Conversa usuario:Illinois347/arquivo

Último comentário: hai 5 anos de Estevoaei no tópico arquivo de conversas
Benvido(a) á Galipedia, Illinois347!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos editar

Ola Illinois347.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 18 de maio de 2015 ás 06:17 (UTC)Responder

Moi ben. Xa vou evitándoos. Graciñas --Illinois347 (conversa) 18 de maio de 2015 ás 10:03 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Illinois347.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 18 de maio de 2015 ás 06:33 (UTC)Responder

Edicións revertidas editar

  Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 18 de maio de 2015 ás 14:18 (UTC)Responder

yiddish / xudeoalemán editar

Por favor, achega algunha referencia para a denominación de xudeoalemán en lingua galega. Entrementres, queda como título do artigo yiddish, que é a forma recollida no dicionario da RAG. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de maio de 2015 ás 23:12 (UTC)Responder

Lingua yiddish editar

Ola Illinois347, moito me da que te trabucaches de usuario cando te dirixiches a min, pois eu non fun o que borrou a tua edición na páxina lingua yiddish, de todos modos penso que a forma de dirixirte a min (ou a calquera outro usuario) non é a máis adecuada pois aqui o que máis e o que menos o que desexa é que a galipedia mellore. Cando teñas as tuas duvidas trata de consesualas cos demáis e seguro que non che desfaran o teu traballo; ase mesmo todos queremos unha galipedia en galego e non en english como parece que é a sensación que a ti che queda cando os demáis desfan as tuas edicións. Un saudo--Alfonso mande 23 de maio de 2015 ás 17:47 (UTC)Responder

Re:Red links editar

もしもしIllinois347/arquivo。

ウィキペディアの記事を互いにリンクすることはとても大切なことです。リンクによって読者は関連する記事に、簡単にアクセスできるようになるからです。そして、リンクを作るのはとても簡単です。

挨拶状 。--. HombreDHojalata.conversa 12 de novembro de 2015 ás 07:54 (UTC)Responder

Ola Illinois347.
Na Wikipedia en Galego poñemos ligazóns internas mesmo a páxinas que aínda non existen, se consideramos que a tal páxina é merecedora de existir nunha enciclopedia e viable de facerse nun futuro. Iso ten, alo menos, dúas utilidades:
  1. Que a páxina, cando sexa creada, xa estea ligada dende outras e non haia que revisar e ir modificando tódalas posibles candidatas de facelo.
  2. A de invitar ao lector a que comece a edición desa páxina inexistente. Lembra que este proxecto mellora e medra precisamente grazas ao traballo dos voluntarios. Sin iso a Wikipedia tal como a coñecemos non existiría.
Un saúdo, e non esquezas asinar as túas mensaxes nas páxinas de conversa.
 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Graciñas, e a seguir! --. HombreDHojalata.conversa 13 de novembro de 2015 ás 17:48 (UTC)Responder

Voto riscado editar

Boas Illinois347, mira, tiven que riscar o teu voto do artigo Angela Gheorghiu porque aínda non tes as 150 edicións mínimas necesarias. Pero non te preocupes, cun pouco de traballo máis que achegues xa poderás participar en todos os procesos da Galipedia :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2015 ás 09:05 (UTC)Responder

arquivo de conversas editar

Ola, Illinois347!

Segundo o acordado pola comunidade, non é correcto borrar as conversas da páxina de usuario. O que podes facer é arquivalas nunha subpáxina de usuario (por exemplo, movelas a Conversa usuario:Illinois347/arquivo), e deixando redirección cara a alí desde a túa páxina de conversa.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de setembro de 2018 ás 14:05 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "Illinois347/arquivo".