Begoña Caamaño

escritora e xornalista galega

Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega.

Infotaula de personaBegoña Caamaño

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1964 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 2014 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Facebook: begonha.caamanho BNE: XX4906892 Bitraga: 4229 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou n' A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza.

Dende 1989 traballou na Radio Galega, primeiro na delegación de Vigo onde, xunto con Rosa Martínez, bota a andar o Trecolas, primeiro programa da emisora pública galega que se realiza dende unha delegación. En 1992 incorporouse á redacción central da Radio, en Santiago de Compostela, onde desenvolveu tarefas como redactora en distintos servizos informativos e no Diario Cultural. Posteriormente dirixiu e presentou os programas Andando a Terra, Club Cultura e Expresso de Medianoite. Traballou nas seccións de cultura e sociedade dos servizos informativos da Radio Pública de Galicia. Ademais do seu labor profesional, na Radio Galega desenvolveu tamén labores de carácter sindical, formando parte en diversas ocasións do Comité de Empresa da Radio e ocupando o cargo de presidenta do Comité Interempresas da CRTVG e as súas sociedades, no que destacou na denuncia da manipulación informativa en relación con sucesos de marcada relevancia para a sociedade galega, como foi o caso do afundimento do buque Prestige.

Colaborou nas revistas feministas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente e formou parte do consello de redacción da revista antimilitarista Ar!.

Recoñecemento

editar

A Deputación da Coruña convoca desde o ano 2017 o Premio Begoña Caamaño de proxectos culturais pola igualdade.[1].

En 2019 foi nomeada filla adoptiva de Santiago de Compostela, a título póstumo[2] e convocouse un encontro poético-artístico.[3]

En 2020, aos 6 anos da súa morte, o Observatorio da Mariña Pola Igualdade convocou en Xove unha xornada para reivindicar o seu legado.[4]

Narrativa

editar

Obras colectivas

editar
  • Pel con pel, 2010, Galaxia.
  • Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega, 2014, Frank & Timme. Coordinado por Ana Acuña.

Premios

editar

Vida persoal

editar

En 2011 detectóuselle un cancro no páncreas, doenza da que faleceu a finais de 2014.

  1. ""Implicadas no Desenvolvemento" e "Elas tamén pintan" gañan o Premio Begoña Caamaño da Deputación da Coruña". Deputación da Coruña. 10 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  2. Santiago, Concello de. "O Concello de Santiago entrega os seus títulos, honras e condecoracións a título póstumo - Noticias. Ayuntamiento de Santiago de Compostela". santiagodecompostela.gal (en inglés). Consultado o 2019-01-17. 
  3. culturagalega.org (2019-10-02). "A xornada realizarase o domingo 13 de outubro en Santiago de Compostela". culturagalega.org. Consultado o 2019-10-04. 
  4. "Fálase de O Observatorio d...". Praza Pública. Consultado o 2020-10-13. 
  5. "Circe o el placer del azul". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-10-28. 
  6. "Circe ou o prazer do azul". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-10-28. 
  7. "Morgana en Esmelle". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2021-02-10. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar