Certame Literario Musical de O'Galiciano
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O Certame Literario Musical de O'Galiciano, foron uns xogos florais que tiveron lugar no verán do ano 1886 en Pontevedra, coincidindo coas festas da Peregrina. Estivo organizado por O Galiciano, o primeiro periódico escrito enteiramente en galego. Este certame, celebrado estritamente en galego, tiña un gran significado no ámbito cultural, xa que tanto os literatos como os poetas e compositores poñían a proba a súa valía, sendo estimulados por un premio.
“ | Un Certamen en galego que a vez que estimule ós poetas e máis literatos e compositores a buscar novas direccións á súa inspiración no tocante os grandes ideais que a civilización e o progreso espertan hoxe en día nos grandes corazóns, sirva para relembrarnos de antigas costumes da nosa rexion. | ” |
— Rufino Rivera[1] |
O certame
editarEste certame foi creado pola revista galega, O Galiciano, propiedade de Rufino Rivera Losada, co fin de brindar instrución e cultura, poñendo a proba a valía de todos aqueles escritores e literatos en lingua galega. Estes xogos tiñan un carácter esencialmente rexionalista xa que, o principal requisito para poder participar era que tanto as composicións como os discursos ou composicións musicais debían estar en lingua galega.
O presidente deste certame foi Manuel Murguía, quen pronunciou o discurso en defensa do idioma galego en idioma castelá, debido á súa excelente cualificación sobre a historia e a lingua galega deste mesmo. Así mesmo, o presidente do xurado da parte musical foi Rafael Hernando, acompañado do xurado literario formado por Indalecio Armesto, Luis da Riega e Emilio Álvarez Giménez.
Os organizadores puideron dárense por moi satisfeitos cos froitos do Certame, xa que con el se iniciou un novo camiño para a literatura galega, xa que uns setenta escritores presentaron os seus traballos en dito certame. Os escritores acudían, mesmo, ao traballo de formas en que o galego era pouco empregado. Estes xogos brindaban instrución e benestar. A primeira porque, como xa é sabido, os certames son torneos da cultura que representan un paso ou camiño cara o progreso, onde poetas, literatos e compositores empregan o seu enxeño estimulados por un premio; a segunda, porque carrexan milleiros de persoas desexosas de asistir a eses espectáculos.
Bases do Certame
editarAs bases do Certame Literario e Musical de O'Galiciano eran as seguintes:
- A primeira base deste certame era que o xurado era quen debía realizar a entrega de premios.
- A segunda base era que o xurado se reservaba o dereito de adxudicar unha mención honorífica en cada tema.
- Todas as composicións debían ser orixinais e inéditas
- Era condición estrita que todos os escritos estivesen en lingua galega
- O director d'O Galiciano era quen facilitaba as partituras dos catro primeiros premios da execución, en caso de seren solicitadas.
- Todos os traballos debían ir acompañados dun prego cerrado e lacrado que contivera o nome, apelido e domicilio do autor; e no sobre, un lema igual ó que debía ser escrito na cabeceira de cada un dos ditos traballos.
- No auto da adxudicación de premios, debían queimarse á vista do público os prego correspondentes ás composicións non laureadas.
- O prazo para a admisión das composicións remataba o día 1 de agosto. Estas eran dirixidas ó director d'O Galiciano, rúa Real, número 26.
- O Galiciano reservaba a propiedade dos traballos premiados, durante medio ano, a contar dende o día do Certame.
- Os gaiteiros e tamborileiros, así como as parellas de baile, presentaríanse ó Certame en traxe do país.
- As bandas de música e orfeóns terían que tocar e cantar unha peza de libre elección.
- Os que tocasen parte na dita actuación musical debían avisar con cinco días de anticipación como mínimo.
Memoria
editarO Certame Literario Musical de O’Galiciano non era tan só un acto solemne no cal se axudicaron premios e se deu lectura ás publicacións premiadas, senón que ditas composicións, discursos e memorias reuníronse e publicáronse nun mesmo tomo, quedando como recordo e mostra da literatura da época e contribuíndo ó inicio do renacemento da literatura galega. Esta memoria contén as seguintes pezas de traballo: "Biografía de don Manoel Ventura Figueroa", por Roberto García Feixó; unha serie de descricións de fillos de Galicia que cultivaban a lingua galega naquel tempo, de Rodríguez de Cea; unha das primeiras novelas galegas Xuana de Manuel Amor Meilán etc.
Os premios
editarOs premios foron concedidos por:
- O concello de Pontevedra
- O Liceo Casino
- O Recreio de Artesáns
- Eduardo Vincenti
- Filiberto Abelardo Díaz, que era Gobernador
- Eduardo Cea Naharro
- A prensa da capital
- Prudencio Otero
- Rodríguez de Cea.
As producións premiadas máis destacadas foron:
- "Probe gaiteiro de Baio" de Enrique Labarta Pose
- "Canto a Pontevedra" de Labarta Pose
- "A Víspora de San Xuán" de Alfredo Brañas
- "Os feitizos ou Meigallos" do caldense Adolfo Mosquera
- "As festas do Corpus", unha longa e ben anotada refenda de Heliodoro Cid.
Ademais, conseguiron premios Enrique Labarta Posse, Eladio Rodríguez González, Adolfo Mosquera, Manuel Amor Meilán, Xoán Manoel Rodrigues Cea, Xosé Herraiz Ruibal, Roxelio Civeira e Heliodoro Cid e Rozo.
A música
editarNa parte musical destacaron as actuacións de orfeóns e bandas que rivalizaron na execución das Galegadas, sendo tamén suxestivas e vistosas as interpretacións da melodía de Marcial del Adalid intitulada Bágoas e sonos. Concorreron os mellores gaiteiros da provincia e sobre todo da comarca, xa que a estes últimos a revista organizadora abonáballes os gastos de locomoción. Os premios concedéronse ás mellores interpretacións da auténtica muiñeira executadas con gaita timbal ou sexa "composta de rouco, ronquillo e punteiro", acompañada de tamboril. Tamén levaron premios un par de cegos que cos seus lazarillos e as súas zanfonas, foron os mellores intérpretes dos temas requiridos. Así mesmo concedeuse premio de baile a un par de parellas, mellores intérpretes da ribeirana.
Repercusión
editarCoa axuda do carácter rexionalista deste Certame, os periódicos centralistas de Madrid fixeron eco deste certame. Neles víñase a dicir que se leu, cantou e recitou en galego, que galega fora a música, galego o baile e todo rabiosamente galego, de tal forma que aquilo máis parecía un cantón que unha provincia española. Soado foi tamén o discurso de Murguía, por máis que fose lido en castelán, sendo recollido por todos os periódicos de Galicia, comentado, louvado polos rexionalistas, e criticado polos antirrexionalistas.
Notas
editar- ↑ Rivera, Rufino. "iDIOMA GALEGO; O CERTAME DE "O GALICIANO"( Pontevedra, 1886)". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 07 de maio de 2017.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Antúnez, José Alfredo. (1886). Produciós premeadas n-o Certáme Gallego Literario que iniciado por O Galiciano celebrouse en Pontevedra n-o día 9 de agosto de 1886. Pontevedra
Ligazóns externas
editar- iDIOMA GALEGO; O CERTAME DE "O GALICIANO"( Pontevedra, 1886) Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
- Filgueira Valverde, Xosé (13-VIII-1978). "O certame de 'O Galiciano'". Faro de Vigo.