Abrir o menú principal

Liga Galega de Rugby 2015-16

A edición 2015-2016 da Liga Galega de Rugby contou con 13 equipos participantes repartidos en dúas divisións, a LGR1 e a LGR2. A diferenza coa tempada anterior foi a ausencia do Bierzo RC de Ponferrada que decidiu competir na liga da súa Comunidade Autónoma por mor do aumento no prezo das licenzas para xogar en Galicia. A fase de liga regular da primeira división tivo 14 xornadas, comezando o 8 de novembro de 2015 e rematando o 20 de marzo de 2016. A final disputouse o 9 de abril de 2016 e nela o Ourense Rugby Club acadou por segundo ano seguido o título de campión batendo ó Club de Rugby Ferrol.

Formato da competiciónEditar

Na tempada 2015/16 a LGR1 contou con 7 equipos e a LGR2 con 6:

O formato da LGR1 consistiu nunca liga regular de 14 xornadas na que cada equipo se enfrontou ós demais dúas veces, unha vez como local e outra vez como visitante. Xa que o número de equipos foi impar, cada equipo descansou dúas xornadas durante esa fase da competición. Tralo remate da liga regular comezaron as eliminatorias polo título e pola permanencia.

As eliminatorias polo título de campión foron disputadas polos catro primeiros equipos da táboa e consistía en dúas semifinais e unha final, sempre nun único encontro, que se disputou no campo do equipo mellor clasificado. As semifinais enfrontaron ó 1º contra o 4º, e ó 2º contra o 3º.

O campión e o subcampión da liga galega de rugby acadaron o dereito a disputar a fase de ascenso á División de Honra B, a segunda división do rugby nacional.

O ascenso da LGR2 á LGR1 foi do seguinte xeito: o campión da LGR2 ascendía directamente á LGR1. O último clasificado da LGR1 descendía directamente á LGR2. Por outra banda, o penúltimo da LGR1 disputaba unha eliminatoria a ida e volta contra o subcampión da LGR2. O gañador da eliminatoria acadaba unha praza na LGR1, e o perdedor na LGR2.

CompeticiónEditar

Na fase de liga regular o dominio pertenceu ó vixente campión, o Ourense Rugby Club, que só perdeu un encontro, seguido de preto polo Club de Rugby Ferrol, que só perdeu dous. Na fase de eliminatorias os dous cumpriron cos prognósticos e xogaron a final, que tivo lugar en Ourense o 9 de abril de 2016. Nela o equipo ourensán adestrado polo ex internacional David Monreal gañou por 42 a 7, acadando deste xeito o seu segundo campionato galego de liga consecutivo, sumando en total o seu terceiro título de liga.

LGR1
Táboa da LGR1 2015-2016
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 Ourense RC 54 12 11 0 1 10 0
2 CR Ferrol 50 12 10 0 2 9 1
3 Mareantes RCP 26 12 5 0 7 3 3
4 Pontevedra RC 25 12 6 0 6 1 0
5 Os Ingleses RC 21 12 5 0 7 1 0
6 CR Lalín 17 12 3 0 9 2 3
7 Muralla RC 14 12 2 0 10 1 5

Descenso do Muralla RC. Promoción para o CR Lalín.

Semifinais:
Final:

Campión o Ourense RC.

LGR2
Táboa da LGR2 2015-2016
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 RO Keltia 48 10 10 0 0 8 0
2 CR Fendetestas 36 10 7 0 3 7 1
3 CD Zalaeta 33 10 7 0 3 5 0
4 Santiago RC 20 10 4 0 6 4 0
5 CRAT "B" 6 10 1 0 9 1 1
6 Vigo RC "B" 4 10 1 0 9 1 1
Semifinais:
Final:

Ascenso para o RO Keltia. Promoción para o CR Fendetestas.

Promoción

Permanencia en LGR1 para o CR Lalín.

Véxase taménEditar