Belén Martínez
Benvido(a) á Galipedia, Belén Martínez!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 18:06, 12 de setembro de 2011 (UTC)
Ana Belén Martínez Delgado editar
Boas tardes, Belén. Semella que ti es Ana Belén Martínez Delgado e, nese caso, non podes escribir un artigo sobre ti mesma. Un dos piares da Galipedia é a obxectividade, e un mesmo ou ninguén relacionado directamente pode ser obxectivo nun artigo sobre si mesmo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:36, 12 de setembro de 2011 (UTC)
- Ola, Belén. Lameiro explicoucho ben e polo tanto non é necesario que che repita eu o do conflito de intereses á hora de creares ti mesma un artigo sobre a túa persoa ou sobre un achegado. Por outra banda, nalgúns casos (poucos), un de nós (eu neste caso) ofrécese para recrear o artigo no caso de que sexa de relevancia para a Galipedia. Tal fixen: logo do borrado, volvín crealo co formato propio da wiki. No futuro, se quixeres facer algún apuntamento sobre esa entrada en concreto, debes absterte de editalo ti mesma e a mellor maneira é indicando que modificacións cres necesarias na propia páxina de conversa do artigo. Un saúdo e benvida á Galipedia. --Atobar (conversa comigo) 19:40, 12 de setembro de 2011 (UTC)