Batalla da Trepa

episodio da guerra da Independencia española
Batalla da Trepa está situado en Galicia
Batalla da Trepa
Localización da batalla da Trepa.

A batalla da Trepa foi un dos episodios da guerra da Independencia española ocorridos en Galicia no século XIX. A batalla produciuse no lugar da Trepa, no concello de Riós, o 6 de marzo de 1809.

Antecedentes

editar
 
Campañas francesas.

Tras a desastrosa convención de Sintra, na que se permitiu a repatriación das tropas francesas derrotadas na batalla de Vimeiro, os mandos do exército británico foron chamados á súa terra natal para enfrontase a unha investifación, e as tropas en España e Portugal quedaron baixo o mando de John Moore. Coa chegada do propio Napoleón cun exército a España, os franceses entraron en Madrid o 4 de decembro,[1] puxeron baixo asedio Zaragoza, que caeu o 21 de febreiro de 1809, Soult recibiu ordes do emperador de perseguir e derrotar o exército inglés do xeneral Moore, que tivo que reembarcar na batalla de Elviña.[2]

O rearme austríaco que acabaría coa guerra da Quinta Coalición provocou que Napoleón marchase de Valladolid o 17 de xaneiro, chegando a París o 23 de xaneiro[3] e ordenou ao mariscal Soult que invadise Portugal dende o norte pero o inverno fixo que o Miño fose intransitable.

O marqués de la Romana, Pedro Caro y Sureda, cos fragmentos dos exércitos destruídos polos franceses, trinta mil guerrilleiros e milicias operaron nas costas de Galicia e Asturias, atacaron os 17.000 efectivos de Michel Ney. Establecer guarnicións na rexión hostil consumiu a maior parte dos recursos de Ney, e en marzo de 1809, os franceses evacuaron Vigo e Tui e retiráronse do sur de Galicia infestado de guerrillas.[4] O marqués de la Romana decidira non defender Ourense, porque cría que Soult retirábase de Galicia polo Miño e permaneceu na súa base de Monterrei, preto da fronteira portuguesa á espera de que os franceses fosen ao norte. Axiña se fixo evidente que isto non era o que Soult tiña en mente. Permaneceu nove días en Ourense, reunindo forzas e preparándose para ir cara ao sur. O 4 de marzo, Soult saíu finalmente de Ourense en dirección a Monterrei e a fronteira portuguesa en Chaves. La Romana pretendía quedar e loitar en cooperación coas forzas portuguesas do xeneral Francisco da Silveira, pero as relacións entre os aliados complicáronse e o 4 de marzo La Romana cambiou de opinión e, a medida que Soult avanzaba cara a elas, retirouse cara ao leste.

Batalla

editar

A cabalaría de Franceschi de Soult conseguiu atrapar o 6 de marzo a 1.200 homes da retagarda española de Nicolás de Mahy na Trepa, causando 300 baixas.[5] e 600 prisioneiros, mais o corpo principal do exército puido fuxir.[6]

Consecuencias

editar

Coa retirada do exército español e coa resistencia das forzas portuguesas situadas entre Cerveira e Valença, Soult decidiu dar un rodeo pola fronteira montañosa do alto Minho e cruzou a fronteira o 7 de marzo de 1809 por Tras os Montes con 23.000 homes, 4.000 deles a cabalo, e 50 pezas de artillería, tomando Chaves o 12 de marzo[7] e arrasando as defensas de Braga o 20 de xaneiro[8] e Porto o 28 de marzo mais non puido gozar moito do seu éxito porque case ao mesmo tempo as "ordenanzas" cortaron as súas comunicacións con España e unha gornición de 1.800 homes foi capturada pola forza portuguesa de Francisco da Silveira no asedio de Chaves. O mariscal francés comezou a planificar un descanso. A seguinte acción foi a batalla de Grijó. A cidade foi retomada o 12 de maio polos británicos e portugueses ao mando de Wellesley na segunda batalla do Porto.

  1. Robinson, Charles Walker (1871). Lectures upon the British campaigns in the Peninsula, 1808-14 (en inglés). Mitchell. p. 10. 
  2. Oman, Charles (1902–1930). A History of the Peninsular War (en inglés). Vol. I 1807–1809. p. 503. 
  3. Lanfrey, Pierre (1811). The History of Napoleon the First: 1808-1811. vol.4 (2a ed. ed.). Macmillan. p. 42. 
  4. Gates 2001, p. 146.
  5. Ibáñez Marín, José (1909). El mariscal Soult en Portugal (PDF). Imp. de la «Revista Técnica de Infanteria y Caballeria. p. 25. 
  6. Jaques, Tony (2007). Dictionary of Battles and Sieges: P-Z. Greenwood Publishing Group. p. 1033. ISBN 0313335397. 
  7. Southey 1827, p. 175.
  8. Hughes, Thomas Smart (1855). The history of England: from the accession of George III, 1760,to the accession of Queen Victoria, 1837. vol.5. G. Bell. p. 308. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar