Construcciones Aeronáuticas SA

(Redirección desde «CASA»)

Construcciones Aeronáuticas SA (CASA) foi un construtor aeronáustico español fundado en 1923 que comezou a fabricación de aeronaves no ano seguinte. En 1999 converteuse nunha subsidiaria de EADS (European Aeronautic Defence and Space Company) baixo o nome de EADS CASA e en 2009 foi absorvida por Airbus Military. CASA destacou por deseñar e fabricar transportes militares como o CASA C-212 Aviocar, o CASA CN-235, o CASA C-295 e o adestrador/avión de ataque ao chan CASA C-101.

Construcciones Aeronáuticas SA

Editar o valor em Wikidata
Fundación1923
Industriaaviación
Produtosavións
Na rede
http://www.casa.eads.net/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Construcciones Aeronáuticas SA (CASA) foi fundada por José Ortiz-Echagüe en 1923 e comezou a traballar nunha fábrica en Xetafe en maio de 1924 fabricando avións Breguet baixo licenza. O primeiro pedido estivo formado por 26 19 A.2; a produción total deste modelo chegou ás 400 unidades..

CASA construíu unha segunda fábrica en Cádiz en 1926 para fabricar unha copia baixo licenza do hidroavión alemán Dornier Do. J Wal. CASA fabricou 17 unidades para o Exército do Aire de España, 12 para a Aviación Naval da Armada Española e dous para uso comercial. CASA tamén operou distintas instalacións en España para a reparación e o mantemento de aeronaves. En 1929 voou o CASA-1, o primeiro avión deseñado pola compañía. O rei Afonso XIII de España visitou a principal fábrica da compañía no ano 1930. CASA tamén fabricou o Breguet 19 francés, dous dos cales se fixeron especialmente famosos. Un foi o Breguet XIX GR (Grand Raid) bautizado Jesus del Gran Poder, no presente conservado no Museo del Aire de Cuatro Vientos (Madrid), que voou entre Sevilla e Baía, Brasil, en 1929. Este avión estivo pilotado polos capitáns Ignacio Jiménez e Francisco Iglesias e cubriu unha distancia de 6 746 km en 43 horas e 50 minutos. O outro foi o Breguet XIX Super Bidon, bautizado Cuatro Vientos; foi voado por Mariano Barberán e Joaquín Collar Serra ata A Habana en 1933. En 1932 CASA obtivo a licenza da compañía británica Vickers para fabricar 25 torpedeiros baseados en terra Vickers Vildebeest, que foron equipados con motores Hispano de 600 CV.

Durante a guerra civil española a fábrica de CASA en Xetafe estaba situada na zona republicana. Foi trasladada a Alacant e abriuse outra en Sabadell. Ao final da guerra a produción regresou a Xetafe. CASA fabricou o caza biplano ruso Polikarpov I-15, producindo 287 unidades antes do fin do conflito.

Despois da guerra civil CASA abriu unha nova planta en Tablada, Sevilla, despois de obter varias licenzas de avións de Alemaña e fabricou 25 Gotha Go 145A como o CASA 1145, 25 Bücker Bü 133 como o CASA 1133 e 555 Bücker Bü 131 como o CASA 1131. A produción do Bü 131 continuou ata finais dos anso 50, e a partir do exemplar 201 usouse o motor español ENMASA VAT Tigre G-125. En 1940 CASA comezou a fabricación baixo licenza de 200 bombardeiros Heinkel He 111 con motores Rolls Royce Merlin importados, co nome de CASA 2111.

Comezando en 1943, o goberno español comezou a investir en CASA, primeiro obtendo un 33% das accións da compañía, chegando no ano 1992 a controlar o 99,2%. En 1945 CASA abriu unha fábrica en Madrid dedicada a fabricar as partes e subpartes dos seus distintos avións e facendo revisións e mantemento. En 1946 CASA volveu a establecer a oficina de proxectos e continuou co deseño de avións baseados na súa propia tecnoloxía. En 1957 CASA gañou un contrato da USAF para o mantemento dos seus F-100 Super Sabres baseados en Europa e Turquía e un contrato para o Exército do Aire español para revisar os seus T-33. A compañía comezou a fabricar o cazabombardeiro Northrop F-5A baixo licenza en 1962. En 1971 CASA fusionouse con Hispano Aviación.

CASA foi un dos membros orixinais do consorcio Airbus con Francia, Alemaña e o Reino Unido en 1972. En 1977 CASA obtivo un contrato para deseñar e construír o C-101, un adestrador e avión de ataque para o Exército do Aire español. CASA uniuse ao proxecto Eurofighter 2000 no ano 1996.

CASA foi parte de EADS con Aérospatiale-Matra de Francia, Dornier GmbH e DASA de Alemaña e despois de 1999 convértese en EADS CASA.

Produtos editar