Dámosche a benvida á Galipedia, Damorabe!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 3 de outubro de 2020 ás 11:36 (UTC)Responder

Problemas artigos

editar

Ola, Damorabe. Por favor, antes de seguir creando artigos, corrixe a lingua e adapta os contidos ao formato correcto nos que xa fixeches. Grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 3 de outubro de 2020 ás 11:36 (UTC)Responder

 

Estilo

editar

Ola Damorabe. Por favor, bótalle unha ollada ao libro de estilo da Galipedia para aprender os patróns a seguir de cara á edición e creación no noso wiki e mais a estrutura que debe cumprir un artigo.

Grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 23 de xaneiro de 2022 ás 18:24 (UTC)Responder

Retirada de marcadores e avisos nos artigos

editar

  Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, por favor non retires os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Segue as ligazóns indicadas nos mesmos para obter máis información sobre as cuestións anotadas en cada marcador e cómo solucionalas e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. --RubenWGA (conversa) 4 de febreiro de 2022 ás 00:29 (UTC)Responder

Eliminación de contidos no artigo Modelo:Currículo

editar

  Benvido/a á Wikipedia. Quizais non fose a túa intención, pero algunha das túas edicións recentes eliminou contidos de "Modelo:Currículo". Se retiras contidos, especifica o motivo no resumo de edición e abre un fío de debate na páxina de conversa sobre as edicións que poidan ser controvertidas. Se cometiches un erro, non te preocupes: xa recuperaron o texto como poderás ollar no historial da páxina. Pásate pola páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia, e se o que queres é experimentar, usa a zona de probas. Grazas. --RubenWGA (conversa) 4 de febreiro de 2022 ás 00:29 (UTC)Responder

Ola RubenWGA, efectivamente fixen modificacións e saquei algo de información, ademáis de verificala. Máis que nada o que me interesa é que quede ben feita, agradeceríache axudarás na edición ou se recomendas neste caso sacar parte da obra. Damorabe (conversa) 4 de febreiro de 2022 ás 00:42 (UTC)Responder

Posible conflito de intereses

editar

Ola Damorabe. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses .

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2022 ás 21:52 (UTC)Responder