Carlos Iglesias Serrano

Carlos Iglesias Serrano, nado en Madrid o 15 de xullo de 1955, é un actor, director de cine e guionista español. É especialmente coñecido polo seu papel de Benito Lopera Perrote na serie Manos a la obra, emitida en Antena 3 entre 1998 e 2001, e na súa secuela Manolo y Benito Corporeision (2006-2007), e por ser director e protagonista da película Un franco, 14 pesetas.

Infotaula de personaCarlos Iglesias Serrano

(2006) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Escuela Superior de Arte Dramático - Licenciatura Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , director de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0407069 Allocine: 81029 Allmovie: p334545 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os seus pais emigraron de Quintanar de la Orden (Provincia de Toledo) até Suíza. Alí viviu Carlos até os 13 anos, cando se trasladou a Madrid e Alacant.

Converteuse en actor tras substituír a un compañeiro enfermo nun grupo de teatro independente, e foi admitido na Real Escola Superior de Arte Dramática (RESAD).

Deuse a coñecer en Telecinco no programa Esta noche cruzamos el Mississippi, onde interpretaba a Pepelu. Posteriormente interpretou o papel de Benito Lopera Perrote, «o introductor do gotelé» en España, na serie de comedia Manos a la obra, de Antena 3. A serie chegou a cultivar datos de audiencia superiores aos seis millóns de espectadores. Este foi o papel que consolidou a Iglesias como actor de xeito definitivo.

É, amais, director da película Un franco, 14 pesetas (2006), relato autobiográfico sobre un grupo de españois que emigran a Suíza, que lle valeu un nomeamento ao Premio Goya como mellor director novel. En 2011 dirixiu Ispansi (¡Españoles!), sobre o envío de miles de nenos á Unión Soviética ao comezo da Guerra Civil Española.[1][2]

En 2014 estreou 2 francos, 40 pesetas, coa que pecha a súa triloxía sobre a emigración española.[3]

Filmografía editar

Televisión editar

Teatro editar

Cinema editar

Premios editar

Notas editar

  1. Un Franco, 14 Pesetas na IMDb (en inglés).
  2. "Ispansi! (¡Españoles!)". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2012. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  3. Fajinas, Sandra (23/6/2013). "Carlos Iglesias: «Volvería a emigrar a Suiza con los ojos cerrados»". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27/06/2013. Consultado o 22/05/2022. 
  4. Siempre felices