nonso91, do tipo "non sei como lle deixan á xente que...", están bastante fóra do correcto. Ao mellor non querías dicir o que dixeches, pero tes que ter coidado porque as mensaxes escritas deixámolas pensando dicir unha cousa, e quen as le pode entender iso ou algo distinto coas mesmas palabras.

Do mesmo xeito non debes eliminar o contido dunha páxina só porque che pareza mal o que está escrito nela. Iso é algo bastante grave.

Tes que procurar tamén asinar as túas mensaxes nas páxinas de conversa, para que se poidan seguir as conversas por terceiros, e saber quen di o que. Supoño que sabes con que botón se asina, só que te despistas, pero se non o sabes, pregunta, que entre todos cho diremos.

E agora paso co de Suíza. Ás veces os títulos das páxinas crean unha certa controversia, e este pode ser un caso. Ti dis, con moita razón, que os nomes locais se corresponden máis con alemá e italiana do que con xermanófona e italófona. Vale, de acordo. Pero o criterio que se segue na Galipedia non é que os títulos sexan versións exactas dos seus orixinais locais, senón que sexan correctos e coherentes en galego. En galego, como os casos que xa che sinalei, a forma preferida é a que se forma co sufixo -fono/a. Así é como se forman o resto, e como loxicamente se debería formar tamén en Suíza (e agora non entro en Romandía). Tamén tes ti razón en que pode haber un uso común (e en boa medida impropio) das formas coas que ti creaches o artigo. Vale, por iso foron tamén postas como redirección, de maneira que se alguén busca Suíza alemá poida ver tamén o contido. É dicir, ti deches unhas razóns, eu valoreinas, sinaleiche onde non estabas actuando correctamente tendo en conta o sistema de traballo da Galipedia, e movino todo a un punto medio.

E agora pra outra vez: cando se trate de debater sobre un artigo concreto, o mellor é trasladar estes debates ás conversas dos artigos, para que outras persoas poidan intervir máis doadamente, ou para que dentro de dez meses ou dez anos, cando alguén pase por aí, poida ver por que se tomou unha determinada decisión.

Veña, e un saudiño, ;) --Xabier Cid Conversa 18:35, 4 outubro 2009 (UTC)

Axudas ortográficasEditar

Ola Jailender. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 6 de xaneiro de 2016 ás 13:20 (UTC)