Benvido(a) á Galipedia, Gmmr3!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2015 ás 10:27 (UTC)Responder

Referencias editar

Boas Gmmr3, a túa páxina Usuario:Gmmr3/Albert Camus está na categoría de mantemento Categoría:Wikipedia:Páxinas con erros de referencia, poderías amañala para que non apareza aí? Se precisas axuda podes contactar comigo na miña páxina de usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2015 ás 10:27 (UTC)Responder

Boas Elisardojm, gostaríame amañar os erros da páxina de Camús, pero non sei cómo se fai. Entrei aquí probando a ferramenta de traducción ata que ó parecer esta deixou de funcionar (ou é probable tamén que eu comotera algún erro, non o sei tampouco)... Son nova neste mundo! Se me podes dar unha guía, agradeceríacho. Saúdos. --Gmmr3 (conversa) 22 de decembro de 2015 ás 18:56 (UTC)Responder

Para amañar o artigo de Camus tes que ir á páxina do artigo, Albert Camus, aí podes engadir os contidos que vexas. A ferramenta de tradución creo que non permite engadir contido ós artigos que xa existen, só permite traducir artigos que non existen na wikipedia de destino (ou polo menos eu non sei como se fai). O que podes facer, se queres, é aproveitar o que xa traduciches na túa subpáxina e copialo no artigo de verdade de Albert Camus.
Tes que lembrarte de que para manter a licenza das wikipedias hai que indicar de onde veñen os contidos traducidos, para o teu caso podes indicar na caixiña inferior de resumo de edición algo do estilo "tradución de contidos do artigo de es.wiki".
Se non sabes como amañar as referencias avísame cando remates e xa as cambio eu.
Como última nota só un detalliño, para responder ós comentarios que che fan tes que facelo na páxina de conversa do outro usuario, isto é para que lle apareza o aviso de que ten mensaxes novas. Calquera dúbida que teñas podes consultarma na miña páxina de conversa ou, se o prefires, tamén podes indicala na taberna e seguro que alguén che axudará. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de decembro de 2015 ás 01:08 (UTC)Responder

Eleccións xerais españolas de 2015 editar

Boas. O artigo que creaches xa existe, é Eleccións xerais de España de 2015. O teu ten moita información útil que se lle pode engadir. Pregaríache que o fixeses para que o teu quede como redirección. Graciñas. --Breogan2008 (conversa) 29 de decembro de 2015 ás 18:12 (UTC)Responder

Ola, Gmmr3. Como che sinala Breogan2008, os contidos que engadiches xa tiñan páxina de seu. Vexo no teu historial de contribucións que é a segunda vez que che sucede o mesmo, pois antes con Podemos tamén acontecía o mesmo (pode pasarlle a calquera, non te preocupes). Iso si, por favor ten coidado á hora de editar e no futuro asegúrate primeiro de que a páxina na que queres traballar non existe. Dentro dunhas horas procederei ao borrado desta nova entrada sobre as eleccións. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 29 de decembro de 2015 ás 18:37 (UTC)Responder