Calidris ptilocnemis

Calidris ptilocnemis é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.

Cerca de Eureka, California
Pito acabado de nacer
Na illa de St. Paul (Illas Pribilof)

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1873 polo cirurxián, historiador e ornitólogo estadounidense Elliott Coues, baixo o nome de Tringa ptilocnemis.[2]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Calidris.

O epíteto específico, ptilocnemis, está formado polos elementos ptilo- e -cnemis, tirados das voces do grego antigo πτίλον ptílon, "pluma" e κνἠμη knḗmē, "perna", "pata", respectivamente.[3]

Sinónimo editar

Tringa ptilocnemis Elliot, 1873.[2]

Nota taxonómica editar

Antigamente a especie estaba clasificada dentro do xénero Erolia,[4][5] pero hoxe sitúase con outras 23 especies no xénero Calidris, que fora creado en 1804 polo naturalista alemán Blasius Merrem.[6][7]

Subespecies editar

Actualmente (2022) recoñécense as 44 subespecies seguintes:[8]

  • Calidris ptilocnemis couesi (Ridgway, 1880)
  • Calidris ptilocnemis ptilocnemis (Coues, 1873)
  • Calidris ptilocnemis quarta (Hartert, 1920)
  • Calidris ptilocnemis tschuktschorum (Portenko, 1937)

Hábitat e distribución editar

O seu hábitat de cría é tundra ártica, nas costas do Pacífico, en Alasca, as illas Aleutianas e as Pribilof; tamén se reproducen en Kamchatka e nas illas Kuriles.[9]

Características editar

Os adultos teñen as patas curtas e de cor amarela, o pico é de tamaño mediano, delgado e de cor escura. O corpo é escuro nas partes superiores cun brillo lixeiramente violáceo nas inferiores, que son principalmente brancas. Ten o peito manchado de gris, e a grupa negra. A subespecie das illas Pribilof mostra un parche negro no ventre.

Bioloxía editar

A parella reprodutora adoita ser monógama, con vínculos de parella que poden durar varios anos.

Aniñan no solo, xa sexa nn lugar elevado sobre as rochas ou nn lugar baixo e húmido. Tanto o macho como a femia asumen a responsabilidade da incubación dos ovos.

Estas aves migran en inverno cara ao sur, até as costas rochosas do Pacífico libres de xeo.

Aliméntanse nas costas rochosas e comen principalmente insectos, moluscos, vermes mariños, e tamén algo de materia vexetal. A miúdo comen coa auga que lles chega até o peito, nadando nalgunhas ocasións.

Estado de conservación editar

Esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerable baixo o criterio do tamaño da área de distribución, e a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerable baixo o criterio de tendencia da poboación. O tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerable segundo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos a especie é avaliada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2018): Calidris ptilocnemis na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 4 de setembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Coues, Elliot (1875) [1873]: "A Report Upon the Condition of Affairs in the Territory of Alaska". Washington: U.S. Government Printing Office, p. 182. Footnote.
  3. Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  4. Peters, James Lee, ed. (1934): Check-List of Birds of the World. Vol. 2. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, p. 285.
  5. Committee on Classification and Nomenclature (1973): "Thirty-Second Supplement to the American Ornithologists' Union Check-List of North American Birds". Auk 90 (2): 411-419.
  6. Merrem, Blasius (8 de xuño de 1804): "Naturgeschichte". Allgemeine Literatur-Zeitung 168 Col. 542. (Publicado anonimamente).
  7. Gill, Frank; Donsker, David & Rasmussen, Pamela, eds. (Xullo de 2021): "Sandpipers, snipes, coursers". IOC World Bird List. Versión 11.2. Unión Ornitolóxica Internacional.
  8. Calidris ptilocnemis (Coues, 1873) na BioLib. Consultada o 4 de setembro de 2022.
  9. Ruthrauff, D. R.; Dekinga, A.; Gill Jr, R. E. & Piersma, T. (2018): "Energetic solutions of Rock Sandpipers to harsh winter conditions rely on prey quality". Ibis 160 (2): 397–412.

Véxade tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar