Rodrigo Díaz de Vivar
Rodrigo Díaz de Vivar, coñecido nas crónicas latinas como Campidoctor e na literatura castelá como El Campeador, Mio Cid ou El Cid (do árabe andalusí Sayyid, señor), nado contra o 1043 e finado en 1099, foi un militar castelán.
Rodrigo Díaz de Vivar | |
---|---|
![]() Estatua do Cid, en Burgos | |
Nome completo | Rodrigo Díaz de Vivar |
Alcumes(s) | "El Cid", "El Campeador" ou "Mio Cid" |
Nacemento | c 1043 ¿Vivar del Cid?, Burgos |
Defunción | 1099 Valencia |
Traxectoria editar
Crese que naceu en Vivar, localidade situada preto da cidade de Burgos no seo da nobreza e educouse na corte real castelá; foi alférez de Sancho II de Castela na guerra contra o seu irmán García de Galicia, e converteuse nun importante xeneral que loitou contra os musulmáns.
Entre os anos 1081 e 1087 El Cid, desterrado por Afonso VI de Castela, serviu como mercenario do emir Mutamin de Zaragoza, mentres que de 1089 a 1092 fixo prisioneiro a Ramón Berenguer II, conde de Barcelona, cercando a cidade de Valencia, a cal gobernou dende 1094 ata a data da súa morte en 1099.
Literatura editar
Historia Roderici (c. 1110, en latín) é a primeira crónica que se conserva sobre Rodrigo Díaz de Vivar. As crónicas árabes de Ibn Alcama (1116) e Ibn Bassam (1109) tamén recollen informacións sobre El Cid, pero nun ton claramente contrario á súa persoa. Na Chronica Adefonsi Imperatoris, da década de 1150, tamén é mencionado.
O Poema de Mio Cid ou Cantar de Mio Cid (1201-1207) incorpora moitos feitos históricos, o manuscrito que se conserva data do século XIV. O poema anónimo Mocedades de Rodrigo é do século XIV e consérvanse máis de 200 romances anónimos sobre a súa figura que datan do século XV e XVI.
En 1618 Guillén de Castro escribiu Las mocedades del Cid, na que se baseou Pierre Corneille para escribir Le Cid en 1636. De 1657 é El honrador de su padre de Juan Bautista Diamante.
Co romanticismo produciuse un interese pola súa figura, traduciuse o Poema de Mio Cid ou diversos romances sobre a súa figura ao inglés, ao alemán e ao francés. Máis tarde José Zorrilla escribiu a súa Leyenda del Cid (1882) e Eduardo Marquina o drama Las hijas del Cid (1908)
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rodrigo Díaz de Vivar |