Benvido(a) á Galipedia, Chichou!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:59, 27 de febreiro de 2011 (UTC)

Etapa de potencia editar

Ola Chichou, bénvido á Galipedia. O que escribiches na túa páxina de usuario sobre as etapas de potencia, deberías poñelo nun artigo novo co título Etapa de potencia. Se tes algunha dúbida sobre como facelo, non dubides en preguntar. Saúdos. --Xas (conversa) 23:30, 27 de febreiro de 2011 (UTC)

Chichou, como che di Xas, a túa páxina de usuario é para informares sobre a túa persoa, non para facer nela un artigo, sexa o que for. Se necesitas axuda coa edición, non tes máis que preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:09, 28 de febreiro de 2011 (UTC)
Ola, Chichou. Borrei a túa páxina de usuario porque mantiña exactamente os mesmos problemas que che apuntamos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:55, 9 de marzo de 2011 (UTC)
Boas Chichou, o artigo etapa de potencia, que fixeches ti, ten varios marcadores de problemas, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 09:15 (UTC)Responder