Conversa Wikipedia:Wikirreto

Último comentário: hai 5 anos de Elisardojm no tópico Premios wikirreto 2018

Plantexamento editar

Boas! Lin o Wikirreto, mais se me permitides vou facer unha observación: vexo un problema no plantexamento do reto, o problema é que os artigos que hai que crear son os primeiros da lista completa, o malo é que a lista está en constante crecemento e os primeiros artigos son sobre Galiza, o que fai que sexa moi complicado que nalgún momento vaiamos chegar ao grupo marcado como "outros" (con artigos ben interesantes, por certo, como o da arte romana); creo que sería mellor propoñelo para que sexa ou ben crearo primeiro artigo de cada sección ou por total de artigos creados, xa que o obxectivo entendo que é "fulminar" a lista. Tamén creo que é mellor que cada quen escriba a poder ser do que máis entenda para que o nivel sexa maior, eu dende logo así podería participar, porque non teño nin idea da feira de Arzúa, a festa da filloa de Valongo, a feira do viño do Rosal, etc, nin teño fontes nas que consultar moitos artigos. Son só unhas ideas. Un saúdo!! Piquito (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 22:48 (UTC)Responder

Gústame a posibilidade de facer o primeiro artigo de cada apartado: animaría á xente a participar no reto, e axudaría a ir quitando ligazóns vermellas (iso si: habería que asegurarse de que os artigos incluídos na lista de artigos requeridos van ao final de cada apartado). --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de xaneiro de 2014 ás 12:21 (UTC)Responder
Non entendo a aclaración que fas entre paréntese. :O Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 12:27 (UTC)Responder
Ao incluír un artigo novo en Wikipedia:Artigos solicitados, adóitase pór ao final da lista do seu correspondente apartado; así, os que están ao principio de cada apartado, son os que levan máis tempo na lista. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de xaneiro de 2014 ás 13:18 (UTC)Responder
Se se acepta este cambio, habería que darlle un punto a Breogan2008, que creou Audiovisual. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de xaneiro de 2014 ás 13:18 (UTC)Responder

Sobre a táboa editar

Propoño que cada un actualice a táboa cos artigos que vaia creando, de xeito que se alguén os borra da páxina de Artigos Solicitados poda quedar constancia da súa creación. Se cadra que algún administrador revise os contidos para a asignación de puntos (como se ven facendo ata agora). --AMPERIO (conversa) 15 de febreiro de 2014 ás 15:11 (UTC)Responder

Por certo puxen o artigo Antonio Pizzuto como creado por Usuario:Estevoaei e máis eu debido a que os dous decidimos crealo á vez (e houbo un conflito na edición), de xeito que a metade do artigo a editou el, e a outra metade eu. --AMPERIO (conversa) 15 de febreiro de 2014 ás 15:17 (UTC)Responder

Sobre as bases de 2015 editar

Por que se exclúen os artigos comezados polo propio usuario? Se eu comecei hai catro anos o artigo Alban Berg co marcador en progreso por que non me vai contabilizar agora? Ou calquera ópera? Non vexo nin lóxico nin xusto que non te contabilice no reto ampliar os teus propios artigos de hai anos, outra cousa é que eu agora faga un artigo "en progreso" e o próximo mes o amplíe, pero que sexan todos os artigos comezados por un usuario certamente non ten sentido, debería ser amplialos sen máis, sexan propios ou non, e como moito que non te contabilice ampliar os que crearas "en progreso" unha vez iniciado o wikirreto, paréceme o lóxico e o xusto. Piquito (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 10:59 (UTC)Responder

Tampouco vexo moi xusto que cada artigo contabilice un punto, por exemplo: non é o mesmo a ampliación que se fixo de Revolución de Outubro (agora artigo de calidade) que a que o mesmo usuario fixo da República Socialista de Bosnia e Hercegovina. Creo que se debería establecer unha clasificación atendendo ao tamaño dos artigos, algo similar á clasificación de Wikipedias atendendo aos 1.000 artigos que toda Wikipedia debera ter, contabilizando os artigos segundo sexan bosquexos, artigos e grandes artigos, de xeito que os primeiros sexan 1 punto, os artigos 2, e os grandes artigos ou artigos longos 3 puntos. Non é o mesmo que un usuario amplíe 10 artigos en todo o ano a un nivel de artigo de calidade que un usuario amplíe 20 engadindo un pouco de texto e un par de referencias. Piquito (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 11:27 (UTC)Responder

  1.   Comentario Piquito deixo aquí o que comentou, penso que acertadamente, HombreDHojalata na conversa desta votación:
Non se pode xulgar a calidade dos artigos polo tamaño en bytes ou o espazo que ocupan na pantalla. Senón, poñemos un bot a traducir ao galego a Wikipedia en inglés e listo.

Persoalmente penso que tanto ten que un artigo acabe sendo escollido de calidade, o que importa neste wikirreto é ampliar o maior número posible de artigos en progreso que xa temos para que non sexan simples bosquexos. Eu non participo por levarme o premio, de feito non reclamei o do ano pasado, participo por mellorar a enciclopedia e que haxa, como dicía o banner do editor visual, máis coñecemento libre en galego. --AMPERIO (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 14:57 (UTC)Responder

O premio é o de menos, iso é certo, tampouco é necesariamente indicativo de nada o tamaño dos artigos. Evidentemente un artigo de 1.000 bytes sobre un xornal local do que saíron 6 números nun ano pode ser completo, pero un artigo sobre o Imperio Romano de 10.000 bytes é a todas luces escaso, isto é, hai artigos que dan para máis que outros, sempre vai pasar... por iso creo que hai que valorar que un usuario se decida a ampliar artigos de gran peso. O obxectivo do reto depende da persoa, para ti e para outros o obxectivo é ampliar o maior número de artigos, eu prefiro ampliar poucos e que sexan grandes, calquera das dúas opcións é perfectamente válida. Coa proposta pretendía incentivar a creación de artigos longos, non a creación de artigos de calidade. --Piquito (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 17:00 (UTC)Responder

Wikirreto 2017 editar

Boas, acabo de crear a proposta de Wikirreto para o 2017. De momento só é un bosquexo, polo que toda idea ou proposta de mellora será máis que benvida. --Chairego apc (conversa) 3 de novembro de 2016 ás 23:46 (UTC)Responder

Usuario:Chairego apc Estou interesado no Wikirreto mais non sei muito ben como funcionará, calquera cousa agradezo información. Aperta,  Gato Preto  1 de xaneiro de 2017 ás 13:29 (UTC)Responder
Artigos vitais Número
de
artigos
Estado
Biografías 2 000 2 000 (100%)
Historia 800 541 (71,37%)
Xeografía 1 000 1 000 (100%)
Arte 600 474 (79%)
Filosofía e relixión 350 284 (81,14%)
Antropoloxía, psicoloxía e vida diaria 800 720 (90%)
Sociedade e ciencias sociais 900 716 (79,55%)
Bioloxía e ciencias da saúde 1 100 1100 (100%)
Ciencias físicas 1 350 1139 (84,37%)
Tecnoloxía 800 580 (72,5%)
Matemáticas 300 300 (100%)
Total 10 000 8 850 (88,50%)
Baseado na versión de Meta-Wiki do 9 de outubro de 2017

Que boa pinta ten o Wikirreto 2017! Grazas Chairego. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xaneiro de 2017 ás 15:43 (UTC)Responder

Sen dubida creo que é un dos mellores wikirretros para plantexar eu apuntome.Alfonso mande 1 de xaneiro de 2017 ás 20:00 (UTC)Responder

Alguen poderia esplicar se os artigos xa feitos o melloralos puntuan ou non e deser asi; como? --Alfonso mande 2 de xaneiro de 2017 ás 16:51 (UTC)Responder
Alfonso, eu entendo que é só crear artigos novos da lista. De todos xeitos como o Wikirreto aínda está comezando igual podería replantexarse... A min o que se me ocorre é que puntuaran atendendo á clasificación de Wikipedias de acordo con estes artigos, explícome: dar un punto só por crear o artigo, se ese artigo creado é considerado "artigo" (segundo a clasificación) gañas ese punto e outro máis, e se é "artigo longo" (sempre segundo a clasificación) gañas dous puntos máis (isto é, se creas un "bosquexo" terías 1 punto, se é un "artigo" terías 2 e se é "artigo longo" 3); por outra banda, se amplías un "bosquexo" a "artigo" recibes tamén un punto, e se amplias a "artigo longo" gañarías dous... non sei se me explico. O bo que lle vexo é que así podemos ir ascendendo máis postos na clasificación, pero quen debe decidir é Chairego apc, que foi o pai da iniciativa. Saúdos!! Piquito (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 17:11 (UTC)Responder

Non sei que lle parecera o Chairego apc pero a min pareceme unha idea xenial pois ahi moitos artigos deses 10000 que necesitan unha gran mellora.--Alfonso mande 2 de xaneiro de 2017 ás 18:22 (UTC)Responder

Penso que estas propostas de mellora son moi interesantes, pero o Wikirreto xa deu comezo e houbo dous meses dende que fixen o bosquexo do proxecto para facelas. Non me parece ben cambiar agora as normas de puntuación, sobre todo porque se fai a posteriori e porque hoxe por hoxe non temos un control do tamaño dos 10 000 como si o temos dos 1000 (marcadores, lista dos artigos por tamaño, categorías ocultas e un longo etc.). Se cadra é algo que se podería facer para a vindeira edición do Wikirreto. Moitas grazas por interesarvos polo Wikirreto e anímovos a seguir participando para que sexa un éxito. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 22:26 (UTC)Responder
Home Chairego apc, con dous días só de Wikirreto non creo que haxa moito problema. Eu persoalmente non sabía que había este proxecto para este ano, e creo que está ben valorar o tamaño, xa que como dixen no Wikirreto de 2015, non é o mesmo crear un artigo co xusto que crear un artigo longo ao nivel de artigo bo ou de calidade, evidentemente o segundo caso leva máis tempo e moitas veces máis traballo que facer varios dos outros, pero boeno, é o teu Wikirreto e ti pos as normas. Un saúdo, Piquito (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 22:40 (UTC)Responder
O Wikirreto non é meu, é de todos os que participamos nel. Eu procurei darlle difusión á proposta e puxen dúas mensaxes (unha aquí e outra na taberna) para que a xente puidera participar e propoñer melloras. Non digo que valorar o tamaño non estea ben, digo que para esta edición as normas son as que son. Actualmente temos moitos artigos ausentes na lista (uns tres mil) e para min é unha prioridade a creación destes artigos cun mínimo de calidade. Por iso especifiquei que non deben ser merecedores de ningún dos marcadores de mantemento de artigos. Se esta edición ten éxito e creamos a maioría dos artigos que faltan a seguinte edición podería estar centrada na mellora de ditos artigos. --Chairego apc (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 23:19 (UTC)Responder
Creo que non me expliquei ben, Chairego apc, cando digo que o Wikirreto é teu refírome a que a idea de facer este ano este Wikirreto foi túa. Só puntualizar iso, ao final cada quen traballará nel como mellor considere e todas as opcións son válidas, tanto ten se fas dous artigos enormes ou 50 de tamaño medio, porque con calquera das dúas opcións a Galipedia gaña. Un saúdo, Piquito (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 23:33 (UTC)Responder
Que conste que eu estou encantado coa proposta deste wikirretro pero o igual que o Usuario:Piquito eu entereime da proposta xa esta comenzada e dacordo que o wikirretro xa esta comenzado pero tan soo levamos 3 días polo que se saen propostas que sexan interesantes non vexo por que rexeitalas, agora ben con estas ou con outras normas eu seguirei a colaborar. ¡¡¡Haber se acadomos un posto como o dos 1000 artigos!!!Alfonso mande 3 de xaneiro de 2017 ás 07:16 (UTC)Responder
O mes de abril, por primeira vez, a media de tamaño dos artigos do wikirreto baixou. Curioso.--Miguelferig (conversa) 4 de maio de 2017 ás 10:06 (UTC)Responder
Boa observación Miguelferig. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 4 de maio de 2017 ás 16:48 (UTC).Responder
Iso é loxico: pois se os artigos novos que se fan non alcanzan a media dos que xa había fan que ista baixe, asi de sinxelo.--Alfonso mande 5 de maio de 2017 ás 01:02 (UTC)Responder

Wikirreto 2018 editar

Ola!

De cara ao 2018, quizais se poida facer como Wikirreto algo similar ao ca:Viquiprojecte:PESCAR. PESCAR é o acrónimo de Política, Economía, Sociedade, Cultura, Artes, Relixión. A idea é adicar un trimestre a un período histórico (idade antiga, idade media, idade moderna e idade contemporánea), e un mes a cada etapa (por exemplo, outubro ao século XIX, novembro á primeira metade do XX e decembro á segunda metade do XX). O propósito é crear ou mellorar un total de 432 artigos: 6 de cada temática por cada mes. Desde Wikimedia España ofrécense a dar difusión e a colaborar con algún premio.

En fin. Botádelle un ollo á páxina do proxecto en catalán, e se parece interesante pode levarse adiante. Coméntovolo especialmente a Usuario:Alfonso Márquez, Usuario:Breogan2008, Usuario:Chairego_apc, Usuario:Piquito e Usuario:RubenWGA, que estades máis activos nos Wikirretos.

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de outubro de 2017 ás 13:36 (UTC)Responder

Premios wikirreto 2018 editar

Teño unha dúbida, como van ser os premios do 2018 os mesmos que os do 2017? Cando o gañador do 2017 escolla o seu premio, ese xa non se poderá dar no 2018... Non sería mellor poñer que están pendentes ou algo así? Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2018 ás 14:18 (UTC)Responder

Tes toda a razón. Xa está cambiado. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 4 de xaneiro de 2018 ás 14:40 (UTC)Responder
Grazas por cambialo Chairego apc. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 10:24 (UTC)Responder
Unha dúbida, Elisardojm. Non sei se poderían ofertar premios en forma de bono para gastar na tenda de Wikimedia como se fixo no Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras. --Chairego apc (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 13:24 (UTC)Responder
Chairego apc, poderíase, se conseguimos alguén que poña os cartos :). Unha posibilidade sería pedir unha bolsa á Fundación, ou quizais tamén a Wikimedia España. Se existira a ACELGA, tamén podería ocuparse disto...!
Unha idea podería ser pedir unha bolsa conxunta á Fundación para organizar unha serie de concursos para o ano 2018 (non só este, se non tamén o de Ilustra o Día das Letras, outro para achegar fotos de parroquias que falten, outro para a creación de artigos de calidade por universitarios, ou os que se nos ocorran...), podería facerse a través dun Grupo de usuarios de Wikipedia (todo isto dependendo da aprobación da Fundación, teñen que revisar a proposta e decidir se lles parece ben, quero dicir que non se consegue nada de forma automática...). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 13:47 (UTC)Responder
Entendo. Grazas pola info. --Chairego apc (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 14:05 (UTC)Responder

Chairego apc, se queredes darlle máis interese a este Wikirreto, quizais podería pedirse á Fundación Wikimedia que os cartos que sobraron da bolsa se invirtan en mercar uns agasallos para os gañadores/participantes deste Wikirreto. Poderían ser libros de interese para usar como referencia, camisetas, ou outras cousas. Se vos animades, quedan uns 400 leuros cos que se poden conseguir bastantes cousas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2018 ás 10:19 (UTC)Responder

Paréceme moi boa idea. Poderíaste encargar ti de facelo? A verdade é que non sei moi ben como vai o tema do informe e se hai que entregalo antes de mañá día 10... Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 9 de abril de 2018 ás 11:48 (UTC)Responder
Eu podo propoñelo, pero eu xa dixen que non podo encargarme de organizalo Chairego apc. Que implica "organizalo"? Organizar como se repartirían os premios, que premios serían, a quen se darían, etc..., é dicir, tomar decisións principalmente. Eu teño a titularidade da conta e podería encargarme de mercar as cousas e dos envíos (habería que reservar tamén cartos para isto), e algo máis tamén axudaría... O informe non hai que presentalo exactamente mañá, se o presentamos durante esta semana tampouco haberá problema, porque se queremos facer algo disto podo mandarlles un correo ós responsables dicíndolles que xa temos o informe feito pero que precisamos uns días para presentar a proposta para reutilizar os fondos sobrantes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2018 ás 12:06 (UTC)Responder
Volver á páxina do proxecto "Wikirreto".