Circuíto urbano de Jeddah

Circuíto urbano de Jeddah
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración 2021
Outros nomes
Carreiras F1, F2
Localización Jeddah Arabia Saudita
Capacidade espectadores
Coordenadas
Trazado actual (2003 – presente)
Lonxitude km 6,175
Curvas 27[1]
Récord tempo 1:30.734[2]
Récord piloto Lewis Hamilton
Récord equipo Mercedes
Récord ano 2021
Vista do Circuíto
[[Ficheiro:|330px]]

O Circuíto urbano de Jeddah[3] (árabe: حلبة شارع جدة) deseñado por Hermann Tilke, é un circuíto urbano de 6,175 km construído na cidade portuaria do Mar Vermello de Jeddah, en Arabia Saudita. O circuíto celebrou o Gran Premio de Arabia Saudita inaugural o 5 de decembro de 2021 como a penúltima carreira do calendario da tempada de Fórmula Un de 2021.[4]

Historia

editar

Nomeada como a "pista urbana máis rápida" do calendario de Fórmula 1, con coches de Fórmula 1 simulados lograron velocidades medias superiores a 250 km/h, a pista será a segunda pista máis longa do calendario de Fórmula 1, con só Spa-Francorchamps de 7´004 km. máis longo.[5]

O circuíto construíuse na cornixa de Jeddah contigua ao Mar Vermello.[6] O circuíto deseñouno Hermann Tilke.[7]

Características

editar

O circuíto de Jeddah contén máis de 3.300 pezas de muro de formigón xunto con 3.000 barreiras TecPro.

A superficie pavimentouse con máis de 37.000 toneladas de asfalto cun equipo de obras de 1.250 operarios. Do mesmo xeito, as instalacións do autódromo de Arabia Saudita contan con sete tribunas onde os espectadores poderán gozar da carreira nocturna iluminada por focos de 1.500 lux e cableado eléctrico de máis de 20 quilómetros de lonxitude.

Ten un total de 27 curvas, cos muros moi próximos. Tamén conté rectas que favorecen os adiantamentos. Este é o obxectivo principal do seu deseñador, Hermann Tilke.

Ademais da carga aerodinámica requirida polas rápidas variantes de Jeddah, as simulacións estiman que nas rectas se rexistrarán velocidades máximas superiores a 320 km/h. Aínda que o dato máis impresionante é que a velocidade media esperada por volta podería bater o récord de Monza: as previsións apuntan a que se podería alcanzar unha media de 252,8 km/h.

  • Capacidade espectadores:
  • Lonxitude do circuíto: 6´174 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 50 voltas = 308´45 quilómetros. 27 curvas en total, (16, esquerda – 11, dereita)
  • Configuración aerodinámica: Velocidade máxima estimada 310 km/h con DRS, 252´8 km/h velocidade media.
  • Aceleración a fondo: 79% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: -% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: baixo
  • Desgaste dos pneumáticos: baixo
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes: 23 segundos
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: - segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): - segundos.
  • Marca volta: Lewis Hamilton - Mercedes, 1’30.734 (2021)

Todos gañadores de carreiras de Fórmula 1 en Jeddah

editar
Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
4 2024 Max Verstappen Red Bull RBPT P 1:20:43,273 h 6´175 km. 50 229,456 km/h 9. marzo   Arabia Saudita
3 2023 Sergio Pérez Red Bull RBPT P 1:21:14.894 h 6´175 km. 50 227,783 km/h 19. marzo
2 2022 Max Verstappen Red Bull-RBPT Red Bull-RBPT P 1:24:19.293 h 6´175 km. 50 219,481 km/h 27. marzo
1 2021 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 2:06:15,118 h 6´175 km. 50 146,588 km/h 5. decembro
  1. "Fastest ever F1 street circuit revealed for Saudi Arabian Grand Prix in Jeddah". Formula1.com (en inglés). 18 de marzo de 2021. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  2. "Jeddah Corniche Circuit". Formula1.com. 5 de decembro de 2021. Consultado o 5 de decembro de 2021. 
  3. "Formula 1 Saudi Arabian Grand Prix Showcases Jeddah Corniche Circuit to Media". Saudi Arabian Grand Prix. 25 de xullo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  4. "F1 schedule 2021: Formula 1 announces provisional 23-race calendar for 2021". Formula1.com. 10 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  5. "Fastest ever F1 street circuit revealed for Saudi Arabian Grand Prix in Jeddah". Formula1.com (en inglés). 18 de marzo de 2021. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  6. "F1 adds Saudi Arabian Grand Prix night race to 2021 calendar". Formula1.com (en inglés). 5 de novembro de 2020. Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  7. Rencken, Dieter; Collantine, Keith (13 de novembro de 2020). "Saudi Arabian GP promoter appoints Tilke to design “exciting” Jeddah street circuit". RaceFans. Consultado o 16 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

editar