Conversa:Afonso VIII de León e Galicia

(Redirección desde «Conversa:Afonso IX»)
Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)

VIII ou IX ? editar

  • Xa que esta é unha enciclopedia galega é que Alfonso VIII de Castilla non foi rei de Galiza, non deberiamos adoptar a cronoloxia tradicional Leonesa e chamar a este rei Afonso VIII de León e Galiza?

Emilio juanatey 15:06, 7 marzo 2007 (UTC)

  • Eu penso que si, que debe moverse o artigo a Afonso VIII de Galiza e León, sinalando ao lado que na historiografía eapañola lle chaman Afonso IX. Ollade o que di o historiador Anselmo López Carreira:
Por certo, non podemos deixar de comentar (para evitar equivocacións) que este Afonso VIII foi arbitraria e malintencionadamente chamado Afonso IX pola historiografía española moderna, pois polo seu tempo había outro Afonso en Castela, e cando decidiron inventar a suposta lista dos reis de España, meteron no mesmo caixón de xastre aos de Galiza cos de Castela, nese afán por agachar totalmente a existencia do noso Reino. E así segue nos libros; pero botando as contas ao dereito, logo se comproba que é o oitavo. ---A. López Carreira, O Reino de Galiza, Ed. ANT, 1998

--Xoán Carlos Fraga 16:06, 29 marzo 2010 (UTC)

Entón habería que mover tamén Afonso X o sabio a Afonso IX o sabio. Non estou de acordo nin con este movemento nin co de Afonso X. Xa abrira eu unha conversa anteriormente: Conversa:Afonso X o Sabio. --Alberte Si, dígame? 16:22, 29 marzo 2010 (UTC)
A verdade é que López Carreira despois usa Afonso X. Non teño moi claro o tema. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 16:32, 29 marzo 2010 (UTC)
Ben, entro na conversa porque eu comparto a opinión de adoptar o numeral VIII e non o IX, sinto non ter estado anteriormente e se cadra é preciso unha votación?. Os argumentos que vexo a ter en conta desde o meu punto de vista son os seguintes:
  • Primeiro: Que as publicacións adicadas aos reis de Galicia (que son escasas) falan sen excepción del, como Afonso VIII.
  • Segundo: Que se deixamos "Afonso IX" estamos non só utilizando un numeral alleo, senón que ademáis confundimos ao lector que buscara un "Afonso VIII de León e Galicia" previo ao Afonso IX, que xamais existiu, pois Afonso VIII é segundo a nomina castelanista: Afonso VIII de Castela (que nunca reinou en Galicia nin en León).
  • Terceiro: Entendo que este cambio non implica mudar o artigo de Afonso X, xa que os libros en galego adoptan ese nome, outra cousa é, que nós poidamos explicar no artigo que segundo a nómina real tería sido Afonso IX de Galicia e León e Afonso III de Castela, pero que debido á idea de facer unha "nómina española" se xuntan os numerais. Véxase que Portugal ten unha nómina completamente diferente, tamén Aragón. Véxase Fernando II de Aragón, que tamén é Fernando V de Castela, máis prevalece o primeiro, ou mesmo Carlos V de Habsburgo é coñecido pola historiografía catalá como "Carles I de Aragó", mentres a historiografía española fala del como "Carlos I de España".
A ver que podemos decidir entre todos. Un saúdo.--Alexandre Vigo 12:00, 28 de abril de 2010 (UTC)
  • A verdade é que acabo de consultar o DEGU 2003 en papel (Dicionario enciclopédico galego universal, Ir Indo, editor Bieito Ledo), e usan a denominación Afonso VIII. Realmente hai 2 Afonso VIII, o rei de Castela e o rei de Galicia e León. Tamén poñen Afonso IX =>Afonso VIII (é dicir, fan unha redirección ao Afonso VIII de Galicia e León neste caso). O DEGU deixa o Afonso X en paz. Así que só habería que mover Afonso IX a Afonso VIII, e temos referencias galegas (López Carreira, Camilo Nogueira, DEGU etc). Que vos parece? --Xoán Carlos Fraga 13:46, 28 de abril de 2010 (UTC)
E Afonso IX a onde redirixiría? A Afonso X o Sabio, que é en realidade o noveno Afonso ou a Afonso VIII que mestúrase moitas veces como Afonso IX? En principio vexo ben o movemento, se a bibliografía actual galega vai por aí, aínda que non podo comproba-los meus libros, porque están case todos en Salceda. --Alberte Si, dígame? 14:11, 28 de abril de 2010 (UTC)
En principio Afonso IX sería redixido a Afonso VIII, e aínda que tes toda razón ao apuntar que Afonso X non é tal (non o é porque para ser Afonso X de Castela, tería que haber 9 anteriores Afonsos casteláns que non hai...e tampouco é X de Galcia nin León, que sería IX como ben apuntas), non podemos facer moito porque a bibliografía galega especializada apesar de ser consciente diso, usa o decimal X para non despistar ao lector, mais tes razón, o numeral X tampouco sería correcto.
Eu penso como Alberte. E coma el non teño os meus libros a man. --Atobar (conversa comigo) 14:24, 28 de abril de 2010 (UTC)
O único da Historia de Galicia que teño en Madrid é a obra de Ramón Villares (2ª edición, revisada, 2004), e denomínaselle Afonso IX. --Alberte Si, dígame? 14:34, 28 de abril de 2010 (UTC)
Entendo que haxa libros incluso galegos que poñan Afonso IX, pero como digo, as publicacións galegas adicadas a este rei e outros reis, denominano VIII de xeito absolutamente maioritario.--Alexandre Vigo 18:48, 28 de abril de 2010 (UTC)

Eu libros non teño case ningún pero bibliotecas teño unha manchea a cinco minutos da miña casa, de modo que, entendendo os motivos que pode haber para facer os movementos, gustaríame saber que enciclopedia/libro/artigo/panfleto sostén eses cambios. Ata agora o único que teño identificado é o EGU, que para máis señas se pode consultar en liña. Este recolle os dous Afonsos VIII, así que bendito sea: móvase e punto. Só hai que esperar a que aparezan outros autores que xustifiquen os demais cambios. Xoacas(non che sinto?) 15:04, 28 de abril de 2010 (UTC)

E ben, coido que é preciso chegar a un consenso final sobre isto, estou traballando sobre a monarquía e estou a traballar co numeral IX ata que se chegue a un acordo, mais a cousa debe ter unha conclusión. Non esquezades esta cuestión que temos que pechar porfavor. Un saúdo a todos.--Alexandre Vigo 13:18, 3 de maio de 2010 (UTC)

Ai vai o meu voto:

  •   Concordo . Polo xa exposto, evidentemente, enriba.--Alexandre Vigo 13:03, 26 de maio de 2010 (UTC)

A votación é o último dos recursos, aquel ao que se acode cando non é posible acadar un consenso. Neste caso eu creo que ese consenso nin sequera se procurou. A cada autor que apoia o movemento podemos contrapoñer media ducia deles que avogan por manter as cousas como están. Con que nos quedamos? Isto non é votable, non se pode someter aos votos alterar un estado de cousas que é perfectamente referenciable. Sobre que argumentos se sostería esa votación? Non pode ser que se poida votar calquera proposta, que se poida facer calquera cousa con tal de conseguir votos que a secunden. Síntoo, aquí non hai votación que valga. Xoacas(dei verbum; adoramus te, domine) 13:18, 26 de maio de 2010 (UTC)

Biblioteca HdH
A EGU titula o artigo correspondente a este personaxe: Afonso VIII (Zamora 1171 - Vilanova de Sarria 1230).
A GEG chámalle: AFONSO VIII--. HombreDHojalata.conversa 13 de xuño de 2013 ás 21:53 (UTC)Responder
En resumo, na miña biblioteca, tódalas obras en galego chámanlle Afonso VIII (agás a DS21) e tódalas obras en castelán chámanlle Alfonso IX. --. HombreDHojalata.conversa 8 de febreiro de 2015 ás 12:07 (UTC)Responder

Os Decreta do rei Afonso editar

Na Wikipedia en inglés existe un artigo titulado Human rights in Europe (Dereitos humáns en Europa), que na súa sección de historia repasa os avances dos dereitos humans comezando pola Carta Magna (1215).

Eu teño a fortuna de visitar a catedral de Salisbury e ver un dos exemplares (fixéronse varios) da Carta Magna, centro dunha mostra monográfica sobre a súa historia. Pero o asunto non remata nunha mostra, estúdase na formación básica, e nos medios en inglés é habitual falar da Carta Magna coma do primeiro documento da historia que concede dereitos legais as persoas, agás do cilindro de Ciro que libera da escravitude aos israelitas. Por este motivo sinto respecto polo ben que coidan da súa historia os reinounidenses.

Eu teño a fortuna de visitar o pavillón de Estados Unidos na exposición universal de Sevilla, e ver un dos exemplares (fixéronse varios) da Bill of Rights, centro dunha exposición monográfica sobre o tema. Nesta exposición repásanse os precedentes, incluíndo un que é anterior á Carta Magna: Os Decreta do rei Afonso, 37 anos anteriores e ademais máis extensos. Pero o asunto remata na mostra, porque eu nunca estudeino na miña formación. Por este motivo sinto respecto polo ben que coidan da súa historia os estadounidenses, e vergoña polo mal que coidámola nós.

Penso que esta contribución do rei Afonso é unha contribución capital, unha das máis transcendentes de tódolos reis hispánicos. Pido a alguén mellor preparado que eu que a documente no artigo.--Ignacio.Agulló (conversa) 7 de febreiro de 2015 ás 23:58 (UTC)Responder

Cambio de nome editar

HombreDHojalata, non o tomes como un ataque, pero teño que discordar co cambio do nome do artigo. O feito de que se chame Afonso IX e non Afonso VIII axuda a distinguilo de Afonso VIII de Castela. Non acabo de entender por que nesta wikipedia temos o costume de non dar por válida a historiografía que se utiliza no resto de España e ter que empregar a nosa propia. --AMPERIO (conversa) 7 de xuño de 2018 ás 18:29 (UTC)Responder

Non o tomo como ataque, por que ía facelo?!!! Pero, Amperio, é que agora tóoododos libros o chaman así: Afonso VIII. Consulta nunha biblioteca, por favor, se tes ocasión e veras que é insostible e non ten pés nin cabeza que sigamos mantendo o nome que erroneamente lle ten dado a hitoriografía tradicional en castelán (Afonso IX).
Con todo e para máis claridade seguirei adicándolle tempo a engadir referencias, bibliografía e outros contidos adicionais (como os que podes ir vendo en q:Afonso VIII de León e Galicia).
E perdóame, que non che pareza mal, pero o argumento de chamarlle IX (ao de VIII de León) para axudar a distinguilo do VIII de Castela é absurdo. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xuño de 2018 ás 18:54 (UTC)Responder
Pero falas de todos os libros en calquera lingua? Ou só os libros en galego? Non me molesta o de que sexa absurdo o argumento, pero nese caso temos un salto dun rei, pasando de Afonso VIII a Afonso X sen pasar polo IX. Habería entón, segundo este criterio que mudar a Afonso X cara Afonso IX –tendo en conta que é a numeración que se daba a el mesmo nas Partidas– e así sucesivamente ata Afonso XIII?--AMPERIO (conversa) 7 de xuño de 2018 ás 18:59 (UTC)Responder

E que non entendo! Se agora tódolos libros en galego lle chaman Afonso XIII, por que iamos a ignoralos e ir a tomar libros más vellos en castelán para poñerlle Afonso IX de título ao artigo?! Non ten sentido. ¿Por que íamos nós a poñerlle o ordinal que lle da a historiografía clásica en castelán se a historiografía contemporánea nosa, a das universidades galegas e en galego lle dá agora outra?!.

En calquera caso, esta discusión, como a maioría das que temos no proxecto, máis que opinando, resolvese documentándose, lendo, consultando fontes, referenciando, citando, e nesas vou continuar. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xuño de 2018 ás 22:03 (UTC)Responder

HombreDHojalata creo que me expliquei mal pola resposta que deches. Non poño en dúbida que este home fose o monarca nº 8 que levou o nome Afonso no Reino de León e no de Galicia. O que estaba a preguntar é como solucionan as fontes galegas o tema do salto de Afonso VIII a Afonso X ¿acaso numeran a Afonso X como o IX? Por outra banda, sen poñer en dúbida o que din as fontes galegas, hai outras fontes, en máis linguas aparte do castelán, que o chaman Afonso IX. Polo que incluso deixando o título como Afonso VIII, habería que incluír este nome no cabezallo do artigo, por que aínda que esas fontes non sexan fontes da historiografía contemporánea nosa, a das universidades galegas e en galego –volvemos ao tema de que a Galipedia non é unha enciclopedia de Galicia–, tamén son fontes válidas.
Deste modo, o cabezallo podería quedar do seguinte xeito:
Afonso VIII de León e Galicia,[1][2][3][4][5] tamén coñecido como Afonso IX(aquí podemos poñer unha nota explicando o motivo), nado en Zamora, Reino de León, o 15 de agosto de 1171 e finado en Sarria, Reino de Galicia o 23 de setembro de 1230, foi rei de León e Galicia (rex Legionensium et Gallecie) desde o 22 de xaneiro de 1188 até a súa morte, o 23 de setembro de 1230.[b]
E así se soluciona o tema, sen dar máis importancia a unhas fontes ca outras, aínda que ti as consideres mellores ou máis acordes á realidade (o cal é absolutamente lexitimo e non discuto). --AMPERIO (conversa) 8 de xuño de 2018 ás 07:43 (UTC)Responder

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019) editar

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de setembro de 2019 ás 08:23 (UTC)Responder

Volver á páxina "Afonso VIII de León e Galicia".