David Ferrer

tenista profesional español

David Ferrer Ern, nado en Xàbia (Alacant) o 2 de abril de 1982, é un tenista español. Actualmente ocupa a oitava posición do ránking individual da ATP, sendo o número 3 a mellor posición da súa carreira, que abandonou por última vez aos 31 anos e 9 meses.

Modelo:BiografíaDavid Ferrer

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Xàbia, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaValencia Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Peso73 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista (2000–2019) Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata - 2019 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado31.483.911 $ Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobres Editar o valor en Wikidata
Man de xogodestro  e revés a dúas mans Editar o valor en Wikidata
Modalidade Partido de tenis Recorde individual (pt)Recorde individual (pt) Número de vitorias Récord persoal
Tenis individual 734–377 Editar o valor en Wikidata  27 Editar o valor en Wikidata 3 (2013)
Tenis dobres 77–113 Editar o valor en Wikidata 2 Editar o valor en Wikidata 42 (2005)
ATP Info ATP Editar o valor en Wikidata
Participou en
2016ténis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir
2012Xogos Olímpicos de 2012
2008Xogos Olímpicos de 2008 Editar o valor en Wikidata

Páxina webdavidferrer.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1927857 Facebook: Davidferrer87 Twitter: davidferrer87 Editar o valor en Wikidata

Conta cun título Masters 1000 (o Masters de París 2012), oito títulos en torneos ATP 500 e doce en torneos ATP 250. Ademais alcanzou a final de Roland Garros 2013 e do Torneo de Mestres de 2007, como tamén alcanzou en seis ocasións finais de torneos Masters 1000 (Masters de Roma 2010, Masters de Montecarlo 2011, Masters de Shangai 2011, Masters de Miami 2013, Masters de París 2013, Masters de Cincinnati 2014). É o terceiro tenista español con máis títulos (24) detrás de Rafael Nadal e Manuel Orantes. Tamén é o terceiro con máis vitorias no circuíto, e tras superar as 600 vitorias transfórmase no tenista número 22 na historia que supera a devandita barreira.

Mantívose no Top 20 durante as últimas dez tempadas, rematando catro delas entre os Top 5, incluíndo o número 3 da tempada 2013.

Ademais foi parte dunha exitosa xeración de tenistas españois gañadores tres veces da Copa Davis, en 2008, 2009, e 2011, xunto a Rafael Nadal, Juan Carlos Ferrero, Tommy Robredo, Fernando Verdasco, Nicolás Almagro, Feliciano López e Marcel Granollers.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.