Berna
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
A cidade de Berna[1] (en alemán e oficialmente: Bern) é o Bundesstadt (cidade federal, de facto capital) de Suíza. Con 142.479 habitantes (390.000 na súa aglomeración e 660.000 na súa área metropolitana) é a quinta cidade máis poboada da Confederación (despois de Zürich, Xenebra, Basilea e Lausana).
Bern (de) Berne (fr) Berna (it) Berna (rm) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Cantóns | Berna | ||||
Rexión administrativa | Bernese Mittelland administrative region (en) | ||||
Distrito administrativo | distrito administrativo de Berna-Mittelland | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Breitenrain-Lorraine (en) Bümpliz-Oberbottigen (en) Inner City (en) Kirchenfeld-Schosshalde (en) Länggasse-Felsenau (en) Mattenhof-Weissenbühl (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 134.506 (2022) (2.605,7 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 51,62 km² | ||||
Bañado por | Río Aar | ||||
Altitude | 542 m | ||||
Comparte fronteira con | Bremgarten bei Bern Ostermundigen (pt) Wohlen bei Bern Frauenkappelen (pt) Zollikofen (pt) Neuenegg (pt) Mühleberg (pt) Muri bei Bern Ittigen (pt) Kirchlindach (pt) Köniz | ||||
Creación | 1191 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alec von Graffenried (pt) (2017–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 3000, 3001, 3003, 3004, 3005, 3006, 3007, 3008, 3010, 3011, 3012, 3013, 3014, 3015, 3018, 3019, 3020, 3024, 3027, 3029 e 3030 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 031 | ||||
Código de municipio suízo | 0351 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Lugar do Patrimonio suízo | |||||
Identificador | ISOS 0499 | ||||
Páxina web | bern.ch | ||||
O idioma oficial da cidade é o alemán, e o dialecto local alemán é o alemán bernés, falado pola maioría dos habitantes. Debido á presenza dunha gran parte da administración federal, varias embaixadas e un bo número de inmigrantes, os outros idiomas nacionais e moitos outros poden ser escoitados con facilidade polas rúas.
Ademais Berna tamén é a capital do cantón de Berna, o segundo máis poboado dos cantóns de Suíza. Cómpre destacar como curiosidade que o físico de orixe alemá Albert Einstein elaborou a súa teoría da relatividade mentres traballaba nunha oficina de patentes da cidade.
Xeografía
editarBerna atópase na meseta suíza no cantón de Berna, un pouco ao oeste do centro de Suíza e 20 km ao norte dos Alpes Berneses. A paisaxe ao redor da cidade formouse polos glaciares de finais da Glaciación. As dúas montañas máis próximas a Berna son o Gurten cunha altura de 858 metros e a Bantiger cunha altura de 947 metros. O sitio do antigo observatorio de Berna é o punto de orixe do sistema de coordenadas Suízo. A cidade, até 1834, estaba limitada ao seu centro histórico, pechado entre un meandro do Aar. Coa apertura dos muros e a construción de pontes para atravesar o río, a cidade expandiuse en todas direccións.
A cidade limita ao norte coas comunas de Frauenkappelen, Wohlen bei Bern, Kirchlindach, Bremgarten bei Bern, Zollikofen e Ittigen, ao leste con Ostermundigen e Muri bei Bern, ao sur con Köniz e Neuenegg, e ao oeste con Mühleberg.
Historia
editarSegundo a lenda, o duque Bertoldo V de Zähringen, fundador da cidade, deulle o nome de Berna tras vencer un oso (Bär en alemán). É preciso destacar que na zona houbo osos durante séculos, que de feito aínda hoxe se poden ver mais de xeito testemuñal na fosa dos osos (Bärengraben) cerca do Nydeggbrücke (Ponte de Nidegg).
O territorio da comuna, situado na beira da baixa meseta suíza, onde o Aar describe varios meandros, atopábase xa dende a época prehistórica sobre o eixo de comunicación norte-sur, que dende Alsacia cara aos pasos alpinos polo Xura e o Oberland. Mais a transversal este-oeste, moito máis importante, ía polo pé do Xura e os lagos, ao norte do país, deixando de lado a rexión bernesa.
Na época galo-romana, a cidade tampouco se atopaba na vía que unía o Léman a Vindonissa, vía Aveticum e Petinesca, mais si sobre o camiño, bastante frecuentado, que seguía o Aar cara ao Oberland.
Idade Media
editarAs máis antigas fontes que evocan a fundación da cidade en 1191 son a Crónica de Berno (primeira metade do século XIV) e a crónica de Honrade Justinger (despois de 1420). Berna debe a súa existencia á Casa do Zähringen que querían reforzar a súa posición no espazo prealpino, de cara aos Hohenstaufen e ás familias nobres locais.
A mediados do século XII, a poboación era densa, mais aínda se ignora se existía xunto ao castelo de Nydegg construído por Bertoldo IV, anterior á fundación do burgo.
Máis tarde o duque Bertoldo V de Zähringen fundou a cidade sobre terras do Imperio, outorgándolle dereitos sobre o modelo de Friburgo. Coa morte do duque en 1218, a cidade pasou a mans do imperio, obtendo de Frederico II do Sacro Imperio Romano unha carta chamada Goldene Handfeste. Este diploma enumeraba os dereitos de Berna, confirmados en 1274 por Rodolfo I. A Constitución foi modificada máis tarde, en 1294: o pobo elixe aos Dez e Seis, que designan o novo Consello dos Douscentos ou Gran Consello. Os Dez e Seis e os Douscentos controlan o Pequeno Consello e ao representante ante o Imperio. E en 1353, Berna convértese no oitavo cantón da Confederación Helvética.
Restauración
editarA confusión entre a cidade e o cantón baixo o plan administrativo e financeiro cesa co Antigo Réxime. Unha comisión federal procede en 1803 á repartición da fortuna, o dote atribuído á cidade xerou durante a rexeneración algunhas disputas co cantón, que durarían até 1841. Baixo a Mediación, as autoridades municipais estaban compostas dun Gran e dun Pequeno Consello, as corporacións servían como órganos electorais. A Restauración logrou conservar un Gran Consello de cidade de 200 membros, que xunto coas trece corporacións elixía unha administración de 35 membros.
A Constitución de 1831, quita toda preponderancia á cidade de Berna sobre o cantón. Unha comuna política foi erixida en 1832, onde todo cidadán domiciliado e que posuíse unha certa fortuna tiña dereito a votar. O número de electores foi crecendo grazas á forte inmigración e ás leis federais e cantonais promulgadas en 1852, 1859 e 1861, que estendían o dereito ao voto. As mulleres obtiveron a igualdade política en 1968 e a maioría do consello Comunal de 1993 a 1996. A idade de dereito ao voto pasou de 20 a 18 en 1988.
Contrariamente a Zürich, Berna incorporou unha soa comuna, Bümpliz en 1919. As negociacións con outras como Ostermundigen e Bolligen foron todas en balde. Berna converteuse en capital federal en 1834.
Subidivisións
editarA comuna divídese en seis Stadtteil ('zonas de cidade'), á súa vez subdivididas en Quartiere ('barrios'). Entre algúns dos barrios máis coñecidos atópanse: Bethlehem bei Bern, Bümpliz, Eymatt, Felsenau, Gäbelbach, Matzenried, Neubrück, Niederbottigen, Oberbottigen, Riedbach, Riedern bei Bern, Tiefenau e Waldau. Das fortes concentracións de poboación dos barrios centrais e de Bümpliz-Bethlehem, oponse ao oeste do territorio comunal, con zonas de campo e grandes superficies forestais (fragas de Bremgarten e de Könizberg). Berna é centro dunha aglomeración en pleno crecemento, conformada por 34 comunas (1990). É un centro rexional de educación, cultura e sanidade (once hospitais).
Distrito | Barrios | Superficie (km²) |
Poboación[2] (2008) |
---|---|---|---|
Distrito I Cidade Vella |
Gelbes, Grünes, Rotes, Schwarzes, Weisses | 0,85 | 3.861 |
Distrito II Länggasse-Felsenau |
Engeried, Felsenau, Länggasse, Muesmatt, Neufeld, Stadtbach | 11,31 | 18.128 |
Distrito III Mattenhof-Weissenbühl |
Holligen, Mattenhof, Monbijou, Sandrain, Weissenbühl, Weissenstein, | 6,98 | 28.054 |
Distrito IV Kirchenfeld-Schosshalde |
Beundenfeld, Brunnadern, Gryphenhübeli, Kirchenfeld, Murifeld, Schosshalde | 8,47 | 23.485 |
Distrito V Breitenrain-Lorraine |
Altenberg, Breitenrain, Breitfeld, Lorraine, Spitalacker | 3,82 | 24.235 |
Distrito VI Bümpliz-Oberbottigen |
Bethlehem, Bümpliz, Oberbottigen, Stöckacker | 20,18 | 31.655 |
Administración
editarBerna réxese por un consello lexislativo de oitenta membros (Stadtrat) e consello executivo de cinco (Gemeinderat).
A partir de 2005, os representantes do Partido Socialdemócrata Suízo e dos tres partidos Verde obtiveron a maioría en ambos consellos (3 a 2 e 43 a 37, respectivamente). Por esta razón, refírense colectivamente como "Centro-Verde-Mermello" (Rot-Grün-Mitte), aínda que non existe un acordo formal de coalición e, no marco do sistema de democracia directa que impera en Suíza, a maioría das cuestións importantes resólvense por referendo xeral. Os outros partidos políticos importantes de Berna son o Partido Liberal Democrático (FDP, liberais) e o Partido Popular Suízo (SVP, nacionalista conservador).
Cultura
editarO centro histórico de Berna conserva a estrutura da Idade Media, o que lle valeu o recoñecemento por parte da UNESCO de Patrimonio da Humanidade. O seu elemento máis característico quizais sexa o Zytglogge, unha torre de reloxo medieval con bonecos en movemento. Tamén acolle a Catedral de Berna (Berner Münster), de estilo gótico e do século XV. Posúe unha das avenidas comerciais cubertas máis longas de Europa, con 6 km. de lonxitude.
Lugares de interese
editarAdemais do xa citado casco vello, Berna presenta estoutros atractivos:
- A Einsteinhaus, a casa na que Albert Einstein viviu entre 1903 e 1905, en Kramgrasse, 49, acolle hoxe en día unha exposición permanente sobre o afamado físico no mesmo lugar onde desenvolveu a súa teoría da relatividade.
- O Museo de Historia de Berna é o segundo museo destas características de Suíza en tamaño tras o de Zürich. Foi construído en 1894 e contén pezas relacionadas coa historia de Berna dende a prehistoria ata os nosos días, así como outras de Asia e Exipto.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bernés.
- ↑ Monatsbericht Januar 2009 (en alemán)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Berna |