Zenobia de Palmira
Septimia Bathzabbai Zainib (en grego antigo: Ζηνοβία / Zēnobía, en arameo: בת זבי / Bat-Zabbai, en latín: Julia Aurelia Zenobia), máis coñecida como Zenobia, nada en 240 e finada en 274, foi a segunda esposa do príncipe Septimio Odenato de Palmira, dependente do Imperio Romano, e raíña do Imperio de Palmira entre 267 e 272, tralo asasinato do seu marido en 267, cando tomou o poder en nome do seu novo fillo herdeiro.
Nome orixinal | (la) Septimia Zenobia (grc) Σεπτιμία Ζηνοβία |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (arc) בת זבי c. 240 Palmira (Imperio Romano) |
Morte | 275 (Gregoriano) (34/35 anos) Tívoli (Imperio Romano) |
Empress regnant (en) | |
Palmyrene emperor (en) | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Augusta (en) |
Familia | House of Odaenathus (en) |
Cónxuxe | Odenato (–267 (Gregoriano)) |
Fillos | Heranes II, Vabalato, Sétimo Antíoco |
Parentes | Hairan, fillastro |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
Aproveitando as disputas no interior do Imperio Romano polo liderado do mesmo, o reino de Palmira sublevouse e tentou crear o seu propio imperio coa intención de dominar os dous que o flanqueaban, o romano e o sasánida. Tamén tiñan o incentivo de aproveitar o baleiro de poder que o Imperio sasánida aínda non alcanzara a encher. As campañas militares de Zenobia permitíronlle crear un imperio que abranguía toda a Asia Menor e mesmo logrou tomar Exipto coas súas tropas no ano 269, xa que alí se levantou un posible candidato ao trono romano. Zenobia logrou depor o pretendente e reclamou a coroa do imperio para o seu fillo.
Gobernou Exipto ata o ano 272, cando foi derrotada e enviada como refén a Roma polo emperador Aureliano. A partir deste momento, o destino de Zenobia parece confuso. Existen múltiples teorías, dende que unha doenza acabou coa vida de Zenobia, ata que foi unha folga de fame ou unha execución por decapitación a causa da súa morte.[1] A versión máis optimista e aceptada conta que Aureliano quedou tan impresionado por Zenobia que a liberou, outorgándolle unha villa en Tibur onde se converteu nunha filósofa destacada da alta sociedade, vivindo como unha matrona romana máis.
Traxectoria
editarOrixe e infancia
editarA sociedade de Palmira era unha amálgama de tribos semíticas (na súa maioría arameos e árabes) e Zenobia non pode ser identificada en ningún grupo; como ela era de Palmira, pode que tivese sangue árabe e arameo. A información sobre os seus devanceiros e as súas conexións familiares inmediatos é escasa e contraditoria.[2] Non se sabe nada sobre a súa nai e discútese a identidade do seu pai, quen podería ser Zabaii ben Selim ou Xulio Aurelio Zenobio. Fontes maniqueas mencionan unha "Nafsha", irmá da "raíña de Palmira", pero esas fontes son confusas e "Nafsha" pode referirse á mesma Zenobia; é dubidoso que Zenobia tivese unha irmá.
A Historia Augusta contén detalles sobre a súa curta vida, aínda que o seu grao de certeza é dubidoso. Na súa nenez o seu pasatempo era a caza e aparentemente non era unha plebea senón que recibiu unha educación apropiada para unha rapariga nobre de Palmira.[3] Ademais da súa lingua materna o arameo de Palmira, Zenobia era capaz de falar en latín e fluidamente o arameo exipcio e o grego.[4][5]
Raíña de Palmira
editarAo redor de 255, sobre os 14 anos, Zenobia converteuse na segunda esposa de Septimio Odenato o raz (señor) de Palmira a partir de 258.[6] Ao casar, adoptou o praenomen Septimia, aínda que asinaba co seu nome arameo "Bat-Zabbai".[7] Tiña un fillastro chamado Hairan, fillo do primeiro matrimonio de Odenato.
Arredor de 266 Odenato e Zenobia tiveron un fillo, Lucius Iulius Aurelio Septimio Vaballathus Atenodoro, máis coñecido como Vabalato.
En 267 o seu marido e o seu fillastro foron asasinados polo seu sobriño e primo Meonio, polo que ela sentenciouno a morte. O seu fillo Vabalato tiña entón só un ano de idade, polo que ela sucedeu o seu esposo e gobernou Palmira como rexente do menor. A Zenobia e ao seu fillo fóronlle outorgados os títulos honoríficos de Augusta e Augusto.
Trala morte de Galieno en 268 e vendo que o seu sucesor, Claudio o Gótico, tiña que dedicar todos os seus esforzos a contrarrestar unha invasión goda, Zenobia sublevou Palmira e tentou crear o seu propio imperio. O seu obxectivo declarado era protexer o Imperio romano de Oriente do Imperio sasánida, pola paz de Roma; con todo, os seus esforzos aumentaron significativamente o poder do seu trono. Roma, envolvida nun novo período de caos debido ás distintas sucesións, deixou a raíña de Palmira, que estaba ben asentada no seu reino, tentar aspirar a crear un terceiro imperio, coa intención de dominar os dous imperios que o flanqueaban.
Zenobia fortificou e embeleceu a cidade de Palmira, que contaba entón cunha poboación que superaba os 150 000 habitantes. As murallas que rodeaban a cidade, segundo se dicía, tiñan 21 quilómetros de circunferencia. Contaba cunha avenida custodiada por grandes columnas corintias de máis de 15 metros de altura. Estaba chea de fermosos templos, monumentos, xardíns e edificios públicos, entre os que destacaba o Templo do Sol.
Zenobia mandou erixir no ano 271 un par de estatuas dela e do seu defunto esposo. Tamén se atopaban estatuas de heroes e de benefactores por toda a cidade, pedindo a todos os nobres da cidade que mandasen esculpir as súas estatuas e con elas levantasen unha columna na que exhibilas. Todos os notables da cidade, posaron ante os artistas para satisfacción dos edís. En Palmira podían atoparse preto de duascentas estatuas nas súas columnas e nas paredes da ágora.
Zenobia foi conquistando novos territorios, aumentando o territorio do Imperio de Palmira en memoria do seu esposo e como legado ao seu fillo.
As invasións de Exipto e Anatolia
editarEn 269, Zenobia, o seu exército, e o xeneral Zabdas conquistaron violentamente Exipto coa axuda do seu aliado exipcio, Timagenes, e o seu exército. O prefecto romano de Exipto, Probus Tenagino e as súas forzas, trataron de expulsalos de Exipto, pero o exército de Zenobia capturou e decapitou a Probus. Zenobia proclamouse raíña de Exipto e acuñou moedas co seu nome. Nese momento o seu reino estendíase dende o Nilo ata o Éufrates.
Despois destas incursións iniciais, Zenobia chegou a ser coñecida como a "raíña guerreira do Leste" ao dirixir persoalmente o seu exército, demostrando ser boa xinete e sendo capaz de camiñar tres ou catro millas cos seus soldados a pé.
Zenobia fixo expedicións co seu grande exército e conquistou Anatolia até Ancira e Calcedonia, e máis tarde Siria, Palestina e o Líbano. No seu imperio de curta duración, Zenobia tomou rutas de comercio vitais para os romanos.
O emperador Aureliano, que ascendeu ao trono no ano 270, tras estabilizar a fronteira do Danubio, decidiu finalmente emprender unha campaña militar contra ela. Mandou algunhas das súas forzas cara a Exipto e o groso do seu exército cara ao leste a través de Asia Menor. Zenobia contaba cun grande exército, formado polos seus arqueiros e catafractos comandado por dous xenerais, Zabdas e Zabbai. Pero Aureliano conquistou Exipto e lanzou as súas forzas cara a Siria.
Zenobia foi derrotada en Emesa, e retirouse a Palmira, onde foi cercada por Aureliano en 272. Palmira fixera provisión de víveres e confiaba na forza dos seus excelentes arqueiros, esperando resistir durante meses, pero grazas aos xefes árabes do deserto, que Zenobia desdeñara, Aureliano venceu a resistencia da cidade. Zenobia e o seu fillo escaparon de alí en camelo coa axuda dos sasánidas, pero foron capturados no río Éufrates polos xinetes de Aureliano, e ordenouse que fosen levados a Roma. O curto reinado de Zenobia sobre Exipto e o Imperio de Palmira rematara. Os palmiranos restantes que se negaron a renderse foron capturados e executados por orde de Aureliano.
Zenobia nas artes
editarLiteratura
editar- Chaucer narra unha historia condensada da vida de Zenobia en The Monk's Tale, un dos Contos de Canterbury (1387-1400)
- Cristina de Pizán narra unha historia abreviada de Zenobia en Le Livre de la Cite des Dames (1405)
- La gran Cenobia (1625) de Pedro Calderón de la Barca
- The Living Wood (1947) de Louis de Wohl contén unha referencia a Zenobia.
- The Queen of the East (1956) de Alexander Baron
- La vieja sirena (1998), de José Luis Sampedro
- La reina de las caravanas (2000), de Tessa Korber
- La prisionera de Roma (2011), de José Luis Corral
- Daughter of Sand and Stone (2015), de Libbie Hawker
- Zenobia, raíña de Palmira (2021), de Millán Picouto, traxedia en cinco actos de "O macrocosmos". Linteo. ISBN 978-84-123801-1-8
Pintura
editar- Historia de Zenobia, raíña de Palmira (1661), de Justus van Egmont
- Zenobia, raíña de Palmira, de Nicolas Colombel
- A raíña Zenobia ante o emperador Aureliano (1717), de Giovanni Battista Tiepolo. Museo do Prado, Madrid
- A raíña Zenobia dirixindo os seus soldados (1725–1730), de Giovanni Battista Tiepolo. NGA, Washington, D.C.
- Zenobia, de Carlo Antonio Tavella
- Zenobia cativa (1878), de Edward Poynter
- A última mirada de Zenobia sobre Palmira , de Herbert Schmalz
Óperas
editar- Zenobia (1694) de Tomaso Albinoni
- Zenobia in Palmira (1725) de Leonardo Leo
- Zenobia (1761) de Johann Adolph Hasse
- Zenobia in Palmira (1789) de Pasquale Anfossi
- Zenobia in Palmira (1790) de Giovanni Paisiello
- Aureliano in Palmira (1813) de Gioachino Rossini
- "Zenobia Queen of Palmyra" (1882) de Silas G. Pratt
- Zenobia (2007) de Mansour Rahbani
Escultura
editar- Zenobia, Raíña de Palmira (1857) de Harriet Hosmer, Art Institute of Chicago
- Zenobia encadeada (1859) de Harriet Hosmer, Museo de Arte de Saint Louis
Filmes
editar- Nel Segno di Roma (1959), de Guido Brignone
Composicións
editarNotas
editar- ↑ Ball, Warwick. "Rome in the East" (Routledge, 2000).
- ↑ Ancient Syria : a three thousand year history. Oxford University Press. ISBN 9780191002922. OCLC 877868387.
- ↑ Palmyra and its empire : Zenobia's revolt against Rome. Univ. of Michigan Press. ISBN 9780472083152. OCLC 255342463.
- ↑ Warwick., Ball, (10 de xuño de 2016). Rome in the East : the Transformation of an Empire (2). Taylor and Francis. ISBN 9781317296355. OCLC 953235153.
- ↑ The Roman Eastern Frontier and the Persian Wars (AD 226-363): A Documentary History (en inglés). Psychology Press. ISBN 9780415103176.
- ↑ 1948-, Southern, Pat, (2008). Empress Zenobia : Palmyra's rebel queen. Hambledon Continuum. ISBN 9781441142481. OCLC 676697949.
- ↑ Stoneman, 1995,p. 2.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zenobia de Palmira |
Bibliografía
editar- Moormann, Eric M.; Uitterhoeve, Wilfried. De Adriano a Zenobia: temas de historia clásica en literatura, música, artes plásticas y el teatro. p. 266.
- Stoneman, Richard (1995). Palmyra and its Empire: Zenobia's Revolt against Rome. (Reimpresión, edición ilustrada). University of Michigan Press. ISBN 0472083155.
Ligazóns externas
editar- Vaballathus and Zenobia
- Zenobia: empress of Palmyra (267–272) Arquivado 23 de maio de 2008 en Wayback Machine.