Carlos III o Gordo
Carlos III o Gordo, nado o 13 de xuño de 839 en Neudingen (no actual Land alemán de Baden-Württemberg) e finado na mesma cidade o 13 de xaneiro de 888, foi un nobre franco que foi rei de Italia de 879 a 888, rei da Francia Occidentalis de 885 a 888, rei da Francia Orientalis de 876 a 887, e emperador de Occidente de 881 a 887.
Nome orixinal | (fr) Charles le Gros (de) Karl der Dicke |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 839 Neudingen (Imperio Carolinxio) |
Morte | 13 de xaneiro de 888 (Gregoriano) (48/49 anos) Neudingen (Francia orientalis) |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | Abbey of Reichenau (en) |
Monarca da Francia Occidental | |
xuño de 885 – novembro de 887 ← Carlomán II – Eudes I de Francia → | |
3º Rei de Francia Oriental | |
882 – 887 ← Lois III de Alemaña – Arnulfo de Carintia → | |
Emperador carolinxio | |
12 de febreiro de 881 – novembro de 887 | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Dinastía Carolinxia |
Cónxuxe | Ricarda da Suábia (862 (Gregoriano)–888 (Gregoriano)) |
Fillos | Bernard |
Pais | Lois o Xermánico e Emma da Baviera |
Irmáns | Lois III de Alemaña Carlomán de Baviera Hildegarda Ermengarda de Chiemsee Berta Gisla Verona Veronus |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarCarlos era fillo de Lois o Xermánico, e recibiu en herdanza o reino de Xermania.
Tras a abdicación do seu irmán Carlomán de Baviera obtivo o reino de Italia.
Foi coroado emperador en 881 polo papa Xoán VIII en agradecemento pola súa axuda contra Guido de Spoleto, que estaba invadindo os Estados Pontificios.
No ano seguinte morreu o seu outro irmán, Lois III, herdando como resultado o reino da Francia Orientalis.
Ao falecer o seu primo Carlomán II, herdou tamén o reino da Francia Occidentalis. Deste xeito, o Imperio franco quedaba reunificado, aínda que por breve tempo.
Carlos tivo de facer fronte a numerosas incursións viquingas. Unha das máis importantes foi a que mantivo sitiada a cidade de París, preferindo os viquingos pactar a súa retirada a cambio de cuantiosas sumas de diñeiro, o cal desgustou a gran parte da poboación, que o considerou un monarca incapaz, covarde e despreocupado.
Durante o seu reinado estalaron rebelións por todo o Imperio. Unha das máis importantes foi a do conde de París, enormemente popular polo seu labor na defensa de dita cidade ante o ataque viquingo.
Ao non ter fillos lexítimos, tratou de nomear como sucesor un bastardo concibido por unha das súas concubinas, pero a oposición dos bispos fíxolle abandonar a idea. Carlos padecía continuamente enfermidades (probabelmente fora epiléptico) e foi deposto en 887 pola Dieta de Tribur, co que o Imperio carolinxio se disgregou para sempre. Faleceu semanas máis tarde.
Matrimonio e descendencia
editarCarlos casou no ano 862 co Ricarda de Suabia (ca. 840 - ca. 895). Non tiveron descendencia.
O único fillo coñecido de Carlos foi Bernardo (?- 891 ou 892), froito da súa unión cunha concubina.
Antepasados de Carlos III o Gordo
editarPipino o Breve | ||||||||||||||||
Carlomagno | ||||||||||||||||
Bertrada de Laon | ||||||||||||||||
Lois o Piadoso | ||||||||||||||||
Hildegarda | ||||||||||||||||
Lois o Xermánico | ||||||||||||||||
Ermengarda de Hesbaye | ||||||||||||||||
Carlos o Gordo | ||||||||||||||||
Welf | ||||||||||||||||
Emma de Altdorf | ||||||||||||||||
Hedwiga de Baviera | ||||||||||||||||
Predecesor: Lois o Xermánico |
Rei da Francia Orientalis Xunto a Carlomán de Baviera (876–879) e Lois II o Mozo (876—882) 876 - 882 |
Sucesor: El mesmo como Rei único da Francia Orientalis |
Predecesor: Lois II o Mozo |
Rei da Francia Orientalis 882 - 887 |
Sucesor: Arnulfo de Carintia |
Predecesor: Carlomán de Baviera |
Rei de Italia 879[1] – 888[2][3][4] |
Sucesor: Berengario de Friúl |
Predecesor: Carlomán II |
Rei da Francia Occidentalis 885 - 888[2][3][4] |
Sucesor: Eudes de Francia |
Predecesor: Carlos II |
Emperador Occidental 881 – 887 |
Sucesor: Guido de Spoleto |
Notas
editar- ↑ Gregorovius, Ferdinand (1895): History of the City of Rome in the Middle Ages. Volume 3. Reimpresión en New York: Cambridge University Press. ISBN 978-1-108-01502-8.
- ↑ 2,0 2,1 Goldberg, Eric Joseph (2006): Struggle for Empire: Kingship and Conflict Under Louis the German, 817-876. Ithaca and London: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-3890-5.
- ↑ 3,0 3,1 Reuter, Timothy (1992): The Annals of Fulda. Ninth-century Histories Volume 2 Manchester: Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-3458-9.
- ↑ 4,0 4,1 Bower, Archibald (1754): The History of the Popes: From the Foundation of the See of Rome to the Present Time. Volume 4. Reimpresión en 1999, Elibron Classics, ISBN 978-1-4021-7184-0.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos III o Gordo |
Bibliografía
editarAdemais dos textos citados nas notas:
- Monumenta Germaniae Historica. Tomus I. (en latín).
- Monumenta Germaniae Historica. Tomus II. (en latín).
- Monumenta Germaniae Historica. Tomus IV. (en latín).
- Monumenta Germaniae Historica. Tomus V. (en latín).
- Monumenta Germaniae Historica. Tomus IX. (en latín).
- Monumenta Germaniae Historica. Tomus XVII. (en latín).
- Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores. Tomus IX (en latín), con tradución (en francés).
- Annales Bertiniani (en francés).
- Riché, Pierre (1983): Les Carolingiens, une famille qui fit l'Europe. Paris: Hachette. (Reimpr. en 1997). ISBN 2-01-278851-3.
- Settipani, Christian (1993): La Préhistoire des Capétiens (481-987). Première partie: Mérovingiens, Carolingiens et Robertiens, Nouvelle histoire généalogique de l'auguste maison de France, Volume 1. Villeneuve d'Ascq: Patrick van Kerrebrouck. ISBN 2-9501509-3-4.
- Werner, Karl Ferdinand (1992): Histoire de France, t. 1: Les origines: avant l'an mil. Paris: Librairie générale française. ISBN 2-253-06203-0.
Outros artigos
editar- Imperio carolinxio.
- Sacro Imperio Romano Xermánico.
- Lois II o Mozo.
- Carlos o Calvo.
- Lista de monarcas de Francia.
Ligazóns externas
editar- Charles en Medieval Lands (en inglés). Consultada o 15 de novembro de 2016.
- Xenealoxía dos carolinxios Arquivado 16 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. en genealogy.euweb.cz (en inglés). Consultada o 15 de novembro de 2016.