O castelo de Melfi, na Basilicata, é un monumento propiedade de Estado italiano e un dos castelos medievais máis importantes do sur de Italia.

Castelo de Melfi
Castello de Melfi
Ben cultural de Italia
ConcelloMelfi
Comunidade
autónoma
Basilicata
Coordenadas40°59′54″N 15°39′10″L / 40.998355, 15.652814
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalMedieval (século XII)
Modificado en tempos anxevinos e aragoneses
editar datos en Wikidata ]

A súa construción, como mínimo os elementos aínda visíbeis, remóntanse á Alta Idade Media (século XI), na época normanda, e experimentou cambios significativos no tempo, especialmente na época do dominio dos anxevinos e os aragoneses.

Historia

editar

Período normando

editar
 
O papa Nicolao II, durante o primeiro Concilio de Melfi, coroando a Robert Guiscard como duque de Puglia e Calabria. O feito tivo lugar na Torre de Melfi, a base do castelo de Melfi.

A orixe do castelo de Melfi data do século XI, construído polos normandos nun lugar estratéxico que servía como porta de ligazón entre a Campania e a Puglia. A súa situación era esencial para defenderse dos ataques externos e de refuxio para os aliados. A estrutura foi un lugar de históricos acontecimientos durante o período normando.

En Melfi, sede do Condado de Puglia, houbo cinco Concilios ecuménicos, organizados por cinco papas diferentes, entre 1059 e 1137. No verán de 1059, o papa Nicolao II viviu na fortaleza, que foi centro de acontecementos importantes: en xuño concluíuse o tratado de Melfi e, do 3 de agosto ao 25 de agosto, celebrouse o primeiro Concilio de Melfi e, finalmente, recoñeceuse que as terras conquistadas polos normandos no sur de Italia eran da súa propoedade (Concordato de Melfi).

O papa nomeou a Robert Guiscard duque de Puglia e Calabria. A cidade de Melfi pasou entón por un período brillante da súa historia: naquela ocasión foi elixida como a capital do ducado de Puglia e Calabria. Robert Guiscard (ou Roberto Guscardo), ao casar con Sikelgaita de Salerno, enviou ao exilio á súa primeira esposa, Alberada de Buonalbergo.

No castelo organizáronse outros sínodos: o papa Alexandre II, a partir de agosto de 1067 presidiu o segundo Concilio de Melfi, e recibiu ao príncipe lombardo de Salerno, Gisulf II, e aos seus irmanás Roberto Guiscardo e Roxerio I de Sicilia. Durante o terceiro Concilio de Melfi, en 1089, o papa Urbano II convocou a Primeira Cruzada. Pascual II, en 1101 convocou o cuarto Concilio de Melf. Finalmente, Inocencio II, en 1137 convocou o quinto Concilio de Melfi, o último da serie. Houbo tamén un Concilio de Melfi en 1130, pero non foi recoñecido pola Igrexa porque foi organizado polo antipapa Anacleto II. Neste concilio Anacleto II estableceu o Reino de Sicilia.

Período suabo

editar

Coa chegada dos suabos, Frederico II Hohenstaufen deu grande importancia ao castelo de Melfi, e fixo algunhas modificacións. En 1231 o castelo foi onde se promulgaron as Constitucións de Melfi, un código de leis para o Reino de Sicilia, Frederico II tomou parte persoalmente na súa redacción, xunto con outros persoeiros, como o seu chanceler Pier della Vigna e o filósofo e matemático Miguel Scot.

No edificio estaba tamén a oficina de recadación dos impostos da Basilicata e un cárcere onde estiveron presos como o sarraceno Othman Lucera, que máis tarde foi liberado mediante o pago de 50 onzas de ouro.

En 1232, Frederico II organizou no castelo a voda do marqués de Monferrato e a súa sobriña Bianca Lancia, coa quen tivo un fillo chamado Manfredo. En 1241 o rei suavo (que tamén era emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e rei de Chipre e de Xerusalén) encarcerou no castelo a dous cardeais e varios bispos franceses e alemáns, que conspiraron co papa Gregorio IX para a súa deposición porque, segundo o Sumo Pontífice, as Constituciómns de Malfi supoñían unha lexislación exterior e contraria á Igrexa.

O período anxevino e períodos posteriores

editar

Coa decadencia de Suabia e a chegada de novos gobernantes anxevinos, o castelo de Melfi foi restaurado e grandemente ampliado. Foi elixido por Carlos II de Anjou como residencia oficial da súa esposa, María de Hungría, en 1284. Aínda foi obxecto a cambios no século XVI, baixo o goberno da coroa de Aragón. O castelo sufriu dous violentos terremotos en 1851 e 1930 pero, a diferenza dos outros monumentos de Melfi que foron danados severamente, o castelo resultou case ileso. Foi propiedade dos Acciaiuoli primeiro, despois dos Marzano e dos Caracciolo e, finalmente, os Doria, familia á que pertenceu até 1950. Hoxe en día, o edificio alberga o Museo archeologico nazionale del Melfese "Massimo Pallottino", inaugurado en 1976.

Estrutura

editar

O castelo de Melfi, ao ser construído en varias fases ao longo do tempo, ten arquitectura multiestilo, aínda que se ve claramente a súa orixe medieval. Componse de dez torres das cales sete son rectangulares e tres pentagonais:

 
Vista do Interior.
 
O castelo de Melfi. Litografía do século XIX.
  • Torre de Entrada
  • Torre da Bandeira ou do Ciprés
  • Torre da Secretaría ou da Terraza
  • Torre do Baluarte do León
  • Torre do Emperador ou dos Sete Ventos
  • Torre sen nome (só quedan as ruínas)
  • Torre Noroeste ou Torrita Parvula
  • Torre do Cárcere ou de Marcangione
  • Torre da Igrexa
  • Torre do Reloxo

O castelo de Melfi ten catro entradas, das cales só unha é aínda utilizábel. A primeira, situada ao nordeste, cerca da Torrita Parvula, estaba conectada directamente co campo e agora está tapiada; a segunda, tamén amurallada e situada cerca da Torre da Igrexa, ábrese ao patio, e a terceira, ao suroeste, cerca do Baluarte do León, era a entrada principal durante a época anxevina e permitía chegar ao foso e á cidade. A cuarta, a única activa, foi inaugurada pola familia Doria e serve de acceso ao campo a través dunha ponte, que era unha ponte levadiza na antigüidade. O interior, aínda que transformado polos Doria entre os séculos XVI e XVIII nun palacio señorial, aínda conserva algunhas das características estruturais do estilo normando-suabo.

Despois de pasar a ponte pódese ver unha porta que ten unha inscrición do século XVIII que honra os feitos de Carlos V e Andrea Doria. Despois de entrar no patio, pódese acceder ás cortes dos cabalos e aos patios traseiros "dello Stallaggio" e "del Mortorio", todos eles obras anxevinas creadas entre 1278 e 1281 por orde de Carlos II de Anjou. Sempre de estilo anxevino son o "Salón do Trono" (que alberga o museo), construído no lado norte, por debaixo do Salón "degli Armigeri". Paga a pena mencionar tamén o Salón "delle Scodelle" (das cuncas), onde foron proclamadas as Constitucións de Melfi.

Galería fotográfica

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Antonio Canino( 1980): Basilicata Calabria. Touring Editore. ISBN 88-365-0021-8.
  • Raffaele Licinio (1994): Castelli medievali: Puglia e Basilicata, dai Normanni a Federico II e Carlo I D'Angiò. Edizioni Dedalo. ISBN 88-220-6162-4.
  • Nicola Masini (2006): "Dai Normanni agli Angioini: castelli e fortificazioni della Basilicata", en VV.AA. Storia della Basilicata. Il Medioevo, C. D. Fonseca, ed. Editori Laterza, pp. 689–753. ISBN 88-420-7509-4.
  • Aurelio Musi (2003): Napoli, una capitale e il suo regno. Touring Editore. ISBN 88-365-2851-1.
  • Michelangelo Levita (2008): Il Castello di Melfi: Storia e Architettura. Bari: Adda Editore.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar