Benvido(a) á Galipedia, InesVarelaBlanco!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 2 de abril de 2016 ás 13:58 (UTC)Responder

Ateneo de Pontevedra

editar

Ola, InesVarelaBlanco. Movín a páxina de Ateneo de pontevedra a Ateneo de Pontevedra porque presenta un erro no título (Pontevedra vai en maiúscula). Convídote a que sigas mellorando a páxina co seu título correcto. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 2 de abril de 2016 ás 15:30 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes

editar
 

Ola, InesVarelaBlanco. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 2 de abril de 2016 ás 15:31 (UTC)Responder

En uso

editar

Moi boas tardes InesVarelaBlanco. Infórmolle que cando un artigo presenta o modelo {{en uso}} non pode facer edicións sobre o mesmo. Isto dígollo polas edicións que realizaches no artigo Irmandade Galeguista do Uruguai, xa que o primeiro editor (a IP 91.117.71.12) así o especificara. Non te preocupes por isto e segue co bo traballo. Moitísimas grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 26 de marzo de 2017 ás 11:56 (UTC).Responder

Moi boas tardes InesVarelaBlanco e benvida á Galipedia. Se es ti a ip antes mencionada, pídoche desculpas, mais, neste tipo de casos sería conveniente que cando crees a túa propia conta retires o marcador {{en uso}} e o volvas engadir para non levar a confusión de editor. Asemade, lembra que despois dun prazo de 30 días o marcador poderá ser retirado. Aprezo realmente o teu labor e segue co bo traballo. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 17:14 (UTC).Responder
Moi boas tardes InesVarelaBlanco e benvida de novo. Por último, o cambio de título no artigo Irmandade Galeguista de Uruguai a Irmandade Galeguista do Uruguai que lle comentabas a Breogan2008 na súa páxina de conversa é correcto xa que se trata de "o Uruguai" (así como "o Brasil" ou "a Arxentina"). Non te preocupes por isto e segue co bo traballo. Grazas pola súa comprensión e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 17:20 (UTC).Responder

Axudas ortográficas

editar

Ola InesVarelaBlanco. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía. Por exemplo no artigo "Irmandade Galeguista do Uruguai".

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. --RubenWGA (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 17:22 (UTC)Responder

PD: Algunhas das edicións que tiven a ocasión de facer sobre o teu artigo foron correccións ortográficas polo que tiven a ben escribirche devandita mensaxe. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 17:24 (UTC).Responder

Irmandade Galeguista do Uruguai

editar

Boas tardes. Como xa lle comentei meses atrás, despois do prazo de 30 días desde a primeira edición no artigo do primeiro usuario logo de que se colocase o modelo {{enuso}}, este procedeuse a ser retirado. Pódese comprobar que o artigo quedara abandonado e por iso ten un gran número de cousas que arranxar (entre outras cousas, contén os modelos de mantemento {{atención}}, {{wikificar}}, {{sen referencias}} e {{revisión}}) e espero que así sexa e poidas botarlle unha ollada o antes posible, sempre co obxectivo de facer do noso proxecto un proxecto mellor. Desde aquí, deséxolle un feliz verano. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 27 de xullo de 2017 ás 17:37 (UTC).Responder