Club de Rugby Ferrol

O Club de Rugby Ferrol é un equipo de rugby da cidade de Ferrol, fundado en 2008. Compite na Liga Galega de Rugby e xoga os seus encontros como local no estadio de atletismo de A Malata. Ten dous títulos da Liga Galega acadados nas tempadas 2016/17 e 2017/18.

Club de Rugby Ferrol
NomeClub de Rugby Ferrol
Fundación30 de xuño de 2008
SedeFerrol
Estadio(s)Campo da Malata
Capacidade800 espectadores
PresidenteCristóbal Dobarro
AdestradorJuan Pablo Chorny
Liga(s)LGR1
2017-18Campión
Casa
Fóra
Páxina web
clubrugbyferrol.com

HistoriaEditar

O Club de Rugby Ferrol naceu como un proxecto unificador do rugby local, que anos atrás estivera representado por varios equipos, entre eles o CR Marina e o Almallo RC, incluíndo nesa fusión á Escola de Rugby municipal e ó Veteranos Rugby Ferrol.

A traxectoria do club nas competicións rexionais foi moi discreto ate a chegada do xogador internacional ferrolán Francisco "Pakito" Usero no verán de 2013, despois de catorce anos xogando no Vigo Rugby Club.

O 17 de maio de 2014 o Club de Rugby Ferrol disputou a súa primeira e única final da Copa Xunta. O encontro, xogado no estadio do Poboado de As Pontes, enfrontou ó CR Ferrol co CRAT da Coruña, gañando o equipo coruñés por 35 a 3. Mentres que o CRAT era un equipo que levaba case 20 anos competindo en torneos a nivel nacional, o CR Ferrol viña de acadar o ascenso á primeira división galega.

No verán do ano 2014 tanto CR Ferrol como Os Ingleses RC asinaron un acordo de filiación co Vigo Rugby Club por dous anos. Froito dese acordo o 6 de decembro o club vigués disputou un dos seus encontros da División de Honra na Malata, fronte ó histórico Canoe. Nesa tempada 2014/15 o CR Ferrol foi o equipo dominador da liga galega na súa fase regular, pero chegadas a eliminatorias polo título caeu á primeira fronte ó Muralla Rugby Club. Malia iso disputou a fase de ascenso caendo ás primeiras contra os navarros de La Única.

Na tempada 2015/16 o equipo xogou a final da liga galega caendo fronte ó Ourense Rugby Club por 42 a 7. Disputou a fase de ascenso á División de Honra B nacional, pero caeu eliminado polo Universitario de Bilbao.

O 8 de abril de 2017 o Club de Rugby Ferrol gañou a final da Liga Galega batendo por 34 a 17 ó Rugby Ourense Keltia na Malata, converténdose no primeiro equipo ferrolán que acaba este título dende que o fixera o Club de Rugby Marina Ferrol en 1986.

Tempada actualEditar

Táboa da LGR 2019-2020
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 Ferrol 35 7 7 0 0 7 0
2 Pontevedra 27 7 6 0 1 3 0
3 Ingleses 24 6 5 0 1 4 0
4 CRAT 24 6 5 0 1 4 0
5 Lalín 20 6 4 0 2 3 1
6 Zalaeta 19 7 4 0 3 3 0
7 Muralla 16 7 3 0 4 2 2
8 Ourense B 10 6 2 0 4 1 1
9 Vigo B 10 7 2 0 5 2 0
10 Mareantes 8 6 2 0 4 0 0
11 Santiago 7 6 1 0 5 1 2
12 Barbanza 5 7 1 0 6 0 1
13 Fendetestas 1 6 0 0 6 0 1

Ligazóns externasEditar