Laertes (Λαερτης) é, na mitoloxía grega, rei de Ítaca, fillo de Arcisio e Calcomedusa.

Laertes

Tipopersonaxe da mitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Venerado pormitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Obra
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Actividade
Cargo ocupadorei da mitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiChalcomedusa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiArcesio Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAnticlea Editar o valor en Wikidata
Fillo/aUlises e Clímenes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

É famoso porque se considera nas obras de Homero como pai de Odiseo e Ctímene. Porén, tamén hai outras versións nas que Odiseo tería nacido da unión de Anticlea con Sísifo. Na Odisea aparece Laertes nun segundo plano, retirado e triste até a volta do seu fillo. Rexuvenecido entón o ancián monarca por Atenea, axuda ao seu fillo no preito de sangue xurdido contra os familiares dos pretendentes mortos. Pseudo-Apolodoro inclúeo no catálogo dos Argonautas.