Charles Bendire

Militar estadounidense e ornitólogo (1836–1897)


O maior Charles Emil Bendire, nado o 27 de abril de 1836 en Bad König, Gran Ducado de Hessen e do Rin, Confederación Xermánica, e finado o 4 de febreiro de 1897 nos Estados Unidos, foi un militar do Exército dos Estados Unidos de América e un notábel ornitólogo.

Infotaula de personaCharles Bendire

O maior Charles Bendire
Nome orixinalCharles Emil Bendire
Biografía
NacementoKarl Emil Bender
27 de abril de 1836
Bad König, Gran Ducado de Hessen e do Rin, Confederación Xermánica
Morte4 de febreiro de 1897
Estados Unidos
Causa da morteEnfermidade de Bright
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
Actividade
OcupaciónOficial do Exército dos Estados Unidos de América, ornitólogo
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarComandante Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil estadounidense e Guerras indias Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Nacido como Karl Emil Bender en Bad König, Gran Ducado de Hessen e do Rin, era o maior de seis fillos. Bender foi educado na casa até a idade de doce anos, e despois asistiu cinco anos a unha escola de teoloxía en Passy, cerca de París.

Karl abandonou a escola repentinamente e regresou á súa casa e, por consello dun amigo, el e o seu irmán Wilhelm Bender emigraron a Nova York en 1853. Ao chegaren, viron que o Novo Mundo non cumpría coas súas expectativas. Wilhelm Bender pronto navegou cara á súa casa, pero desapareceu ao caer ao mar pola borda do barco.

Carreira militar editar

Despois da partida do seu irmán, Bender alistouse no Exército dos Estados Unidos á idade de dezaoito anos o 10 de xuño de 1854, cambiando o seu nome a Charles Bendire, abandonando o seu segundo nome por completo (aínda que Bendire máis tarde volvería a usar a inicial do seu segundo nome na correspondencia e en notas públicas, o seu nome legal oficial non contiña o segundo nome.

Bendire serviu durante cinco anos como soldado e, posteriormente, como cabo na Compañía D, dos Primeiros Dragóns. Despois de terminar o seu período de servizo, Bendire deixou o exército durante un ano, pero volveu a alistarse o 8 de xuño de 1860, sendo destinado á 4ª compañía de Cabalaría, onde foi sucesivamente administrador privado, sarxento e sarxento 1º, até que foi ascendido a 2º tenente da 2ª compañía de Infantaría o 18 de maio de 1864. Trasladouse ao 1º rexemento de Cabalaría o 9 de setembro de 1864 e, finalmente, foi ascendido a tenente (por "servizos meritorios" na batalla da estación de Trevilian durante a Guerra civil estadounidense), e despois a capitán, e logo a comandante (maior). Retirouse do exército o 24 de abril de 1886, por discapacidade contraída para o cumprimento do deber.

Ornitoloxía editar

Inicialmente enviou cartas que conteñan as súas observacións ornitolóxicas a naturalistas estadounidenses como Joel A. Allen, Thomas M. Brewer, Elliott Coues e Robert Ridgway, que as publicarían en revistas científicas como o Bulletin of the Nuttall Ornithological Club e The American Naturalist. Porén, en 1877, comezou a publicar artigos baixo o seu propio nome.

A colección privada de 8 000 ovos de Bendire formou a base da colección de ovos na Smithsonian Institution, entón coñecida como U.S. National Museum, en Washington, D.C.[1] Fixo novos descubrimentos sobre os hábitos de migración de varias aves e descubriu varias especies novas, entre elas Toxostoma bendirei.

En 1872, mentres patrullaba no centro de Arizona, comunicouse que Bendire arrebatou un ovo da rapaz Buteo albonotatus dun niño para a súa colección mentres estaba baixo o fogo dun explorador apache e asegurouno na súa boca até que puido regresar ao campamento.[2] Díxose que rompeu un dente da súa boca a intentar extraer o ovo, debido ao seu gran tamaño.[3]

Tamén publicou unha descrición temperá do Lost River sucker, hoxe coñecido como Deltistes luxatus, na revista Forest and Stream, mentres estaba destinado en Fort Klamath no centro-sur de Oregón.[4] Neste artigo subministra descricións dos peixes reprodutores e dos indios modoc que capturaban estes peixes nun importante caladoiro de pesca ao longo do río Perdido (California).

Morte editar

Bendire faleceu a causa da enfermidade de Bright á idade de 60 anos.[5]

Honores editar

Eponimia editar

Abreviatura editar

A abreviatura Bendire emprégase para recoñecer a Charles Bendire como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. "Charles E. Bendire (1836-1897)". Smithsonian National Museum of Natural History, Dept. of Vertebrate Zoology, Division of Birds. Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  2. Patterson, Michael Robert. "Charles Bendire, Major, United States Army". Arlington Natoional Cemetery Website. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  3. No Such Thing As A Fish (17-03-218). "[No Such Thing As A Fish] Episode 208: No Such Thing As A Female Egg Thief". Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  4. Bendire, Chas. E. "The Lost River sucker". Forest and Stream. Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  5. Beolens, Bo; Watkins, Michael (2003). Whose Bird? Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven, London: Yale University Press. pp. 47-48. ISBN 0-300-10359-X. LCCN 2003113608. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar