Vaduz é a capital do principado de Liechtenstein. É a sede do goberno do Principado e o lugar de residencia da familia principesca desde 1939. A cidade acolle tamén a sede do Arcebispado de Liechtenstein, á par que constitúe unha recoñecida praza financeira internacional.

Modelo:Xeografía políticaVaduz
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 47°08′23″N 9°31′19″L / 47.1397, 9.5219Coordenadas: 47°08′23″N 9°31′19″L / 47.1397, 9.5219
EstadoLiechtenstein Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación5.668 (2019) Editar o valor em Wikidata (327,63 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie17,3 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Rin Editar o valor em Wikidata
Altitude455 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1150 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataPetra Miescher (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal9490 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2LI-11 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webvaduz.li Editar o valor em Wikidata
Facebook: gemeindevaduz Youtube: UCJlY62PNe8f3s4PITktk44g BNE: XX6105251 Editar o valor em Wikidata
Centro urbano de Vaduz

Contaba con 5.214 habitantes en 2010[1] e o seu termo urbano esténdese sobre 17,3 km². Está bañada polo río Rin e situada a 455 metros de altitude.

Topónimo

editar

O nome de "Vaduz" aparece mencionado por primeira vez no ano 1150 e polo que parece provén de avadutg, que en lingua romanche significa «acueduto». Alternativamente ofrécese a explicación dunha evolución híbrida do latín vallis "val" e o antigo alto alemán diutisk, "alemán" (deutsch en alemán moderno).

Historia

editar

Desde mediados do século XIV, o castelo de Vaduz era a residencia dos condes de igual nome. En 1719, o conde de Vaduz e a comunidade de Schellenberg uníronse para formar un principado que tomou o nome de Liechtenstein. Desde 1723, o principado obtivo o dereito de sentar e votar no Reichstag (o parlamento ou dieta do Sacro Imperio Romano Xermánico).

No ano 1948 a empresa do municipio de Mauren Contina AG, a 15 km de Vaduz, saca ao mercado a primeira calculadora de peto, a CURTA Tipo I, un invento mecánico de Curt Herzstark deseñado precariamente cando era un preso no campo de concentración de Buchenwald. O dispositivo permitía realizar operacións de suma, resta, multiplicación, división, e raíces cadradas. Foron moi populares ata o 1970, coa chegada da calculadora electrónica.[2]

Política

editar

O Gemeinderat ou Concello Municipal é elixido por catro anos por votación popular e conta con 12 membros.

En xuño de 2001 asinouse en Vaduz a convención da EFTA. Onde se liberalizaba o comercio entre os Estados da EFTA incluíndo nos acordos para todos os países membros os avances en comercio entre Suíza e a Unión Europea. [3]

A concelleira durante o período 2019 a 2023 Petra Miescher do partido liberal-conservador Unión Patriótica foi escollida alcaldesa no ano 2023 cun 55.3% dos votos, expulsando así ao previo alcalde, Manfred Bischof, do cargo. Resignou do posto o 24 de maio de 2024 tras unha prolongada baixa médica, o que abriu un debate legal sobre o método de sucesión, xa nin que a lei municipal bipartidista de 1974, nin a revisión de 1996, contemplaban o caso. Finalmente foi o tenente de alcalde, Vizebürgermeister Florian Meier, o nominado para ocupar o cargo ata que se celebren eleccións o 25 de agosto de 2024.[4]

Monumentos e sitios de interese

editar
 
Museo de Belas Artes de Liechtenstein en Vaduz

A salientar:

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar