O CASA C-207 Azor foi un avión de transporte de tropas e carga de curto e medio alcance bimotor de á baixa, aínda que inicialmente foi planeado para o mercado civil como avión de pasaxeiros.​ Foi construído pola compañía española Construcciones Aeronáuticas S.A. (CASA) a comezos dos anos 1950, e empregado exclusivamente polo Exército do Aire español. Derivado do tamén bimotor CASA C-202 Halcón, no momento da súa aparición no ano 1958 tiña unhas características inferiores a outros modelos que se atopaban en desenvolvemento en Europa, como o Fokker F27 neerlandés ou o Avro 748 británico,[1]​ polo que foron construídos en reducido número.[2]

CASA C-207 Azor
Tipotransporte
FabricanteCASA
Primeiro voo28 de setembro de 1955
Introducido1960
Retirado1982
Principais usuariosExército do Aire de España
Produción1952 - 1967
Unidades construídas20 + 2 prototipos

Notas editar

  1. "Oldprops Casa 207 Azor". www.oldprops.ukhome.net. Consultado o 2022-05-07. 
  2. "EADS N.V. - CASA C-207 "Azor"". web.archive.org. 2007-12-14. Archived from the original on 14 de decembro de 2007. Consultado o 2022-05-07.