Abrir o menú principal

O CASA C-212 Aviocar é un avión de transporte medio con capacidade STOL propulsado por dous turbohélices deseñado e construído en España por CASA para uso tanto civil como militar. O C-212 tamén é fabricado baixo licenza en Indonesia por Indonesian Aerospace (IAe), anteriormente chamada IPTN. O deseño foi inicialmente comercializado co nome de Aviocar, pero EADS-CASA xa non usa ese nome para referirse ao C-212.

CASA C-212 Aviocar
SpAF CASA C-212-100 Aviocar JBM.jpg
FabricanteCASA, EADS CASA, Indonesian Aerospace
Primeiro voo26 de marzo de 1971
Introducidomaio de 1974
Produción1971 - presente

EADS-CASA entregou un total de 478 C-212 de todas as variantes e IAe uns 100 exemplares. A día de hoxe EADS-CASA só fabrica o C-212-400, que recibiu a certificación española en 1998. O C-212-200 só se fabrica en Indonesia, e IAe informou estar preparándose para comezar a montar o modelo -400.

DesenvolvementoEditar

Durante os anos 60 o Exército do Aire de España aínda operaba desfasados transportes con motores de pistóns, incluídos o trimotor Junkers Ju 52 e o bimotor Douglas C-47. Co obxectivo de cumprir as necesidades do Exército do Aire para modernizar a súa forza de transporte CASA propuxo o C-212, un avión de transporte bimotor de 18 asentos que sería capaz de realizar distintos roles militares, como transporte de pasaxeiros, ambulancia e transporte de paracaidistas, aínda que tamén era axeitado para o uso civil.[1] O primeiro prototipo voou o 26 de marzo de 1971. En 1974 o Exército do Aire decidiu mercar o Aviocar para actualizar a súa frota.

As aeroliñas tomaron nota do éxito do modelo cos militares, polo que CASA desenvolveu unha versión comercial, sendo os primeiros exemplares entregados en xullo de 1975. En agosto de 2006 había un total de 30 CASA C-212 de todas as variantes servindo en aeroliñas en todo o mundo.[2] O -400 foi introducido en 1997 cunha cabina de cristal e motores máis potentes.[3]

En 2010 Airbus Military dixo que non podía permitirse o luxo de producir o C212 en Europa e a fabricación en Sevilla baixou a catro en dous anos, sendo o derradeiro C-212 producido en España entregado a finais de decembro de 2012 á Policía Marítima do Vietnam. En 42 anos fabricáronse 477 avións para 92 operadores.[3]

Fabricación indonesiaEditar

IPTN e Nurtanio montou o modelo baixo licenza en Bandung, Indonesia, durante os anos 70 e 80. A mediados de 2011 Airbus accedeu a colaborar co seu sucesor PTDI, que ten unha licenza para vender o C212 en Asia. PTDI fabrica o NC-212, unha actualización do 212-400 con nova aviónica e piloto automático dixital, e unha cabina que pode acomodar ata 28 pasaxeiros.[3]

NotasEditar

  1. Simpson Air International January 2005, p. 32
  2. Flight International, 3-9 de outubro de 2006
  3. 3,0 3,1 3,2 "Airbus Military Transfers C212 Production to Indonesia". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2018-11-27.