Baixa Normandía

rexión de Francia

Baixa Normandía,[1] en francés: Basse-Normandie, en normando: Basse-Normaundie, é unha antiga rexión de Francia.

Modelo:Xeografía políticaBaixa Normandía
Basse-Normandie (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°N 1°O / 49, -1
EstadoFrancia Editar o valor en Wikidata
CapitalCaen Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.478.712 (2013) Editar o valor en Wikidata (84,07 hab./km²)
Xeografía
Superficie17.589 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoQ3483587 Traducir (413 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación4 de xuño de 1960 Editar o valor en Wikidata
Disolución31 de decembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porNormandía Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoRegional Council of Basse-Normandie (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FR-P Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFR25 Editar o valor en Wikidata
INSEE region code (en) Traducir25 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcr-basse-normandie.fr Editar o valor en Wikidata

É a parte occidental da antiga provincia histórica de Normandía e parte da rexión da Perche. A noción de Baixa Normandía xa era unha realidade no século XIV.[2]

Creación

editar

Foi creada en 1956, comprendendo os tres departamentos de Calvados, Orne e Mancha.

Forma parte da antiga provincia de Normandía, que estaba dividida en Alta Normandía e Baixa Normandía.

A súa capital era a cidade de Caen.

Poboación

editar

A súa poboación estimada no ano 2014 era de 1 443 000 habitantes.

Economía

editar

As principais actividades económicas da rexión son a agricultura, o gando, o sector letiero, a fruticultura e a industria téxtil.

O mineral de ferro extráse cerca de Caen.

O turismo tamén e importante, e conta cun ferri que vai a Inglaterra (desde o porto de Cherburgo-Octeville).

Historia

editar

A tradicional provincia de Normandía, cuxa historia remóntas ao século X, dividiuse en 1956 en dúas rexións: Baixa Normandía e Alta Normandía.

Durante a época romana, a rexión dividíase en varias cidades-estado diferentes. A de Vieux foi escavada no século XVII, revelando numerosas estruturas e vestixios que testemuñan a prosperidade da rexión de Caen.

A rexión foi conquistada polos francos no século V.

No século IX, as conquistas normandas devastaron a rexión. Gran parte do territorio da Baixa Normandía engadiuse ao ducado de Normandía no século X.

En 1066, o duque Guillerme II de Normandía conquistou Inglaterra. Foi enterrado en Caen. Despois da súa morte, Normandía foi herdada polo fillo máis vello, e Inglaterra polo seu segundo fillo, separándose as dúas posesións.

Artigo principal: Ducado de Normandía.

A vitoria de Tinchebray en 1106 deu de novo a Normandía aos reis de Inglaterra. Case cen anos despois, en 1204, o rei Filipe II de Francia conquistou a rexión, ademais das Illas da Canle. Despois, durante a Guerra dos Cen Anos, foi recuperada polos Plantagenet. Porén, os franceses recuperaron a parte continental da rexión entre 1436 e 1450. En 1453 a monarquía francesa controlaba gran parte da actual Francia, agás Calais, que permanecía en mans inglesas.

Durante a segunda guerra mundial as praias de Calvados foron o lugar do Día D. Os desembarcos en xuño de 1944 e a posterior batalla de Normandía, destruíron moitos pobos e cidades da rexión.

Disolución

editar

No marco da Lei relativa á delimitación das regións, ás eleccións rexionais e departamentais e modificando a reforma territorial de 2014, a Baixa Normandía fusionouse coa Alta Normandía o 1 de xaneiro de 2016 para formar a nova rexión de Normandía.[3][4][5]

Galería

editar
  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 111. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Boüard 2001, pp. 268-269.
  3. Lei n° 2015-29 do 16 de xaneiro de 2015
  4. Ministère de l'Intérieur
  5. Consello Constitucional

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazons externas

editar