Airbus Group

(Redirección desde «EADS»)

Airbus Group SE é un grupo aerospacial e de defensa europeo. Entre as empresas participantes está Airbus dedicada á produción de avións comerciais e Airbus Military que manufactura avións militares. Eurocopter, o principal subministrador mundial de helicópteros; Astrium, líder europeo en programas espaciais desde o Ariane ata o Galileo; e Cassidian que produce sistemas de seguridade e defensa.

Airbus Group
Logo
AcrónimoAirbus
Tiponegocio, empresa, konzern e empresa de capital aberto
Data de fundacióndecembro de 1970
Presidente/aRené Obermann (en) Traducir (2020-) Editar o valor en Wikidata
Director/aThomas Enders, Louis Gallois e Guillaume Faury
Nº de empregados147.893 (2023) Editar o valor en Wikidata
Organización subsidiariaAirbus Defence and Space, Airbus Helicopters, Cassidian, Astrium, Airbus Military, Airbus Operations S.A.S, STELIA Aerospace, Infoterra Ltd, Airbus UK, Laboratoire Sciences de l'Univers au Cerfacs, Airbus e ATR
SedeTolosa, Blagnac, París, Ottobrunn e Leiden
PaísPaíses Baixos
Na rede
https://www.airbus.com/
editar datos en Wikidata ]

EADS formouse o 10 de xullo de 2000 coa unión de Aérospatiale-Matra de Francia, DaimlerChrysler Aerospace AG (DASA) de Alemaña e Construcciones Aeronáuticas SA (CASA) de España operando baixo a lexislación neerlandesa con sede social en Leiden[1]. EADS é o socio principal no consorcio Eurofighter e ten un papel prominente no provedor de sistemas de mísiles MBDA. No ano 2009, EADS tivo uns ingresos de 42.820 millóns de euros, empregando a 119,500 traballadores.

Principais produtos

editar
 
Airbus A380
 
Eurofighter Typhoon
 
Eurocopter Tiger

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar