Chandebrito, Nigrán
parroquia civil do concello de Nigrán
(Redirección desde «Chandebrito»)
San Xosé de Chandebrito é unha das sete parroquias do concello pontevedrés de Nigrán. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 459 habitantes (224 homes e 235 mulleres), distribuídos en catro entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 503 habitantes. É a menos poboada do concello e a segunda menos poboada das vinte e dúas do Val Miñor por detrás de Couso (Gondomar).
Chandebrito | |
---|---|
![]() Igrexa de San Xosé de Chandebrito. | |
Concello | Nigrán[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°09′48″N 8°45′33″O / 42.16323333, -8.75923889Coordenadas: 42°09′48″N 8°45′33″O / 42.16323333, -8.75923889 |
Poboación | 459 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
É rural e interior, e limita coas parroquias de Camos, Vincios (Gondomar), Coruxo e Valadares (Vigo).[3]
PatrimonioEditar
Consérvanse petróglifos no lugar da Cañoteira e na Gabacha. A igrexa parroquial foi reconstruída no século XVIII.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Chandebrito, Nigrán.
Chandebrito dende o adro.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Localización[Ligazón morta] en Candebrito.org
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de ChandebritoEditar
Lugares da parroquia de Chandebrito no concello de Nigrán (Pontevedra) | |
---|---|
A Igrexa | As Laxes | As Pereiras | Pracíns | O Rabete | As Rozadas | As Tomadas |