Conversa:Estatuto de autonomía de Galicia de 1936

Último comentario: InternetArchiveBot hai 5 anos no fío "Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)"

Pucherazo

editar

El Estatuto gallego del 36 fue sometido a pucherazo más que a votación. Votaron hasta los muertos y los vivos lo hicieron hasta por duplicado. Este es un hecho aceptado incluso por los nacionalistas gallegos, tal y como se documentó en aquella época. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.229.150.62 (conversacontribucións) o 29 de xuño de 2006‎ ás 08:24

Non me parece que teña moito sentido falar das correntes ideolóxicas do PG nun artigo sobre o Estatuto do 36, tampouco se menciona a importancia que tivo nun primeiro momento o sector galeguista da ORGA para o establecemento dun estatuto galego.Acerto 11:09, 5 maio 2007 (UTC)

Porcentaxes

editar

No artigo afirmamos que "Na asemblea dos días 17, 18 e 19 de decembro dese ano apróbase o documento definitivo co apoio do 77% dos concellos galegos, que representaban o 84,7% da poboación". Vilas Nogueira, en O Estatuto Galego, Rueiro, A Coruña 1977, px. 167, dá outros datos: 2 concellos opuxéronse (Lourenzá e Moaña), 3 manifestaron a súa indiferenza e 65 non se pronunciaron. Os concellos expresamente a favor -que non cuantifica- representaban o 77,4% da poboación. ¿Alguén ten bibliografía para comprobar estes datos? Pedro --Lameiro (conversa) 13:28, 20 de decembro de 2010 (UTC)

Cito a Castelao literalmente, capítulo XVI do Libro I de Sempre en Galiza (páx. 73 da edición da editorial Galaxia de 1986): Este estatuto foi proposto aos electores galegos por 256 Axuntamentos de elección popular (somentes fallaron 63) que representaban un 80 por cento da poboación de Galiza. Xa que logo, estes datos dan unha porcentaxe do 80,25% dos concellos que apoiaron o estatuto. --Paradanta (Cóntame) 21:49, 28 de decembro de 2010 (UTC)

Dúbidas

editar

Teño varias dúbidas:

  • O artigo dá a entender que o proxecto do Estatuto foi o texto presentado polo Seminario do Estudos Galegos. A GEG di que se presentaron 4 borradores: ademais dese texto do Seminario, outro do Secretariado de Galicia en Madrid, outro do Instituto de Estudos Gallegos e outro da Federacióin Republicana Gallega. Engade que foi este último texto, "con mínimas modificacións" o que se aprobou na Asemblea de xuño (non maio) de 1931.
  • Transcríbense seis artigos pero non me queda claro se son do proxecto do Seminario ou do texto definitivo. Supoño que serán do proxecto e que os 7 artigos que se transcxriben logo serán do definitivo.
  • Afirma o artigo que a comisión redactora do Estatuto, creada en 1932, estaba integrada por Lugrís, Bóveda e Cabeza de León. Na GEG amplía a lista de redactores coa presenza de Eladio Rodríguez, Iglesias Corral, Rodrigo Sanz, Avelino López, Arias del Villar e Rajoy.

Antes de introducir estas modificacións, ¿alguén pode confirmar ou desmentir estas informacións da GEG? Por último, a lig. ext. ó texto do Estatuto non leva a ningures. Pedro --Lameiro (conversa) 20:50, 27 de setembro de 2011 (UTC)

Nun relato biográfico de Lois Tobío (As décadas de T.L. Ed. do Castro 1994) confirma a existencia de 4 proxectos. El, con Bóveda, Carballo Calero e Paz Andrade, redactaron o do Seminario, que se presentou o 6 de maio. O 20 de maio presentouse na Coruña o proxecto da Federación Republicana e "nese mesmo mes", en Madrid, o do "Segredariado de Galiza". Xa temos máos datos. Pedro --Lameiro (conversa) 20:57, 27 de setembro de 2011 (UTC)

Neste texto de Fernando Salgado El Estatuto gallego del 1936, dáse a cifra de 1.000.963 votos favorables, se ben nun pé de foto son 10 máis: 1.000.973). No noso artigo dicimos 993.351 votos a favor. Son datos que temos que confirmar e referenciar. Tamén se fala de 4 textos e de 9 redactores. Pedro --Lameiro (conversa) 21:25, 27 de setembro de 2011 (UTC)

Buscando, buscando, van aparecendo datos. aquí (La >Voz de Galicia 21.12.2005), danse cifras coherentes: censo 1.343.135; votantes, 1.000.963; votos favorables, 993.351; en contra, 6.161; en blanco, 1.451. Do que Xavier Casstro e o mesmo Pousa Antelo calificaron de "santo pucherazo" tamén deberiamos falar. Pedro --Lameiro (conversa) 21:35, 27 de setembro de 2011 (UTC)

  • A reforma do artigo leva o teu nome gravado a lume, Pedro. Adiante cos cambios, que se ve que estás con ganas. --Atobar (conversa comigo) 21:43, 27 de setembro de 2011 (UTC)

Texto en galego e castelám

editar

O Estatuto presentouse en castelán, e só temos este texto en castelán. O usuario Amperio, en maio de 2010, engadiu no artigo varios artigos en galego, pero non se sabe se tivo a man un texto na nosa lingua ou simplemente traduciu o texto castelán. O Parlamento acaba de publicar un facsímile co texto en galego normativo e, tal como o explica, parte para iso do texto en castelán o que fai pensar que, quizais, nunca existiu Estatuto en galego. Semella absurdo, pero ata agora ninguén atopou nada, que saibamos. Así, eses artigos (do Estatuto) que se transcriben neste artigo (da Galipedia) deberían estar en castelán, algo aínda máis absurdo có anterior, ou no galego do único texto que temos como referencia. Non cambiaría nada no fondo, tan só a escolla dalgunha palabra. Pedro --Lameiro (conversa) 18:10, 30 de setembro de 2011 (UTC)

Outras dúbidas

editar
  • Na cita: "vivir perpétua e indisolublemente unida ó resto dos Estados irmáns da nación española ... para cooperar á grandeza da patria común", é literal o termo perpétua así co acento ou é un gazapo?. A ver se alguén pode revisar a cita...
  • No apartado da Asemblea da Coruña de 1931 fágome un lío. O artigo di que se presentaron 3 proxectos, do Secretariado, do Instituto e do Seminario e dous relatorios un da propia ORGA e outro de LPG, pero na seguinte frase di que se aprovou a proposta da ORGA-FRG, ¿cal é esa proposta?, non se menciona na primeira parte. ¿Ou é que os da FRG modificaron na asamblea a proposta da ORGA?, ¿ou a proposta da ORGA que se indica no artigo é realmente a da ORGA-FRG?. Logo no apartado da FRG di que a súa proposta (que proposta se non se mencionou ó comezo?) foi a que tivo maior apoio, e era unha proposta da FRG ou da ORGA-FRG?. Penso que falta algún detalliño nesa parte para seguir ben o fío. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:53, 10 de novembro de 2011 (UTC)
  • Esta frase tampouco me casa de todo: "A proposta de Enrique Rajoy Leloup [4], concelleiro conservador de Santiago de Compostela, o alcalde Raimundo López Pol, republicano da ORGA, tomou a iniciativa de convocar a tódolos concellos do país para redactar e aprobar o novo Estatuto, cumprindo así o requisito constitucional de que fose aprobado pola asemblea de municipios.". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:48, 18 de novembro de 2011 (UTC)
    • A cita é unha tradución: prometía vivir perpétua é indisolublemente enlazada á los demás Estados hermanos de la nación española ... para cooperar á la civilización y grandeza de la Pátria común (Beramendi: "A autonomía de Galicia", Cadernos Mº Pobo Galego, 21). Corrixirei ese *perpétua. Pedro --Lameiro (conversa) 22:41, 18 de novembro de 2011 (UTC)
    • Digamos que houbo 5 textos a debate: do Secretariado, do Instituto, do Seminario, da ORGA e do LPG. O do Seminario foi retirado sen debate, outros non se consideraron ou rexeitáronse, e o da ORGA foi o que saíu adiante. A ORGA e a ORGA-FRG eran, na práctica, a mesma cousa, é dicir, estamos falando do mesmo texto (ó que califican de relatorio). Pedro --Lameiro (conversa) 22:46, 18 de novembro de 2011 (UTC)
      • Copio da mesma fonte que antes (px. 39): "Presentáronse tres proxectos e dúas ponencias. ... As ponencias eran obra da ORGA e de Labor Galeguista de Pontevedra. ... Este honor [o de ser aceptado como base para o debate] recaeu naturalmente na ponencia da ORGA que, malia non estar elaborada e articulada como un verdadeiro anteproxecto, foi a discutida e aprobada". Outra cousa: a ORGA ingresou na FRG en 1930. Pasou a ser Partido Republicano Gallego en 1932 e, en 1934, converteuse na sección galega de Izquierda Republicana. Pedro --Lameiro (conversa) 22:52, 18 de novembro de 2011 (UTC)
    • Da mesma fonte cás citas anteriores (px. 44): "Atendendo á petición de Castelao, o concelleiro conservador Enrique Rajoy Leloup propuxo o 19 de marzo ó concello de Santiago que este convocase a asemblea de municipios galegos prevista na Constitución... Co apoio do alcalde, o republicano da ORGA-FRG Raimundo López Pol, ... a proposta foi aprobada". Pedro --Lameiro (conversa) 22:57, 18 de novembro de 2011 (UTC)
A primeira dúbida resolta.
A segunda dúbida: Penso que xa que hai subapartados para catro das propostas, ó mellor quedaría ben facer outro subapartado, aínda que só sexa para mencionar e que quede coherente co que se conta no comezo. Outra idea sería aclarar ben de quen é a proposta aceptada, se da ORGA ou Federación Gallega Republicana. Quero dicir que nunhas partes da a impresión de que o relatorio é da FGR e noutras que é da ORGA, penso que debía unificarse no apartado a autoría do mesmo porque penso que se non pode interpretarse que son dous distintos..., quizáis cando se mencione o autor desa proposta podería poñerse que foi a FRG-ORGA ou algo así...
A terceira dúbida foi un erro da miña lectura, perdoa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:48, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Traducir as citas

editar

Disinto de que se traduzan as citas sen que quede especificado, ben clariño, que o texto no documento orixinal está escrito en castelán.

Por certo. Este artigo foi elixido como un artigo de calidade o día 8 de decembro de 2011, o que significa que foi considerado como un dos mellores traballos da Galipedia. E foi por unanimidade (10 votos a favor). E tiña citas na súa lingua orixinal. --. HombreDHojalata.conversa 2 de maio de 2015 ás 19:12 (UTC)Responder

As citas deberían quedar como estaban no texto orixinal. Pódese poñer a tradución a continuación si se considera necesario, indicando que son precisamente unha tradución da cita orixinal, ou engadir a tradución en forma de nota. Ou incluso viceversa, deixar o texto traducido é o orixinal en forma de nota. Pero sempre orixinal ou orixinal + tradución. Non teño acceso aos textos fonte, calquera que poda corroborar en cada caso debería cambialo. Banjo tell me 2 de maio de 2015 ás 19:32 (UTC)Responder
Non, as citas deben traducirse segundo se falou aquí e nalgún lugar máis. A cita orixinal, nas referencias, que están para iso. Que o artigo fose elixido en 2011 como de calidade non quere dicir que non poida ser mellorado. E, como isto é unha enciclopedia en galego, ter citas en castelán ten o mesmo sentido que ter citas en suahili ou en checo: ningún. --Norrin (Fálame) 2 de maio de 2015 ás 20:57 (UTC)Responder
Norrin, non coñecía esa conversa, pilloume estando ausente, pero entendo que contradice á política oficial:Wikipedia:Verificabilidade#Fontes_non_galegas. Copio aquí para facelo máis accesible:
Ao citar unha fonte noutra lingua sería bo achegar o texto orixinal e unha tradución ao galego, xa sexa no corpo do artigo ou mediante unha nota ao pé.
Reitero o que dixen, se o texto fonte está noutra lingua, debe aparecer como tal, coa traducción acompañandoo no propio corpo do artigo ou nunha nota. Ou viceversa, se o que se quere e que apareza traducida, debe ter o texto orixnal acompañándoa, tamén no corpo ou na nota. Banjo tell me 2 de maio de 2015 ás 22:08 (UTC)Responder
Si, supoñía que non estabas. A política oficial non obriga, recomenda (sería bo achegar), e en calquera caso, se aparece pode estar nas notas. Se alguén quere metela no texto pois perfecto, mais canto menos en galego. É compatible unha cousa coa outra. Saúdos! --Norrin (Fálame) 2 de maio de 2015 ás 22:36 (UTC)Responder
  1. "Ter citas en castelán ten o mesmo sentido que ter citas en suahili ou en checo" é o tipo de argumento típico, e é falaz. Se tiveramos a seguridade de que o cento por cento dos lectores da Wikipedia en galego son capaces de ler en suahili, daquela, o apropiado sería por as citas orixinais en suahili en suahili.
  2. Temos a certeza de que o 100% das persoas que son capaces de ler esta enciclopedia dixital en galego son capaces de ler as citas que había neste artigo na súa lingua orixinal. Iso é un feito.
  3. Os falantes de galego que haxa, se os hai, que non son capaces de ler citas orixinais en castelán non leen enciclopedias electrónicas na Internet. Simplemente ese caso non se dá. Non existe.
  4. Somos, moitas veces, moito máis papistas que o propio Papa. En calquera publicación académica en galego pódense ler citas orixinais en castelán.
  5. O de que "é compatible e a política suxire e non obriga" é moi bonito, pero o proceso real é que (1º) ti, Norrin, pos o carteliño a todos cantos artigos atopas e non tocas nada máis, e (2º) detrás ven outro usuario é traduce e retira o carteliño, e no proceso (3º) as citas orixinais perdéronse para sempre en ducias de artigos.
  6. Por último, é, en todo caso, reitero, discordo profundamente de substituír as citas orixinais en castelán por unha tradución sen que conste que é unha tradución. Ten que aclararse que é unha tradución, ou teñen que constar as dúas versións, ou consecutivamente, ou unha no texto e outra no pé ... ou como se queira, pero ten que constar. --. HombreDHojalata.conversa 2 de maio de 2015 ás 22:42 (UTC)Responder

  Comentario Norrin, a política tamén di que Ao citar unha fonte non galega de información non sempre é necesaria a tradución e As traducións publicadas por fontes acreditadas prefírense sobre as feitas por wikipedistas. E sí, a política non obriga explícitamente, e sí, as normas son flexibles, pero iso non quita ver as cousas dende un punto obxectivo. Se deixamos un texto só coma unha tradución, sen incluír o texto orixinal, perde verificabilidade, da igual quen o traduza ou cal seña o idioma orixinal, porque nos convertemos na fonte primaria dese texto sen aportar un punto de apoio que o verifique.

Para deixar o tema listo e que non gastemos máis tempo nisto, e como máis ou menos os tres estamos decindo o mesmo pero dende puntos de vista distintos, procedo desta forma:

  • Deixo os textos no corpo do artigo coa tradución en galego
  • Engado "(Tradución)" en pequeno cunha nota
  • Engado o texto no idioma orixinal na nota

HombreDHojalata ou Norrin, se podedes indicarme outros artigos que se marcaran para traducir así ou que xa se teñan traducido, pediríavos que me dixésedes cales son, para facer o mesmo que neste. Banjo tell me 2 de maio de 2015 ás 23:09 (UTC)Responder

  1.   Concordo e por min deixamos o tema. --Norrin (Fálame) 3 de maio de 2015 ás 08:41 (UTC)Responder
Eu non deixo o tema, por que se deixamos o tema sucede exactamente o que dixen no punto 5º da miña intervención anterior.
Outros artigos aos que lle sucedeu o mesmo ca este e que están na mesma situación son: Reino de Galicia , Valentín Paz-Andrade , Caso do metílico  ... --. HombreDHojalata.conversa 3 de maio de 2015 ás 09:10 (UTC)Responder
Eu podo falar por min, e cando engado eu unha cita, conservo nas notas a cita orixinal. Mais non podo responder do que fan os demáis. Penso que é mellor, certamente, conservar a orixinal nas notas. Cando eu engado un marcador, e o fago porque hai consenso en traducir as citas (podemos senón facer unha votación, mais isto xa se ten falado até a saciedade), non o fago para molestar a ninguén senón para melloralo, e non vexo que problema hai con iso. E en cando aos puntos que comentabas antes:
  1. É certamente un argumento típico, mais non deixa de ser certo. Non é falaz, porque non argumento que haxa que quitalas por non entendelas, senón que cómpre traducilas porque é unha enciclopedia en galego, non en castelán.
  2. En calquera publicación académica poden lerse citas non só en castelán, tamén en latín ou grego, por exemplo. Mais a Galipedia non é unha obra académica.
  3. Eu poño un carteliño en atención a un aspecto sobre o que hai consenso, como con calquera outro carteliño como o das referencias, o dos desactualizados, ou calquera outro. Se un usuario traduce e non conserva o orixinal e tan sinxeliño como (1) agradecer a súa edición, (2) recuperar a cita orixinal e engadila xunto á traducida ou como nota e (3) amosarlle ao usuario o que fixeches e amablemente suxerirlle que no sucesivo faga o mesmo.--Norrin (Fálame) 3 de maio de 2015 ás 10:32 (UTC)Responder
Concordo con Norrin en todo o que indicou, e que xa foi debatido e acordado na taberna, agora hai que levalo a cabo. Unha parte do traballo está en localizar eses artigos, é o que fixo Norrin cos seus avisos, outra parte do traballo é cambiar os artigos, o que temos que estar pendentes é do que comenta HombreDHojalata, que se indique nas notas que son traducións doutro idioma (castelán ou outro) e meter tamén nesa nota o texto orixinal. Se detectamos que a tradución non respectou esas normas podemos amañala ou podemos avisar ó usuario que fixo a tradución da cita por se non sabe como hai que facer ese proceso, ou as dúas cousas. En resumo, hai que traducir as citas pero ben :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de maio de 2015 ás 15:14 (UTC)Responder

Estatuto de autonomía de Galicia de 1936

editar

Realicei unha consulta ao Seminario de Lexicografía da RAG sobre a correcta escritura deste sintagma e respondéronme que o correcto é Estatuto de autonomía de Galicia, véxase o exemplo da primeira acepción de autonomía.--Isili0n (conversa) 6 de febreiro de 2017 ás 13:14 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 16:10 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 10:47 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (outubro 2018)

editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 10 de outubro de 2018 ás 07:47 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)

editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de xuño de 2019 ás 19:39 (UTC)Responder

Volver á páxina "Estatuto de autonomía de Galicia de 1936".