Cgnk
Benvido(a) á Galipedia, Cgnk!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.--Cheluco 15:44, 2 de febreiro de 2011 (UTC)
Ola, Cgnk. Acabo de reverter unha modificación que fixeches no artigo eleccións ao Parlamento de Galicia 2012. En primeiro lugar vouche explicar por que o fixen, e en segundo lugar vou ir un pouco máis alá e falar do Conflito de intereses.
- Preséntanse máis dunha vintena de partidos as eleccións. Así pois, se facemos unha enumeración debemos non caer en parcialidades. Neste caso, creo que hai tres posibilidades: ou listamos todas as formacións que non presentan candidato á Xunta, ou non listamos ningunha, ou listamos a máis importante e despois engadimos o número das demais. Pero non podemos poñer dúas. Agora quizais podemos discutir se AGE é a máis importante de todas as demais, aínda que creo que non merece a pena.
- O conflito de intereses é unha doutrina da Wikipedia que sinala entre outras cousas que os membros dun determinado partido non deberían redactar os artigos dese partido, pois loxicamente poderían caer en grandes imparcialidades, tanto na redacción como na propia inclusión ou non do artigo. No teu historial de edicións semella que tes especial interese no Partido da Terra. Por iso pode entenderse que cando insistes en situar o Partido da Terra nunha posición soberrepresentada fronte ás demais formacións de Galicia non estás actuando con toda neutralidade.
E máis nada. Se tes calquera dúbida sobre a reversión, non teñas medo en preguntarme. Estou aquí para axudar.--Xabier Cid Talk 2 me, please 21:25, 24 de setembro de 2012 (UTC)
Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos
editarOla Cgnk.
É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:
Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 22 de xuño de 2014 ás 15:48 (UTC)
- Ola. Permíteme insistir