Carlos Moyá

tenista profesional español

Carlos Moyà Llompart, nado en Palma o 27 de agosto de 1976, é un ex xogador profesional de tenis español.

Infotaula de personaCarlos Moyá

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Palma, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaXenebra Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Peso86 kg Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista (1995–2010), adestrador de tenis Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata - 17 de novembro de 2010 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado13.443.970 $ Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivatenis individual Editar o valor en Wikidata
Man de xogodestro  e revés a dúas mans Editar o valor en Wikidata
AdestradorLuis Lobo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Récord persoal
Tenis individual 575–319 Editar o valor en Wikidata  20 Editar o valor en Wikidata 1 (1999)
Tenis dobres 24–50 Editar o valor en Wikidata 108 (2001)
ATP Info ATP Editar o valor en Wikidata
Participou en
2004Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2004 (pt) Traducir
1998Roland-Garros de 1998 (pt) Traducir (1º) Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaFlavia Pennetta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: Charlymoya BNE: XX5587011 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou a xogar á idade de seis anos. En 1996 entrou no top 20 da ATP por primeira vez. Acabou 1997 como mellor español e no top 10 por primeira vez na súa carreira. Ademais, converteuse no primeiro español en alcanzar a final do Aberto de Australia desde Andrés Gimeno en 1969. En 1998 gañou o seu primeiro título de Grand Slam derrotando a Álex Corretja na final de Roland Garros. En 1999, converteuse no primeiro español en situarse como número 1 da clasificación da ATP desde que se instaurara en 1973, onde se mantivo dúas semanas.

Formou parte do equipo español que gañou a Copa Davis do 2004, final que se disputou no Estadio Olímpico da Cartuja (Sevilla), na que tivo un papel destacado, obtendo dous dos tres puntos para España, gañando o primeiro punto ante Mardy Fish e conseguindo a vitoria decisiva contra Andy Roddick, logrando así a segunda Ensaladeira de Prata na historia do tenis español.

En 2005 doou o premio obtido por gañar o torneo de Chennai ás vítimas do Terremoto do Océano Índico de 2004.

Retirouse oficialmente o 17 de novembro de 2010.

Vida persoal

editar

Na súa vida sentimental, estivo unido a modelos e presentadoras como Patricia Conde así como á xogadora de tenis italiana Flavia Pennetta. Actualmente a súa parella é Carolina Cerezuela coa que iniciou unha relación a mediados de 2007. A parella ten unha filla, Carla, que naceu o 18 de agosto de 2010 na clínica USP Palmaplanas de Palma.

Torneos de Grand Slam

editar

Campión Individuais (1)

editar
Ano Campionato Opoñente na final Resultado en final
1998 Roland Garros   Álex Corretja 6-3 7-5 6-3

Finalista en Individuais (1)

editar
Ano Campionato Opoñente na final Resultado en final
1997 Open de Australia   Pete Sampras 2-6 3-6 3-6

Títulos (20)

editar

Individuais (20)

editar
Lenda
Grand Slam (1)
Tennis Masters Cup (0)
ATP Masters Series (3)
ATP Tour (16)
Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 6 de novembro de 1995 Bos Aires, Arxentina Terra batida Félix Mantilla (España) 6-0 6-3
2. 12 de agosto de 1996 Umag, Croacia Terra batida Félix Mantilla (España) 6-0 7-6(4)
3. 18 de agosto de 1997 Long Island, Estados Unidos Dura Patrick Rafter (Australia) 6-4 7-6(1)
4. 20 de abril de 1998 Monte Carlo TMS, Mónaco Terra batida Cédric Pioline (Francia) 6-3 6-0 7-5
5. 25 de maio de 1998 Roland Garros, París, Francia Terra batida Álex Corretja (España) 6-3 7-5 6-3
6. 10 de abril de 2000 Estoril, Portugal Terra batida Francisco Clavet (España) 6-3 6-2
7. 16 de xullo de 2001 Umag, Croacia Terra batida Jerome Golmard (Francia) 6-4 3-6 7-6(2)
8. 25 de febreiro de 2002 Acapulco, México Terra batida Fernando Meligeni (Brasil) 7-6(4) 7-6(4)
9. 8 de xullo de 2002 Bastad, Suecia Terra batida Younes O Aynaoui (Marrocos) 6-3 2-6 7-5
10. 15 de xullo de 2002 Umag, Croacia Terra batida David Ferrer (España) 6-2 6-3
11. 5 de agosto de 2002 Cincinnati TMS, Estados Unidos Dura Lleyton Hewitt (Australia) 7-5, 7-6(5)
12. 17 de febreiro de 2003 Bos Aires, Arxentina Terra batida Guillermo Coria (Arxentina) 6-3 4-6 6-4
13. 21 de abril de 2003 Barcelona, España Terra batida Marat Safin (Rusia) 5-7 6-2 6-2 3-0
14. 21 de xullo de 2003 Umag, Croacia Terra batida Filippo Volandri (Italia) 6-4 3-6 7-5
15. 5 de xaneiro de 2004 Chennai, India Dura Paradorn Srichaphan (Tailandia) 6-4 3-6 7-6(5)
16. 1 de marzo de 2004 Acapulco, México Terra batida Fernando Verdasco (España) 6-3 6-0
17. 3 de maio de 2004 Roma TMS, Italia Terra batida David Nalbandian (Arxentina) 6-3 6-3 6-1
18. 9 de xaneiro de 2005 Chennai, India Dura Paradorn Srichaphan (Tailandia) 3-6 6-4 7-6(5)
19. 13 de febreiro de 2006 Bos Aires, Arxentina Terra batida Filippo Volandri (Italia) 7-6(6) 6-4
20. 29 de xullo de 2007 Umag, Croacia Terra batida Andrei Pavel (Romanía) 6-4 6-2

Finalista en individuais (24)

editar

Clasificación en torneos do Grand Slam

editar
Torneo 2010 2009 2008 2007 2006 2005 2004 2003 2002 2001 2000 1999 1998 1997 1996 Títulos
Australian Open 1r 1r 1r 1r 1r 1r - 2r 2r QF - 1r 2r F 1r 0
Roland Garros - - 1r QF 3r 4r QF QF 3r 2r 1r 4r W 2r 2r 1
Wimbledon - - - 1r - - 4r - - 2r 1r 2r 2r 2r 1r 0
US Open - - 2r QF 3r 2r 3r 4r 2r 3r 4r 2r SF 1r 2r 0

Clasificación na Masters Cup

editar
Torneo 2010 2009 2008 2007 2006 2005 2004 2003 2002 2001 2000 1999 1998 1997 1996 Títulos
Tennis Masters Cup - - - - - - RR RR SF - - - F SF - 0

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar