Fxtorres
Benvido(a) á Galipedia, Fxtorres!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 22:45, 15 setembro 2009 (UTC)
Témporas e outros
editarBo día, Fxtorres. Sempre é un pracer ver que novos editores achegan as súas contribucións ao proxecto, por iso parabéns. Mira, contáctoche moi rapidamente porque onte tiven que pór o marcador de atención no artigo Témporas que creaches. O artigo está ben, pero carece de formato galipédico, e iso é imprecindíbel. En calquera caso, é normal. Ese fallo non hai practicamente ninguén que non o tiveses nos comezos. Xa sabes, ninguén nace aprendido. O caso é que sería bo que artigo comezase dando unha explicación do que son as témporas, de aí xa pasas á metodoloxía, os cálculos, os tipos e todas esas cousas que eu apenas dou entendido. Haino que facer o máis accesíbel posíbel ao lector medio, eu por exemplo, que chego a el non sabendo nadiña. Tamén é importante que miras de pór ligazóns internas e que procuras categorizarlo dentro da categoría que consideres máis acaída. Finalmente, é tamén de igual importancia que engadas as iw's, é dicir, as ligazóns a ese mesmo artigo noutras linguas. Para todo isto, válete de calquera artigo rematado a modo de guieiro. Ao principio vaiche custar, pero verás que en horas ou todo o máis días, o vas dar feito de forma rutineira. O dito, que é un pracer terte por aquí e calquera cousa que precisas ou calquera dúbida que che xurda, non temas en contactar comigo ou con calquera outro editor dos que choian nisto de xeito habitual. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:48, 16 setembro 2009 (UTC)
- Ola, Fxtorres. Como me pedía no e-mail, boteille un ollo a Témporas e adapteino un pouquiño máis. Un par de cousiñas: non redirecciones sobre un erro, é dicir, non fagas redirección de Temporas (sen o til) a Témporas. Non facemos iso na Galipedia. Doutra banda, mira de metelo nunha categoría que xa existe ou ben crea a categoría; unha terceira opción sería deixalo PendenteCategoría, cando non sabes onde o meter. É tamén importante que metas referencias, bibliografía e ligazóns internas. En calquera caso, está moi ben para ser o teu primeiro artigo. A seguir mellorando, meu. Última cuestión: é mellor que me deixes a mensaxe na miña páxina de conversa ca no e-mail, porque en calquera caso hai unha alerta que me chega en forma de correo para saber que teño mensaxe nova. E así todo queda máis claro, e se non che respondo eu, sempre pode facelo outro editor que ande por aquí e que o vexa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:52, 22 setembro 2009 (UTC)
categorías
editarOla Fxtorres ! Benvido na Galipedia e sempre da gusto ver novos usuarios !
Hoxe veño comentarche sobre as categorías da Galipedia. Categorizar un artigo é metelo nuha estrutura para que se atope en unha ou varias categorías xuntadoó con artigos do mismo tema. Nesta páxina tes ligazóns internas para entender o traballo que andamos a facer. Xa sei que non é faena rapida nin pratica, é cousa mui complexa e dificil de traballar nela. Polo tanto permitome comentarche algo :
- As categorías Categoría:Fenómenos atmosféricos e Categoría:Fenómenos naturais no meu entender non son oportunas Olla por unha banda que están na Categoría:Climatoloxía baixando pola categoría Categoría:Xeografía. Olla tamén Categoría:Meteoroloxía (que baixa das categorías Ciencias da atmósfera e Clima), Categoría:Catástrofes naturais (que baixa da categoría Xeografía. A ver si logo daste conta que tes que mudar a categorización das dous que creaches e si darte conta se realmente son necesarias. Polo de momento eu penso que son para borrar, pero podese que enganeme. Saúdos e a lerte ElviraConversa comigo 12:21, 3 outubro 2009 (UTC)
Proteccións
editarEn primeiro lugar, dicir que a protección fronte á edición non a puxen eu. En calquera caso, o estado de autoconfirmación concédese automaticamente e acádase pasados uns días e tras facer algunhas edicións; tes información en Wikipedia:Usuarios autoconfirmados. Desde que estou na Galipedia, o artigo sobre Galicia estivo sempre semiprotexido (en concreto, desde o 10 de setembro de 2006 ás 20:31) debido a que é moi susceptible a recibir vandalismos. Non obstante, vendo os teus dereitos de usuario vexo que apareces como membro dos autoconfirmados. Proba de novo a ver se agora podes. Se segues a ter problemas, xa sabes onde estou. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:20, 23 de febreiro de 2011 (UTC)