Brañas de Xestoso
Coordenadas: 42°40′58″N 8°22′09″O / 42.6827498, -8.369244
Brañas de Xestoso | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC | ||
Ano de constitución: | Decembro de 2004 | ||
Superficie: | 1.077 ha. | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014. | ||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | Pontevedra | ||
Concellos: | A Estrada, Forcarei, Silleda | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
As brañas de Xestoso son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) situado nos concellos de Forcarei, Silleda e A Estrada, entre os ríos Ulla, Deza e Umia. O espazo acolle a lagoa Sacra de Olives[1] e o Monte San Sebastián.
Flora e fauna Editar
Flora Editar
As brañas de Xestoso comprenden diversos ecosistemas. Nas matogueiras baixas dominan as ericáceas e as leguminosas higrófilas, nas herbeiras dominan as gramíneas, nas turbeiras abundan os liques e os xuncos, mentres que nas zonas de transición cara aos prados húmidos predominan as queirogas, carqueixas e pereiras. Tamén hai rochedos silíceos e carballeiras.
Fauna Editar
Entre a fauna destaca o miñato, o falcón, a aguia albela, o paporroibo, o sisón, a laverca, a cobra viperina, ademais de diversas especies de ras e sapos.
Galería de imaxes Editar
-
A Lagoa de Xestoso, nas Brañas de Xestoso
-
Lagoa en decembro
-
Lagoa en nadal
-
A Lagoa de Xestoso
Notas Editar
- ↑ Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Brañas de Xestoso". Consultado o 27 de outubro de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brañas de Xestoso |