Benvido(a) á Galipedia, Candalín!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 11:39, 3 de xullo de 2010 (UTC)

Galego de Asturias editar

Revertín a túa edición. Vai amodo, fornece referencias, consensúa os cambios polémicos, di de onde tiras a información e escribe en galego sen grallas na medida do posíbel. Algunhas das cousas que engadías tiñan boa pinta pero co tocho que meteches era máis difícil peneiralo que refacelo desta maneira que che comento. Se tes calquera dúbida, pregunta sen medo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:39, 3 de xullo de 2010 (UTC)

Ola, Candalín. Lembra que esta é unha enciclopedia en galego, incluso nas súas páxinas de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:22, 28 de xullo de 2010 (UTC) Concordo con vostede, non é galego, e procedo en consecuencia. Un saúdo tamén.--Candalín 00:27, 29 de xullo de 2010 (UTC)

Non retires un marcador sen que o problema estea solucionado. E ten en conta que un non debe retirar un marcador que indica un problema que un mesmo creou; xa se encargará outro usuario. --Atobar (conversa comigo) 00:02, 30 de xullo de 2010 (UTC)

Terra Eo-Navia editar

Ola, Candalín. Supoño que non serás consciente de que no artigo Terra Eo-Navia estás empregando un galego cheo de incorreccións. Deberías saber que isto vai obrigar a outros usuarios a andar detrás de ti para amañar todo aquilo que ti non fagas ben. En Wikipedia:Recursos útiles e Wikipedia:Recursos de dominio público tes ferramentas que che poden axudar. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:15, 29 de setembro de 2010 (UTC)

A palabra censatario está recollida no VOLGa, e o dicionario de Ir Indo dálle o seguinte significado: "1. Que paga un canon ou pensión, ou fai unha prestación censual en cartos ou froitos. 2. Relativo ou pertencente ao censo electoral ou á taxa de imposición necesaria para ser elector ou elixible". A palabra censitario non a recolle o VOLGa, o cal equivale a que oficialmente non existe. É o que pasa cando se traballa con fontes noutra lingua, que traducir non é tan doado como en principio pode parecer. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:48, 30 de setembro de 2010 (UTC)
Parece mentira, Candalín: isto é unha enciclopedia en galego. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:35, 30 de setembro de 2010 (UTC)
Perdoa a miña anterior resposta, non vira a primeira metade da túa mensaxe. Deixei un comentario en Conversa:Sufraxio censitario, imos tratar de resolver esta cuestión aló. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:44, 1 de outubro de 2010 (UTC)

Ola, Candalín. Deixei un comentario en Conversa:Terra Eo-Navia que se cadra che pode interesar. Un saúdo.