Club de Rugby Arquitectura Técnica
O Club de Rugby Arquitectura Técnica, popularmente chamado polo seu acrónimo CRAT, é un club de rugby da cidade da Coruña, fundado en 1976, que xoga os seus encontros como local no campo de rugby do Complexo Deportivo de Acea de Ama, en Culleredo. Por mor do convenio de colaboración que o club ten asinado coa Universidade da Coruña, tódolos seus equipos compiten baixo a denominación CRAT UDC.
Nome | Club de Rugby Arquitectura Técnica | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Aparelladores, cratarians | ||
Fundación | 1976 | ||
Sede | A Coruña, Galiza | ||
Estadio(s) | Complexo Deportivo Acea de Ama | ||
Capacidade | ? espectadores | ||
Presidente | Alfredo López | ||
Adestrador | Josean Portos e Jorge Martínez-Morás (primeiro equipo masculino) Rogelio Savio e Evaristo Martínez (primeiro equipo feminino) | ||
Capitán | Mauro Álvarez (homes) Elena Roca (mulleres) | ||
Anotador | ? | ||
Ensaios | ? | ||
Liga(s) | División de Honra B (homes) División de Honra (mulleres) | ||
2014/15 | 6º (homes) 1º (mulleres) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.cratcoruna.com |
O primeiro equipo sénior masculino compite na División de Honra B, a segunda división do rugby español. Pola súa banda, o primeiro equipo sénior feminino compite na División de Honra feminina, acadando dous títulos de liga nas tempadas 2014/15 e 2018/19.
Historia
editarO C. R. A. T. foi fundado en outubro de 1976 por Ignacio Lobón Tovar e un grupo de estudantes pertencentes na súa maioría á Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña para participar na Liga Universitaria de Rugby.
En novembro de 1976 o C. R. A. T. disputou en Santiago de Compostela o seu primeiro encontro contra o equipo de Medicina, perdendo por 25-4. O 24 de decembro de 1979 o C. R. A. T. xogou o seu primeiro partido como local na Coruña, no campo da Granxa, gañando por 4-0 ao equipo de Medicina de Santiago.
Durante a tempada 1980-81, o C. R. A. T. chegou á Fase Final Nacional Universitaria celebrada en maio de 1981 en Granada logo de quedar campión da Liga Universitaria Galega e da Fase Sector celebrada en Oviedo durante os meses de abril e maio.
O 6 de xullo de 1983 constituíuse formalmente a primeira Xunta Directiva do Club, presidida por Maximino Casares Ozores.
Logo de dez tempadas xogando regularmente os play-offs de ascenso á División de Honra B, na tempada 2011-12 materializábase o ascenso á división de prata tras desfacerse do Barcelona Universitari Club na eliminatoria disputada a dobre partido ao gañar en Barcelona (10-13) e perder na Coruña (19-20).
Palmarés
editar- Traxectoria do primeiro equipo sénior masculino nas distintas competicións ligueiras e na Copa Xunta dende finais dos anos 80 [1]
Categoría | 2016 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | |||||||||||||||||||||||||||||
Div.Honra B | 6º | 5º | 8º | 9º | 6º | 7º | 6º | ||||||||||||||||||||||
1ª Nacional | 1º | 1º | 1º | 2º | 2º | 1º | 1º | 1º | 3º | 2º | 2º | 3º | 2º | 3º | 11º | ||||||||||||||
1ª Galega | 2º | 1º | ?º | 1º | ?º | ?º | |||||||||||||||||||||||
2ª Galega | |||||||||||||||||||||||||||||
Copa Xunta | 2 | 1 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 1 | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 | 1 |
A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A 2ª Galega non existiu entre as tempadas 2006/07 e 2011/12. Actualizado o 30 de novembro de 2012.
Competicións copeiras
editar- Copa da FER: 2 títulos.
- 1ª posición: 1996/97, 1998/99
- 2ª posición: -
- Copa Xunta de rugby: 8 títulos.
- 1ª posición: 1987/88, 1991/92, 1993/94, 1996/97, 1999/00, 2000/01, 2004/05, 2013/14
- 2ª posición: 1994/95, 2002/03, 2003/04, 2005/06, 2006/07, 2008/09, 2009/10, 2010/11, 2011/12, 2014/15
Competicións ligueiras
editar- Tempadas en División de Honra: -.
- Tempadas en División de Honra B: 8ª.
- Mellor posición: 5º, en 2013/14.
- Tempadas en Primeira Nacional: 15.
- Mellor posición: 1º, en 2004/05, 2005/06, 2006/07, 2009/10, 2010/11 e 2011/12.
- Tempadas en Segunda Nacional: 1.
- Mellor posición: 4º, en 1983/84.
- Tempadas en Primeira Territorial: ?.
- Mellor posición: 1º, en 1992/93.
Tempada actual
editarPosición | Equipo | Puntos | Encontros | Bonus | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogados | Gañados | Empates | Derrotas | Ofensivos | Defensivos | |||||
1 | Ferrol | 60 | 12 | 12 | 0 | 0 | 12 | 0 | ||
2 | Ingleses | 54 | 12 | 11 | 0 | 1 | 10 | 0 | ||
3 | CRAT | 43 | 12 | 9 | 0 | 3 | 7 | 0 | ||
4 | Lalín | 41 | 12 | 8 | 1 | 3 | 6 | 1 | ||
5 | Pontevedra | 40 | 12 | 9 | 0 | 3 | 4 | 0 | ||
6 | Muralla | 31 | 12 | 6 | 0 | 6 | 5 | 2 | ||
7 | Vigo B | 29 | 12 | 6 | 0 | 6 | 5 | 0 | ||
8 | Mareantes | 22 | 12 | 5 | 0 | 7 | 2 | 0 | ||
9 | Zalaeta | 21 | 12 | 4 | 1 | 7 | 3 | 0 | ||
10 | Ourense B | 15 | 12 | 3 | 0 | 9 | 1 | 2 | ||
11 | Santiago | 12 | 12 | 2 | 0 | 10 | 1 | 3 | ||
12 | Barbanza | 10 | 12 | 2 | 0 | 10 | 0 | 2 | ||
13 | Fendetestas | 2 | 12 | 0 | 0 | 12 | 0 | 2 |
Logros
editarCategoría Sénior
editar- 4 Campionatos Liga Primeira Nacional Grupo A (2005, 2006, 2007 e 2010)
- 4 Subcampionatos Liga Primeira Nacional Grupo A (1996, 1998, 2003 e 2008)
- 2 Copas Federación Española F.E.R. (1997 e 1999)
- Terceiro Posto Fase Ascenso a División de Honra (1998)
- Clasificación Copa do Rei (2001)
- 9 veces MELLOR CLUB GALEGO (1991, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999 e 2001), galardón outorgado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia).
- 2 Campionatos Liga Galega 1ª División (1990 e 1992)
- 1 Subcampionato Liga Galega 1ª División (1993)
- 7 Copas Xunta de Galicia (1988, 1992, 1994, 1997, 2000, 2001 e 2005)
- 5 Subcampionatos Copa Xunta de Galicia (1995, 2003, 2004, 2006 e 2007)
- 1 Campionato Liga Galega 2ª División (2005)
- 3 Fases de Ascenso a Primeira Nacional (1990, 1992 e 1993)
- 6 Fases de Ascenso a División de Honra B (2003, 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008)
- 1 Campionato Liga Universitaria (1981)
- 4 Subcampionatos Liga Universitaria (1977, 1978, 1979 e 1980)
Categoría Xuvenil
editar- 8 Campionatos Liga Galega (1990, 1992, 1994, 1995, 1996, 1999, 2003 e 2007)
- 6 Subcampionatos Liga Galega (1991, 2000, 2004, 2005, 2006 e 2008)
- 3 Copa Xunta de Galicia (1992, 1995 e 2007)
- 5 Subcampionatos Copa Xunta de Galicia (1989, 1991, 2000, 2006 e 2008)
- 8 Participacións en Campionatos de España (1990, 1994, 1995, 1996, 1999, 2000, 2003 e 2004)
Categoría Cadete
editar- 5 Campionatos Liga Galega (1989, 1990, 1991, 1992 e 2006)
- 5 Copa Xunta de Galicia (1990, 1991, 1992, 2006 e 2007)
- 5 Subcampionatos Copa Xunta de Galicia (1989, 1991, 2000, 2006 e 2008)
- 5 Participacións nos Campionatos de España (1989, 1990, 1991, 1992 e 2006)
Categoría Infantil
editar- 3 Campionatos Liga Galega (1990, 1991 e 1992)
- 2 Copa Xunta de Galicia (1990 e 1992)
- 4 Participacións en Campionatos de España (1988, 1990, 1991 e 1992)
Categoría Preinfantil
editar- 4 Campionatos Liga Galega (1989, 1990, 1991 e 1992)
- 3 Copa Xunta de Galicia (1989, 1990 e 1992)
- 3 Participacións en Campionatos de España (1988, 1990, 1991 e 1992)
Categoría Feminina
editar- 1 Campionato Liga Galega (1995)
- 1 Subcampionato Liga Galega (1994)
- 1 Copa Xunta de Galicia (1995)
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |