Benvido á Galipedia, Doradorodriguez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Carga de imaxesEditar

Ola, David! Alégrame un montón ver que comezas a cargar imaxes, que sempre é unha achega importante. Engadín uns datos nas dúas que fixeches da igrexa de Ansemil, e vouchos explicar (podes miralos aquí):
-Engadín o cadro de información da imaxe; inclúe a descrición do que aparece, a data en que foi feita, e a persoa que tirou a foto;
-Categoricei a imaxe; neste caso estas categorías xa existían; se non atopas ningunha axeitada, podes crear unha nova;
-Puxen as coordenadas do lugar desde onde tiraches a foto; Para estas cousas axúdome do Google Earth.

Amais, fixen un arranxo pequeno para poder visualizar a imaxe no artigo da parroquia.

Se tes calquera dúbida non teñas medo a preguntar a calquera usuario, que estaremos encantados de axudarche. Ánimo, que estás a facer un traballo caralludo na galipedia sobre o deporte galego.

Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:26, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Caseta de AnsemilEditar

Ola, David; Xa moveu o usuario Atobar o artigo a Caseta de Ansemil; o caso é que o Nomenclátor da Xunta non recolle ese nome como oficial dun lugar, habería que revisar o asunto. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:43, 14 de abril de 2011 (UTC)

Ola, David; Grazas pola explicación sobre o topónimo de Caseta de Ansemil. Vouno poñer no propio artigo como unha explicación ao pé, se che parece. Tamén vou redirixir o artigo do lugar de Ansemil ao de Caseta de Ansemil. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:32, 15 de abril de 2011 (UTC)

modelo concellosEditar

Ola, David; aquí tes o Modelo de concellos usado; Bótalle un ollo á páxina de conversa, porque hai propostas interesantes para actualizar o modelo, e se tes propostas novas non dubides e propoñerllas á comunidade. Saúdos, e ánimo co artigo de Celanova! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:58, 15 de abril de 2011 (UTC)

 
Esta imaxe, salvo que se lle engadan os datos requiridos,
vai ser borrada no prazo dunha semana.
Image:Escudo Celanova.gif

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Escudo Celanova.gif', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.

Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.

Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.


--. HombreDHojalata.conversa 18:34, 16 de abril de 2011 (UTC)

Pois coas imaxes dos escudos pasa como con todas as imaxes, so se poden subir as que teñen una licencia de uso axeitada. Basicamente imaxes de uso libre, que permitan incluso facer obras derivadas e mesmo facer uso comercial delas (a licencia pode exixir que se recoñeza a autoría do fotógrafo, iso si). Tes máis información dese tema en Wikipedia:Política de uso de imaxes.

En canto a cales son escudos oficiais e cales non, penso que os oficiais son os que está publicados en documentación "oficial", vala a redundancia, coma o Diario Oficial de Galicia, BOE, boletíns oficiais das provincias [1], etc, etc. E os non oficiais son outros, debuxados por unha ou outra persoa, que son mais ou menos parecidos os oficiais, pero que non se axustan con exactitude ós primeiros. Destes últimos hai infinidade de casos.

O que penso que non deberías facer é retirar a imaxe de Ficheiro:Plaza Maior Celanova Panorama.jpg de Celanova. E unha foto moi boa. En todo caso pode cambiarse de lugar dentro do artigo, pero non borrala.

Unha aperta e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 07:05, 21 de abril de 2011 (UTC)