O Sobreiro, Xustáns, Ponte Caldelas
lugar da parroquia de Xustáns, no concello de Ponte Caldelas
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Sobreiro.
O Sobreiro é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 111 habitantes (49 homes e 62 mulleres).
O Sobreiro | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Xustáns | |
Parroquia | Xustáns |
Concello | Ponte Caldelas |
Coordenadas | 42°23′19″N 8°34′01″O / 42.3886552, -8.5669086 |
Poboación | 111 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Chégase a través da PO-206 que comunica A Reigosa con Taboadelo e Ponte Sampaio.
Economía
editarA maior parte da poboación dedícase ó sector primario, pero tamén hai xente empregada no próximo polígono industrial do Campiño. Tamén hai algunha pequena empresa.
Patrimonio
editarNo corazón da aldea está a igrexa parroquial de San Martiño de Xustáns, do século XVIII, co cemiterio anexo. Ao lado dela, na antiga casa reitoral, está a escola pública unitaria de educación infantil. Hai tamén un pequeno parque.
Lugares e parroquias
editarLugares de Xustáns
editarLugares da parroquia de Xustáns no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
---|---|
A Aluncía | Baltar | O Chan do Casal | Cotas | O Sobreiro |
Parroquias de Ponte Caldelas
editarNotas
editar- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.