Baltar, Xustáns, Ponte Caldelas
Baltar é unha entidade de poboación situada na parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o INE no ano 2015 tiña 181 habitantes (85 homes e 96 mulleres). O que supón un aumento fronte a 2014, cando tiña 173 veciños.
Baltar | |
---|---|
![]() Santuario de Cristo Rei. | |
Parroquia | Xustáns |
Concello | Ponte Caldelas |
Poboación | 181 hab. (2015) |
XeografíaEditar
Limita ao norte co polígono industrial do Campiño, ao leste co Sobreiro, ao sur coa parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio e ao oeste coa parroquia de Marcón.
Debido a estar situada na aba dun monte, a altitude varía dependendo da zona:
Altitude por zonas | |||
---|---|---|---|
Lugar | Altitude (msnm) | ||
Casa do Pobo (zona alta) | 394 | ||
Cruceiro dos Soane (zona media) | 377 | ||
Ponte de Guisal (zona baixa) | 337 |
Á fin desta aba, atópase o río Carballido, afluente do río San Vicente (este último é afluente do río Verdugo. Pola aldea discorre un regato (dos Martices) e dous torrentes do inverno (das Portelas e dos Saligriños).
Toda a superficie non edificada (excepto o monte máis alto) está dividida en leiras: algunhas cultivadas, outras de pasto e a maioría teñen árbores.
Flora e faunaEditar
A especie vexetal máis abundante é o eucalipto (xeralmente usado para explotación por parte dos veciños). Quedando o castiñeiro e o piñeiro nun segundo lugar. Na zona alta abunda a vexetación arbustiva.
O raposo, o xabarín e a pomba son as especies máis comúns do bosque. Nas proximidades do Carballido abundan os seres semi-acuáticos (lagartos, cágados etc).
HistoriaEditar
Ademais dos próximos petróglifos do Outeiro da Cabra, non existen restos de asentamentos humanos ata mediados do século XVIII, cando se funda o asentamento actual, con poboación procedente do achegado lugar de Cotas, preto da Ponte de Guisal.
Non foi ata finais do século XIX cando se alzou a primeira e única edificación relixiosa (sen contar os cruceiros), a capela de Cristo Rei.
PatrimonioEditar
Destaca a capela de Cristo Rei (mediados do s. XX, substituíndo á anterior e máis pequena de finais do XIX), dende a que se observan belísimas vistas de toda a ría de Vigo. Preto de aquí, os petróglifos do Outeiro da Cabra. Estes dous lugares atópanse a 0,5 kms do núcleo.
Xa na aldea, destaca o barrio dos Martices (conxunto de casas pegadas, algunhas restauradas; de pequenas ruelas e praciñas). Tamén son importantes os dous cruceiros que hai (Costa dos Seoane e Ponte do Guisal).
LendasEditar
Dise que hai unha gran trabe de ouro desde o outeiro das Pedras ata a Ponte do Guisal, atravesando a vila de punta a punta.
SociedadeEditar
ComunicaciónsEditar
Chégase a Baltar pola provincial PO-0206 que comunica a PO-532 con Taboadelo.
Distancia a poboacións | |||
---|---|---|---|
Lugar | Distancia (km) | ||
O Sobreiro (igrexa) | 2,7 | ||
Pontevedra | 11,4 | ||
Ponte Caldelas | 9,1 | ||
Vigo | 34,6 |
DemografíaEditar
A poboación no ano 2015, segundo o Instituto Nacional de Estadística, era de 181 persoas (85 homes e 96 mulleres), o que supón unha lixeira diminución respecto a 2005, cando había 185 veciños. A poboación encadea pequenos ascensos con caídas, e atópase nunha situación mellar ca outras zonas do municipio, por estar más próxima ós polos de emprego do sector secundario e terciario.
A maior parte da poboación está xubilada, pero está chegando xente nova que traballa no achegado polígono industrial do Campiño. O código postal é 36820.
Actividades culturaisEditar
O núcleo ten unha casa do pobo ou local social, onde se realizan diversos cursos e actividades comunitarias.
Personaxes de sonaEditar
- Gustavo Dacal, campión de España de lanzamento de xavelina.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de XustánsEditar
Lugares da parroquia de Xustáns no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
---|---|
A Aluncía | Baltar | O Chan do Casal | Cotas | O Sobreiro |