Federación Galega de Rugby
organización deportiva galega
A Federación Galega de Rugby ou FGR é o ente encargado do fomento e a difusión do rugby en Galicia, rexida conforme ó disposto nos estatutos da Federación Española de Rugby, á cal representa no territorio galego.
Federación Galega de Rugby | |||
---|---|---|---|
Tipo | federación deportiva galega ![]() | ||
Deporte | rugby ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1983 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | A Coruña ![]() | ||
Área de operación | Galicia ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | rugby.gal ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Historia
editarA antiga FGR foi creada en marzo de 1943, con domicilio social en Vigo, disolta en 1952 e reconstituída de novo en 1957, volveuse inactiva durante os anos 70s.
A actual FGR foi creada en 1983, e a primeira xunta directiva foi a composta por:
- Presidente: Maximino Casares Ozores
- Vicepresidente: Manuel Garrido Arrüti
- Secretario: Ezequiel González Patiño
- Vocal: José Flores
- Vocal: Gerardo Dorda
A FGR organiza tódolos anos a Liga Galega de Rugby cuxa primeira edición na tempada 83/84 contou coa participación de cinco clubs: o Marina (Ferrol), o Zalaeta (A Coruña), o Universitario (Santiago), o Bocoi (Vigo) e o Arquitectura Técnica (A Coruña).
Presidentes
editar- Primeira etapa
- Dende ????: Enrique de Sas Taboada
- Dende ????: Concejo
- Dende 1947: Fernando Pereiro Carrero
- Dende ????: Ramón Iglesias Louzao
- Segunda etapa
- Dende 1957: Castor Alonso Bar
- Dende ????: Ricardo Terre Marcelles
- Dende 1965: Joaquín Ocón García
- Etapa actual
- Dende 1983: Maximino Casares Ozores
- Dende 1991: Julián Valiente Romero
- Dende 1992: Gerardo Dorda Estrada
- Dende 1995: Antonio Lemos Mariño
- Dende 1999: Juan Manuel Espiña López
- Dende 2011: José Ignacio Cociña Iglesias
Licenzas
editarEn 2017 a FGR conta con:
- 16 clubs [1]
- 23 árbitros
- 68 delegados
- 92 adestradores
- 440 xogadores categoría sénior
- 848 xogadores categorías inferiores