Benvido(a) á Galipedia, Eduard-Gz-Cat!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 07:58, 14 de maio de 2012 (UTC)

Eduard del Castillo editar

Ola, Eduard. Vexo que acabas de editar o artigo Eduard del Castillo Velasco. No sucesivo deberías considerar se existe ou non un conflito de intereses nas túas edicións nese artigo. Para calquera dúbida contacta comigo ou con calquera outro editor. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23 de setembro de 2013 ás 21:30 (UTC)Responder

De todos modos deberías visitar de novo a páxina de imaxe. Acaban de colocarlle un marcador que ven dicir que hai datos que lle faltan. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23 de setembro de 2013 ás 21:53 (UTC)Responder

Datos dos ficheiros editar

Ola Eduard-Gz-Cat, grazas por subires ficheiros á Galipedia.

Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.

Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):

{{Information

|Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se colleu o ficheiro, se o ficheiro é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor do ficheiro.
|Date= Data en que se fixo o ficheiro.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións do mesmo ficheiro (se houbera).
}}

En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.

Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses.
Garda a páxina

Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).

Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 24 de setembro de 2013 ás 12:06 (UTC)Responder

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos editar

Ola Eduard-Gz-Cat.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 17 de setembro de 2014 ás 11:36 (UTC)Responder

Moitas grazas polo consello, HombreDHojalata!

Xa marquei onte esa opción e repasarei o contido para ilos eliminando. Estou comezando a traducir e a crear contidos e espero ir mellorando...

--Eduard-Gz-Cat (conversa) 18 de setembro de 2014 ás 08:57 (UTC)Responder