Liga Galega de Rugby
A liga galega de rugby e a competición que enfronta ós clubs de rugby galegos, divididos en dúas divisións, a LGR1 e a LGR2. A liga está organizada pola FGR, que tamén organiza a Copa Xunta de Rugby. Tódolos clubs galegos participan na liga galega, mesmo os que compiten nas dúas competicións nacionais (a División de Honra A e División de Honra B), xa que os clubs que compiten en competicións nacionais teñen a obriga de ter equipos filiais nas súas ligas rexionais.
| |||
Tipo | competición deportiva | ||
---|---|---|---|
Deporte | rugby a 15 | ||
Organizador | Federación Galega de Rugby | ||
Localización e Datas | |||
Localización | Galicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 | ||
País | España | ||
Vixencia | 1983 – | ||
Período de ocorrencia | 1 ano | ||
Competición | |||
Primeiro posto | Ourense Rugby Club (4º) (2024) | ||
Outro | |||
Páxina web oficial | rugby.gal | ||
Mapa dos equipos
editarCampións
editarA actual liga galega de rugby naceu na tempada 1983/1984 con cinco equipos participantes, dous da Coruña (Zalaeta e CRAT), un de Santiago (Universitario), un de Ferrol (Marina) e un de Vigo (Bocoi), sendo o primeiro equipo campión o equipo de Santiago de Compostela. O cadro de campións é o seguinte:
|
|
- Títulos por club
- 6 Títulos: Xabarín
- 4 Títulos: Ferrol, CRAT, Vigo, Ourense
- 3 Títulos: Lalín, Mareantes, Zalaeta, Muralla, Ingleses
- 2 Títulos: Marina
- 1 Títulos: CDU Santiago, Compostela,
Liga feminina
editarA liga galega feminina de rugby é de nova creación. A maioría de clubs de rugby galegos non teñen sección de rugby feminino, de xeito que a liga galega é de pequeno tamaño. Na tempada 2017-18 e 2018/19 houbo cinco equipos disputando o torneo, sendo algúns deles reforzados por xogadoras doutros clubs que non participan:
- CAMPIOAS
- 2015-16 - Muralla RC
- 2016-17 - CR Lalín
- 2017-18 - Muralla RC
- 2018-19 - CRAT
- 2019-20 -
- 2020-21 -
- 2021-22 -
- 2022-23 -
- 2023-24 - Pontevedra RC
- 2024-25 -