Benvido(a) á Galipedia, Angelarcay!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 16 de xaneiro de 2016 ás 12:54 (UTC)Responder

María Vinyals editar

Boas tardes Angelarcay. Gustaríame comentarlle algúns aspectos sobre o artigo traducido por vostede: María Vinyals. En primeiro lugar, recoméndolle botar unha boa ollada ao libro de estilo, xa que atopei moitas eivas na tradución con respecto ao estilo. En segundo lugar, debe revisar exhaustivamente as referencias despois de traducir un artigo co sistema de autotradución xa que vexo que haberá que arranxar case todas ou todas (por certo, o apartado de referencias non se escribe "Referencias" senón "Notas", todo isto e máis no mencionado libro de estilo da Galipedia). Infórmolle tamén que engadín o modelo:autotrad, así como o modelo:atención indicando o que necesita unha boa revisión no artigo, cando finalice de revisar o artigo pode retiralos.

Repito, e xa finalizo, que non lle vería mal unha lectura intensa do libro de estilo da Galipedia. Non se preocupe por isto e siga co bo traballo. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 10 de abril de 2017 ás 11:45 (UTC)Responder

PD: Comprobei que ten algún que outro problema coa ortografía en galego, polo que voulle deixar uns conselliños aquí embaixo noutra sección. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 10 de abril de 2017 ás 11:45 (UTC).Responder

  Feito! Revisei pola miña conta o artigo por completo e coido que está practicamente todo arranxado. Bótalle, se queres, unha nova ollada por se me quedou algo polo medio sen mirar. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 10 de abril de 2017 ás 12:15 (UTC).Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Angelarcay. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía. Por exemplo no artigo "María Vinyals".

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 10 de abril de 2017 ás 11:45 (UTC)Responder

Posible conflito de intereses editar

Ola Angelarcay. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo. Banjo tell me 6 de xuño de 2017 ás 15:57 (UTC)Responder

Posible conflito de intereses editar

Ola Angelarcay. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo. Banjo tell me 13 de decembro de 2017 ás 11:32 (UTC)Responder