Capsicum frutescens

especie de planta

Capsicum frutescens

Froitos do cultivar Tabasco.
Os vermellos, maduros; os amarelos, "verdes"
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Especie: C. frutescens
Nome binomial
Capsicum frutescens
L., 1753
Sinonimia
Véxase o texto

Capsicum frutescens é un arbusto da familia das solanáceas, unha das catro especies cultivadas do xénero Capsicum, que subministra varios dos cultivares máis picantes de pementos.

Cultivar «Hidalgo», en floración

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1753 por Linneo na páxina 189 do volume 1º da súa obra Species Plantarum.[2]

Sinónimos

editar

Ademais de polo nome Capsicum frutescens, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[2]

  • Capsicum annuum var. frutescens (L.) Kuntze
  • Capsicum baccatum Vell.
  • Capsicum cereolum Bertol.
  • Capsicum comarim Vell.
  • Capsicum fastigiatum Blume
  • Capsicum frutescens Willd.
  • Capsicum frutescens var. glabriusculum (Dunal) M.R.Almeida
  • Capsicum frutescens var. lanicaule Greenm.
  • Capsicum frutescens var. queenslandicum Domin
  • Capsicum indicum Rumph.
  • Capsicum indicum var. ribesium Dierb.
  • Capsicum longum Bouton
  • Capsicum longum Bouton ex Dunal
  • Capsicum micranthum Link
  • Capsicum minimum Blanco
  • Capsicum minimum Roxb.
  • Capsicum odoratum Steud.
  • Capsicum odoriferum Vell.
  • Capsicum pendulum var. majus Dunal
  • Capsicum pendulum var. minus Fingerh.

Nota taxonómica

editar

Actualmente, febreiro de 2022, esta especie e todos os seus taxons infraespecíficos son considerados sinónimos de Capsicum annuum ou de Capsicum baccatum,[3] e o presente artigo debe ser considerado como unha descrición das características e propiedades de simples cultivares de ditas especies.

Características

editar

Os cultivares da pementeira Capsicum frutescens poden ser plantas perennes, anuais ou de curta duración. Son habitualmente bienais, aínda que poden sobrevivir até seis anos, pero a produción de froitos diminúe abruptamente coa idade, e se conserva só polo seu valor decorativo. As plantas poden alcanzar 1 m de altura, aínda que o seu tamaño varía de acordo a riqueza do solo e á temperatura, desenvolvéndose en maior grao en climas máis cálidos. Presentan un follaxe máis denso e compacto que outras especies de Capsicum. As follas son ovoides, lisas, de cor verde bastante claro e miden uns 8 cm de longo. As flores son de hábito vertical, e preséntanse individualmente; a corola é branca verdosa ou amarela verdosa. Son polinizadas por insectos ou son autopolinizadas. Os froitos son bagas, que adoitan creceren erectas; a súa forma vai de elipsoide-cónica a lanceoloide. Adoitan seren moi pequenos e picantes, de 10 a 20 mm de longo e de 3 a 7 mm de diámetro.[4] Os froitos normalmente nacen de cor amarela pálida e maduran até ter unha cor vermella brillante, pero tamén poden ser doutras cores. C. frutescens ten unha variedade de formas menor en comparación con outras especies de Capsicum. Cultivares de C. frutescens foron criados para produciren cepas ornamentais debido ás súas grandes cantidades de pementos erectos que crecen en coloridos patróns de maduración. Os froitos despréndense facilmente do pedúnculo, e así facilitan a súa dispersión polas aves, que son insensíbeis á capsaicina (un irritante químico para os mamíferos, incluídos os humanos, que produce unha sensación de ardor en calquera tecido co que entre en contacto). Unha planta vigorosa pode producir máis de 120 froitos.[5]

Distribución

editar

A diferenza das outras formas domésticas de Capsicum, non se conta con evidencia fósil da súa existencia nos sitios arqueolóxicos americanos, pero suponse que se desernolveu en Norteamérica sobre todo en México, Centroamérica, probabelmente en Panamá, difundíndose paulatinamente pola área do Caribe e o norte de Suramérica.

Distribúese en Centro e Suramérica: Belize, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador. O Salvador, Honduras, Guatemala, Güiana, Güiana Francesa, México, Perú, Suriname e Venezuela.[1]

O uso máis frecuente dos froitos é na elaboración de aderezos picantes. Consómense secos e moídos, macerados en vinagre ou fermentados en salmoira, ou simplemente frescos.

  1. 1,0 1,1 Azurdia, C., Aguilar-Meléndez, A., Cerén-López, J., Contreras, A. & Menjívar, J. (2020): Capsicum frutescens na Lista vermella da UICN. Consultada o 22 de febreiro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Capsicum frutescens L. no GBIF. Consultado o 22 de febreiro de 2022.
  3. The Plant List
  4. Capsicum frutescens L. Arquivado 02 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. en Pacific Island Ecosystems at Risk.
  5. Carvalho, S. I. C.; Ragassi, C. F.; Bianchetti, L. B.; Reifschneider, F. J. B.; Buso, G. S. C.; Faleiro, F. G. (2014): "Morphological and genetic relationships between wild and domesticated forms of peppers (Capsicum frutescens L. and C. chinense Jacquin)" Arquivado 20 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.. Genetics and Molecular Research 13 (3): 7447–7464.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Araceli Aguilar-Meléndez, Marco Antonio Vásquez-Dávila, Esther Katz e María Reyna Hernández Colorado (2018): Los chiles que le dan sabor al mundo. Masella: IRD Éditions/Universidad Veracruzana. ISBN 978-60-7502-699-2.
  • Salvador Montes-Hernández (2010): Recopilación y análisis de la información existente de las especies del género Capsicum que crecen y se cultivan en México. México, D.F.: Comisión Nacional para el Conocimiento y Uso de la Biodiversidad.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  • United States Department of Agriculture. Agricultural Research Service. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. Capsicum frutescens L.