Triesenberg
Coordenadas: 47°12′00″N 09°32′00″L / 47.20000, -9.53333
Triesenberg é un concello situado na metade sur do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 2.562 habitantes.
Triesenberg | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Localización | |||
![]() | |||
País | ![]() | ||
Xeografía | |||
Altitude | 884 msnm | ||
Superficie | 29,8 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 2.562 hab. (2010) | ||
Densidade | 84,3 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 9497 | ||
Alcalde | Hubert Sele | ||
www.triesenberg.li |
Xeografía Editar
Limita ao norte coa cidade de Vaduz, ao nordés con Schaan e Planken, ao leste con exclaves de Schaan, Balzers e Vaduz, ao sur con Triesen e un exclave de Balzers, e ao oeste con Triesen. Ademais grazas ao seu exclave limita tamén co municipio de Nenzing (Austria).
O municipio está formado polas localidades de Triesenberg, Masescha, Silum, Gaflei, Steg e Malbun.
Lugares de interese Editar
- Parroquia de Triesenberg.
- Concello da cidade.
- Pista de esquí de Triesenberg.
- Museo Walzer (museo de historia da cidade).
Comunicacións Editar
Triesenberg conta cun teleférico para acceder ao alto da montaña, e que é visitado todos os anos por miles de turistas. Para chegar á cidade, pódese coller un dos moitos autobuses que comunican todo o país. Tamén se pode ir en coche ou en bicicleta, xa que hai moitos carrís bici. Como é un dos municipios máis grandes, conta con cinco pequenas aldeas, que están conectadas por unha rede de autobuses.
Deporte Editar
O FC Triesenberg é un dos sete equipos que hai en Liechtenstein. Aínda que o deporte máis importante da cidade é o fútbol, outros importantes son o esquí e o snowboard, que se practican na estación de esquí que hai preto da cidade. Tamén se practican o hóckey e o balonmán, e estase a promover o ciclismo na cidade. En inverno realízase unha maratón que percorre o municipio.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triesenberg |