Tabasco (Capsicum)

O tabasco, tamén chamado chile tabasco, é un cultivar do chile Capsicum frutescens, da familia das solanáceas.

Pementos de tabasco (maduros e verdes)

Características editar

 
Pementos de tabasco maduros

É un arbusto que chega aos 2 m de altura, orixinario do estado mexicano de Tabasco.[1][2]

Os pétalos das súas flores son bastante grandes, duns 2 cm, e son de cor branca; os froitos, pequenos, duns 5 cm, son erectos, de forma oblonga, algo afiada. Moderadamente picante, alcanza entre 30 000 e 50 000 unidades na escala Scoville de unidades de picante.[3]

É o ingrediente principal na elaboración da salsa Tabasco,[2] que foi inventada e elaborada por primeira vez en 1868 por Edmund McIlhenny, e para comercializala fundou a empresa McIlhenny Company en Luisiana (Estados Unidos).

Historia editar

A historia tradicional di que a salsa Tabasco foi creada por Edmund McIlhenny. McIlhenny era orixinario de Maryland, pero trasladouse a Nova Orleáns, Luisiana, para buscar fortuna contra 1840. Atopou a súa fortuna entrando no negocio bancario. Na época da Guerra entre os Estados, era un banqueiro exitoso. Porén, a guerra e as súas consecuencias destruíron o seu negocio. Foi a Texas por un tempo, e despois mudouse coa familia da súa muller á illa Avery, en Luisiana. Adquirira algunhas sementes de pemento tabasco dalgunha fonte, e plantounas no seu xardín na illa de Avery. En 1867, McIlhenny comezou a experimentar cunha salsa feita co estes pementos. Esmagou os pementos vermellos das súas plantas, mesturounos co sal que se atopa naturalmente na illa Avery e envelleceu a mestura durante un mes en vasos, botes e barrís. Finalmente, mesturou isto con vinagre de viño branco e envelleceu o resultado un mes máis. Así naceu a salsa Tabasco. En 1870 McIlhenny conseguiu unha patente para a súa invención. Comezou a comercializalo ao longo da costa do golfo de México e, en poucos anos, fíxose popular en todo o país, e en todo o mundo.[2]

Notas editar

  1. Chile Tabasco. Capsicum frutescens en enciclovida.mx.
  2. 2,0 2,1 2,2 Tabasco Sauce History and Lore (en inglés).
  3. McGee, Harold (2004): On Food and Cooking: The Science and Lore of the Kitchen. New York, NY: Simon and Schuster USA. ISBN 978-0-6848-0001-1, p. 421.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar