Circe ou o pracer do azul

obra literaria de Begoña Caamaño

Circe ou o pracer azul é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2009. A obra fai unha revisión da mitoloxía grega desde un punto de vista feminista, non só centrándose nas mulleres como personaxes principais, senón enfocando a súa feminidade.

Circe ou o pracer do azul
Título orixinalCirce ou o pracer do azul
Autor/aBegoña Caamaño
CubertaGustav Klimt
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónLiteraria nº 278
Xénero(s)Novela
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.2009
FormatoRústica con lapelas
Páxinas316
ISBN978-84-9865-232-1
editar datos en Wikidata ]
 
As amigas, de Gustav Klimt, imaxe usada na portada do libro.

Trala marcha de Ulises á guerra de Troia, Penélope agarda en Ítaca o seu regreso. Ao cabo de once anos recibe unha carta de Circe onde a deusa lle explica que Ulises está na illa de Eea e que son amantes. Comeza así unha relación epistolar entre Penélope e Circe na que se sinceran e abren os seus corazóns.

Circe explícalle o modo en que se rexe a illa de Eea e os feitizos con que enmeiga os homes con comportamento rudo. Penélope explícalle pola súa banda o seu papel como raíña de Ítaca, o modo en que goberna a mesma na ausencia de Ulises e como ten que facer fronte a outros homes que desexan casar con ela. Cóntalle tamén a súa relación con Laertes (pai de Ulises) Euriclea (nai de Ulises) e Telémaco, fillo de Ulises e Penélope.

Circe explícalle a Penélope que Ulises mudou a súa percepción sobre os homes, que o considera sensible e pouco vaidoso, e que o vai botar moito de menos cando marche de regreso a Ítaca. Porén, Penélope explícalle que non o poderá querer xamais, pois no escaso tempo que conviviu con el non sentiu o menor aprecio, amais de ser violada na noite de vodas.

Finalmente Ulises, que nada sabe da relación epistolar entre Circe e Penélope, marcha de regreso a Ítaca. Antes de marchar deixou preñada a Circe, aínda que el non sabe ren.

A obra remata cun final aberto; así, segundo a Odisea de Homero tardou aínda oito ou nove anos en chegar a Ítaca; segundo outra versión o fillo de Circe mataría o pai sen saber que o era, e que levaría a Penélope a Eea.

Narración

editar

Hai un narrador omnisciente en terceira persoa, pero conta con numerosas epístolas cruzadas entre as protagonistas. Hai un emprego dun vocabulario moi rico, con fórmulas de cortesía.

Hai unha intertextualidade coas obras clásicas mais tamén con textos contemporáneos. Así, segue o leit motiv “eu tamén navegar” expresado por Xohana Torres no seu poema "Penélope" (Tempo de ría, 1992), e que deu pé a obras de Chus Pato, Antía Otero e outras autoras da literatura galega na década de 1990.

Traducións

editar
  • Ao castelán por Xosé Antonio López Silva co título de Circe o el placer del azul publicado en 2014 por Editorial Galaxia, Col. Mar Maior[1].
  • Ao portugués por Valéria Gil Condé co título de Circe ou o prazer do azul publicado en 2016 por Mar Maior, PonteAtlántica[2]
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • Ficha na web de Editorial Galaxia.